O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

A saúde da nosa democracia
Como todos sabemos, a corrupción non é un fenómeno exclusivo dos tempos actuais. Os romanos xa empregaban este termo para referirse a certos comportamentos. Cicerón utilizaba a expresión judicare corrupte para referirse á forma na que exercían a súa función algúns maxistrados. Plauto e Cicerón chamaban corruptor, -oris a aquel que cometía o delito de soborno ou de cohecho, e tamén ó que violaba a algunha das virxes vestais.

Hoxe en día este fenómeno está moi presente nos medios de comunicación e na sociedade, cousa que é moi preocupante. Poderiamos definir a corrupción como o comportamento de certos cargos públicos consistente en recibir unha certa cantidade de cartos (ou agasallos) a cambio de permisos para obras ou outras operacións de dubidosa legalidade; deixando así de lado a veracidade, honestidade e honradez da que deberían dar exemplo.

Reflexionando sobre a moralidade destas conductas, poderíamos afirmar con absoluta certeza, que a corrupción non é de ningunha maneira un comportamento nin ético, nin moralmente bo. Un dos casos máis soados , foi "O caso Malaya" onde diversos cargos públicos roubaron aproximadamente 500 millóns de euros e branquexaron outros 671 millóns máis. Nos últimos días , é moi mencionado o caso do home da infanta Cristina , Iñaki Urdangarín . Este home polo que parece desviou fondos dende o Instituto Nóos, unha sociedad sen ánimo de lucro, e dende a Fundación Deporte, Cultura e Integración Social hacia outras; diñeiro que lle entregou a administración pública para organizar eventos deportivos e outros servizos (2,3 millóns de euros do Goberno Balear e 3,7 millóns do Goberno e Concello de Valencia).

Na miña opinión, e pode que sexa tamén a de algúns de vos, é unha enorme vergoña que aqueles que non teñen problemas financieiros, que viven ben coma familias acomodadas , que levan aos seus fillos a escolas privadas , que o traballo que realizan non é para nada esgotador , que poden celebrar as festas con todo tipo de luxos, etc…; caian tan baixo como para roubar cartos, e aínda por riba dunha asociación que se supón que ten que axudar, e non engordar a carteira dos que a dirixen. Moita xente de clase media baixa, viven do suor da súa fronte, do traballo diario, de non ir a comer a casa porque non lles dá tempo, de traballar máis de 10 horas seguidas, e con todo dan mostra dunha moralidade intachable.

Que fai neste caso a xustiza?...está comprobado que non é igual para todos. Os únicos que van ao cárcere son só os pobres, a xente con cartos, emparentada coa nobreza ou con cargos importantes da sociedade, van quedar exentos de castigo. Porque a xustiza en España é unha vergoña, unha chapuza, un invento, onde dominan os máis fortes e os poderosos .

Casos como os mencionados anteriormente pon en perigo a saúde da nosa democracia. Aínda así é preciso manter a esperanza de que nun futuro non moi tardío , a XUSTIZA sexa unha realidade e non importen nin a clase social nin o cargo público dos individuos na toma dunha decisión xudicial.

(Artigo de Sara Da Silva)

Escribe o teu comentario (8) - Categoría: Opinión - Publicado o 01-02-2012 21:53
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
8 Comentario(s)
1 Dende o meu punto de vista, e facendo referencia ao título do artigo, temos un sistema político moi enfermo. Un sistema baseado nunha mentira, porque no din que temos unha "democracia", cando en realidade é case unha ditadura; que temos un estado laico, cando en realidade a relixión católica é a que ten máis peso todavía e á que se lle da boa parte do diñeiro dos nosos impostos.
Quizais haxa algún político decente por algures, pero como poderiamos nós sabelo, se todos levan a mesma careta de mentireiros?
Como alguén que vive das rentas e das axudas da PAC (nobres) e que ten un salario vitalicio#blgtk08# sen sequera ter que facer nada, pode aínda por riba desexar ter máis e roubar ós que non teñen nada?
Compañeiros, aquilo que os dirixentes romanos dicían non quedou tan lonxe como pensabamos: ao pobo, pan e circo.

A xustiza é a xustiza, e suponse que a leis son a mesmas para todos. Por que non se aplican entón do mesmo xeito para todos?
Co comezo do século XXI pensabamos que xa quedara atrás toda a represión, pero parece que nestes anos volveremos onde estabamos: xerarquía das clases sociais altas; censura da prensa, internet, e calqueira tipo de transfusión de información; etc.
Comentario de Lucía (02-02-2012 10:52)
2 Na miña opinión é vergonzoso o que ocorre en España coa corrupción, pero é que en estos tempos o pobre é pisoteado polo sistema, e máis aínda se resulta que é unha persoa honrada.

O diñeiro move o mundo; todos, ou a maioría de nos temos un prezo, e máis fáciles de comprar son os ricos #blgtk08#avariciosos que calquera outra cousa.Así está configurado o sistema dende hay séculos, os ricos e poderosos, as veces corruptos e avariciosos, dominan sobre os pobres, con moi pouca ou ningunha voz de protesta, soamente servimos para traballar para que uns poucos non o teñan que facer nunca.
Comentario de Antón Gómez (02-02-2012 10:53)
3 E falando de XUSTIZA. Algo falla neste país cando a xuíces como Baltasar Garzón se lles inhabilita para exercer a súa profesión.

Os xuices que non quedan sentados nos seus despachos, como foi o xuiz Baltasar Garzón, e se implican na loita contra o terrorismo, a droga,#blgtk08# dictan sentencia contra os criminais de guerra (como Pinochet) e investigan tramas como a de Gurtel, acaban no banco dos acusados.

Haberá no futuro maxistrados valentes decididos a chegar ao fondo das causas ou pola contra preferirán quedar quedos nos seus xulgados!
Comentario de Carmen (09-02-2012 22:35)
4 A UE ACONSELLA A RAJOY "DICIRLLE A VERDADE" ÓS CIUDADÁNS

Éste é un titular do periódico Faro de Vigo, de este día, o 10 de febreiro.
Nel, o comisario europeo de Industria, mercado interior e servizos recomendoulle onte ó noso presidente que le "diga a verdade" ó pobo sobre a crise económica e as medidas que se están a tomar.
Rajoy recoñeceu que os cambios que ten preparados para o mercado de traballo vanlle custar una folga xeral.
O comisario Barnier afirmou tamén que as deudas que ten o Estado hoxe en día, convertiránse en máis impostos para os xoves de mañá. Por último, defendeu un reparto "equitativo" dos esforzos por paliar a crise... JÁ!
A iso non lle chamo eu dicir a verdade, cando todo o mundo sabe que os que estamos pagan#blgtk08#do coa crise somos os cidadáns de clase media-baixa ou baixa directamente e sobre todo nós, os mozos. Os políticos e banqueiros seguen cobrando millóns ao día e nin tan sequera teñen agallas de rebaixarse o soldo un 3%. Somos nós os que temos que aguantar a redución de persoal na educación e sanidade, cousas moi importantes na nosa sociedade actual, e aínda por riba pagando os caprichos do goberno, como traer ao Papa de visita soamente catro horas.
Isto tampoco é ser corrupto, pero vaia, dicir por ahí que van contar a verdade ó pobo, e mentir ao dicir que eles están poñendo algo da súa parte... Onde está a xustiza aqui?

Se non actuamos agora, perderemos todo aquilo polo que os nosos avós loitaron e volveremos á sociedade estamental do Antigo Réxime.
Comentario de Lucía (10-02-2012 13:07)
5 Habería que empezar por dicir que non todos os persoaxes públicos dedícanse a corrupción pero os casos ata agora destapados son de grande índole.
Eu non podo entender como o xuíz Baltasar Garzón acaba de ser inhabilitado e condeado a pagar unha multa e a pagarlle os abogados dos corruptos da trama Gurtel cando este home o único que intentaba era "mellorar" España ,de feito, foi el quen desarticulou o entramado de ETA e o seu entorno, combatiu outras formas do terrorismo, desmantelou multitude de redes de narcotráfico e branquexo de diñeiro, ordeou a detención de Pinochet e pers#blgtk08#eguiu os crímenes contra a humanidade das ditaduras latinoamericanas. Ademais, de destapar a trama Gurtel e son estes mesmos homes quen o sentan no banquillo e o tribunal superior falla na súa contra.

Esta claro que algo falla neste país cando quen intenta meter no cárcere aos corruptos vai o cárcere e a outros non lle ocorre nada.
Por último habería que engadir que Garzón foi condeado por porlas escoitas aos presos nas conversas cos seus abogados, aos que el consideraba implicados na trama, co que tan solo intentaba que o resto da trama non seguise delinquindo.
Comentario de Antón Neira (10-02-2012 13:14)
6 Referíndonos ao artigo que aparece aquí no que se mencionan sustantivos coma a VERACIDADE, a HONRADEZ e a HONESTIDADE, imos profucdizar no seu significado.

A veracidade , defínese como o uso da verdade para dicir algo. Referíndonos á política pois este sustantivo brilla pola súa ausencia, con isto non quero dicir que tódo-los políticos sexan uns mentireiros (que haberá excepcións) pero sí a gran maioría. Poñamos un exemplo o novo presidente do goberno dixo días antes de se celebrar as eleccións que no seu goberno non se ían a subir os impostos, que foi o primeiro que fixo aos ascender ao goberno? pois subilos, todo está máis caro, e o peor é que os soldos non suben, como se sustentarán as familias medias?, pois con moitos sacrificios .
E referíndonos á veracidade: moitos polìticos deberían cambiar a súa forma de ser , xa non só os políticos senón o resto da xente, sempre é aconsellable ir coa ver#blgtk08#dade por diante , nunha toma de decisións ou nun mitín etc...

Un sinónimo de honestidade ,é decencia, e disto carece bastante a sociedade actual. Moita xente ten esta cualidade na nosa sociedade por desgracia, esta falta de honestidade tradúcese na política como a corrupción . Esta característica é básica para a sociedade , hai que ser honestos , decentes, se todos fóramos deshonestos pois como iría o país....

Outro sustantivo que aparece neste texto é honradez, o respeto polos demáis, do que carecen totalmente os corruptos, ao roubar cartos públicos estes mostran unha falta de moralidade inmensa, faltándonos ó respeto a nós os contribuíntes , pero sempre hai excepcións coma xa dixen anterioridade .
Para rematar eu penso moi firmemente que para ser unha persoa respetada políticamente falando neste contexto pois hai que ter estas tres cualidades HONRADEZ, VERACIDADE E HONESTIDADE.
Comentario de Sara Da Silva (10-02-2012 13:15)
7 Está tendo Iñaki Urdangarin un trato privilexiado da xustiza?

O Consello Xeral do Poder Xudicial abriu dirixencias informativas previas ó xuiz que leva o caso. A decisión foi tomada horas antes de que o xuíz Castro aténdese favorablemente #blgtk08#a petición do xenro do rei de non ser gravado durante a declaración, as dos demáis imputados serán gravadas.

Son demasiadas cuestións.... Non se esta gravando ó xuiz Garzón? son demasiados interogantes sin resposta para nós, os cidadáns.
Comentario de Antón Gómez (10-02-2012 13:17)
8 Un ano despois as tuas sospeitas foron certas, Sara, a xustiza segue igual. Incluso hai novos casos de corrupción por exemplo o caso Bárcenas que pensamos que tal e como explicas ti no teu artigo sairán impunes e non su#blgtk08#frirán ningún castigo como o que lle pondrían a un cidadán calquera. A situación e os casos citados no teu artigo seguen na actualidade e os seus protagonistas continuan coas súas vidas sen case ningunha preocupación.
Comentario de Jose, Ana y Ale - 1º bach (05-02-2013 12:00)
Deixa o teu comentario
Nome:
E-mail: (Non aparecerá publicado)
URL:: Debe comezar por http://
Comentario:
© by Abertal
Licencia Creative Commons