Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.
|
|

|
O noso perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
As linguas do mundo |
|
A extinción das linguas é un dos graves problemas deste século, ademais parece irreversible. Se a isto lle engadimos o feito de que os falantes non adoitan darse conta de que a súa lingua esta morrendo, parece evidente que temos que encontrar unha solución que impulse a protección da riqueza lingüística mundial, por exemplo salvando ás máis débiles e creando fórmulas que eviten xerarquizacións entre estas. As linguas e culturas son iguais en dignidade aínda que haxa diferenzas nos seus aspectos demográficos, políticos ou económicos. Tal vez valla a pena pensar qué experiencias puido ter alguén que se nega a transmitir a súa propia lingua ou pensar ata que punto foi humillado para que crea que a súa lingua non serve para nada.
Para tentar explicar a situación de conflito entre as linguas hoxe en día é necesario explicar previamente os motivos polos cales unhas desaparecen e outras se expanden dando así lugar a unha situación de desigualdade e conflitividade cada vez maior. Dise que ao redor de dous idiomas se perden cada mes e que soamente o 5% das linguas faladas incluen ao 95% da poboación mundial. Existen 6.800 maneiras de comunicarnos, esta é a cifra das linguas no mundo actualmente e, desgraciadamente, van descendendo. Culturalmente falando estámonos a enfrontar a un perigo da sociedade contemporánea, a globalización.
A globalización é un constante crecemento dos ámbitos culturais, económicos e sociais a grande escala, isto xera unha maior interdependencia dos distintos países do mundo entre eles. O relacionado coas linguas deriva do gran mercado mundial xerado, mercados que precisan establecer redes comerciais con paises lonxanos, isto implica que para contar cunha maior comodidade á hora de comunicarse, negociar e comercializar, se empreguen unhas poucas linguas comúns a todos, como o inglés (no pasado o latín desempeñou unha función similar ó longo da Idade media e máis aló do século XVII) Denominaremos a estas linguas, linguas internacionais.
Podemos facer unha comparación da situación mundial con Galicia e España. O galego, lingua nativa no territorio de Galicia, é desprazada polo castelán, lingua foránea respaldada por un poder político-económico, sendo esta usada en ámbitos sociais máis trascendentais (administración, ámbitos formais, entre clases dominantes) quedando o galego empregado para usos de menor prominencia (ámbitos rurais, domésticos e non formais), converténdose así, nunha lingua minorizada.
Cabe destacar que máis da metade das 6.800 linguas faladas actualmente no mundo están ameazadas , e en aproximadamente 100 anos estímase que o 95% delas estarán en perigo de extinción. Tras coñecer estes reveladores datos e aproximacións vemos necesario o chamamento a tomar medidas urxentes.
Podemos atopar medidas de preservación das linguas nativas en programas de radio, televisión.. buscando a difusión destas. Desde esta perspectiva parecen visibles a creación de espazos de ensinanza, difusión e fortalecemento das linguas minoritarias e minorizadas. Tan importante debería ser a ensinanza de calquera lingua secundaria coma a do francés ou inglés.
O Estado debe comprometerse a garantizar o recoñecemento, protección, promoción e desenvolvemento dos dereitos lingüísticos e evitar, por suposto, a máis mínima discriminación das linguas oficiais en calquera ámbito.
(Artigo de Antón Gómez Morado)
|
|
|
|
5 Comentario(s) |
|
1 |
A verdade é que tal e coma di o artigo, o latín foi na Idade antiga e media unha especie de lingua internacional debido ás conquistas que realizaron os romanos, que incluso chegaron ós países xermánicos.
Unha vez derrocado o imperio romano, o latín continuou a ser unha lingua moi utilizada sobre todo na escritura, xa que a partir do século X ou XI apareceron linguas coma o castelán, o francés ou o italiano, pero soamente eran faladas, pois no ámbito da escritura continuábase a escribir en latín.
Esta lingua tamén se asociou moito na Idade media á relixión cristiá, polo que as misas eran dadas en latín, es tódolos curas e frades debían saber falalo.
A cuestión é que aínda que ho#blgtk08#xe pensemos que a maior lingua internacional é o inglés, estamos equivocados, xa que é o latín o que se segue utilizando coma lingua universal. Aínda que xa non sexa falado, o latín segue a existir no ámbito científico, xa que por exemplo tódalas especies de seres vivos teñen o seu nome orixinal en latín, foran ou non descubertas en época dos romanos. Aínda que unha especie animal ou vexetal sexa descuberta agora, pónselle un nome universal en latín, independientemente de como sexa o seu nome nas linguas actuais.
Por exemplo, o animal que en español se coñece coma "Perro", en galego "Can", en inglés "Dog" e en francés "Chien", ten un nome científico universal en latín: Canis lupus familiaris.
|
|
|
Comentario de Lucía (08-05-2012 10:58) |
|
|
2 |
Penso que hai moitas linguas, cousa que non é malo porque así poderíamos achegarnos a elas (o que normalmente é bo porque detrás desta atópase cultura e novos costumes para nós)
Estou de acordo en que os países e as súas linguas medren e collan forza. En ocasións a competividade é boa posto que fai espertar a máis de un.
Mais o que ocorre é que outras linguas menores, menos empregadas e degradadas quedan atrás ata o punto de que ao final desaparecen.
Iso non me parece xusto para as persoas que perden a súa entidade lingüística. Todo o mundo ten dereito a defender e reclamar como é o caso, a súa lingua.
Como ben di o texto un exemplo#blgtk08# moi claro é o do galego e o castelán.
O castelán sempre foi querido por todos e imposto na sociedade española sen embargo o galego sempre foi a lingua do campesiñado, dos pobres, dos que son despreciados pola sociedade... Incluso nunha época estaba prohibido falalo.
Eu, con isto, non quero que entendades que adoro ao galego. Soamente quero facervos enterder que hai que respertar as opinións e gustos dos demáis e que se a ti non che gusta o galego (por exemplo) non pasa nada, non o fales e listo pero tampouco o degrades porque ao mellor é a sinal de entidade da túa amiga ou do teu amigo.
Non se trata de ofender senón de respetar e tolerar. |
|
|
Comentario de Yanira (08-05-2012 11:03) |
|
|
3 |
A lingua sempre serviu de medio de comunicación. Hoxe, neste mundo globalizado, as novas tecnoloxías da información e a comunicación permítennos establecer contacto con xente que está a miles de kilómetros de distancia nun tempo record. Sen dúbida que é unha grande vantaxe!.
Pero a un mundo globalizado no que o club dos banqueiros desprazan os seus #blgtk08#capitais dun lado para outro, buscando só incrementar os seus beneficios; a un mercado mundial unificado, non só corresponde unha lingua global dominante(o inglés) senón un pensamento único. Este ven sendo unha ideoloxía incuestionable, onde non existe a posiblidade de crítica social nin de oposición ó establecido(recordemos "O home unidimensional" de H. Marcuse) |
|
|
Comentario de Carmen (10-05-2012 22:11) |
|
|
4 |
Facendo unha referencia a perda de certas linguas a redor do mundo , podemos falar do que acontece en Galiza , co galego e co castelán, moita xente tende a pensar no galego coma unha lingua inferior, coma lingua vulgar cousa que na miña humilde opinión é un erro , un erro catastrófico, ninguén ten dereito a menospreciar unha lingua ,unha lingua que é só unha simple lingua igual que o castelán ou o inglés , non estamos no franquismo onde se dicía que o único idioma era o CASTELÁN,#blgtk08# somos libres é cada un fai o que lle da a gana e fala no idioma que lle da a gana (sempre dentro das leis). Non creo na necesidade de menosprezar nada , e penso que é unha verdadeira pena que moitos idiomas se vaian perdendo , xa que estes estableceron a súa escritura , as súas bases con moito esforzo, para que derradeiramente , remate unha lingua quedando no olvido . Creo na riqueza de vocabulario e moito máis en ter coñecementos doutras linguas, sempre é bó aprender algo novo. |
|
|
Comentario de Sara Da Silva (15-05-2012 11:03) |
|
|
5 |
las lenguas se extinguen porque sus habitantes son exterminados, aunque ahora eso no suele suceder; pero fundamentalmente es por conveniencia o necesidad: un grupo pequeño no obtiene ventajas al usar su lengua tradicional y empieza a abandonarla en beneficio de otra más importante o más extendida. A veces, el abandono es más bien forzoso: se prohíbe utilizar esa lengua en ámbitos públicos, castigando a la gente que lo haga. Así han desaparecido casi todas las lenguas indias de Estados Unidos y lenguas nativas de países colonizados: los niños eran llevados a internados lejos de sus tierras de origen, mezclados con niños hablantes de otras lenguas, y se les castigaba si hablaban algo que no fuera esa otra lengua. En poco tiempo se conseguía que #blgtk08#la mayor parte de los jóvenes fueran incapaces de utilizar su lengua tradicional?.
Muere una lengua y muere una cultura. En la otra cara de la moneda están los casi 3.000 millones de personas que se comunican en los diez idiomas más hablados: chino mandarín, español, inglés, árabe clásico y sus dialectos, bengalí, hindi, portugués, ruso, japonés y alemán. El 80% de la población mundial se expresa en 83 grandes idiomas.
El lenguaje, herramienta esencial para la comunicación entre las personas y parte fundamental de nuestro comportamiento, se cree que surgió en África oriental hace unos 150.000 años y se extendió por todo el planeta. ?El más antiguo que conocemos es el sumerio, que se habló hace menos de 5.500 años. |
|
|
Comentario de Salvatore 4º A (16-12-2012 12:27) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|