O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

Cen primaveras con Cunqueiro
Foi novelista, poeta, dramaturgo, xornalista e, tamén, gastrónomo. Naceu en Mondoñedo o 22 de Decembro de 1911 e morreu en Vigo o 28 de febreiro de 1981. Conmemórase este ano o centenario do seu nacemento. Está considerado un dos grandes da lingua galega e castelá e, tamén, é a persoaxe que lle da nome o noso instituto: IES Álvaro Cunqueiro, por iso ímoslle dedicar este artigo no noso blog.


Mostrou dende ven pequeño a súa afección pola lectura acudindo a tertulias na botica do seu pai. Estudou o bacharelato en Lugo e matriculouse na Facultade de Filosofía e Letras de Santiago pero deixouna para adicarse ao xornalismo. En 1930, comeza a publicar artigos e poemas e, en 1932, publica o seu primeiro libro ?Mar ao norde? e inaugurou con ?Cantiga nova? a corrente neotrovadoresca da lingua galega.
Foi membro do Partido Galeguista, apoiando o Estatuto de Galicia do 36, pero sorprendeuno a sublevación aínda que debido a influencia da súa familia non sufriu represalias. Dende ahí, militou na Falanxe tendo o cargo de xefe da propaganda e prensa comarcal.
A traxectoria literaria de Cunqueiro quebra co estalido da Guerra Civil xa que comeza a traballar como profesor e a publicar en castelán na prensa fascista. Durante algúns anos traballa nalgúns periódicos ata que en 1950 establécese en Vigo, traballando para o Faro de Vigo. En 1963 ingresa na Real Academia Galega.


Cunqueiro foi un escritor polifacético e a súa extensa obra literaria abrangue os eidos xornalístico, poetico, narrativo e teatral, sen esquecer os seus traballos de tradución. Foi poeta de xeito vanguardista, neotrobadoresco e culturalista aínda que despois da Guerra Civil adicouse sobre todo á narrativa e ao xornalismo. Da súa obra en galego destaca en poesía "Mar ao norde"e "Herba de aquí ou acolá", en narrativa "Merlín e familia?e no teatro "O incerto señor Don Hamlet, "Principe de Dinamarca". En lingua castelá destaca a súa narrativa con "Las mocedades de Ulises" ou "Un hombre que se parecía a Orestes" e os seus ensaios e artigos.

Recibiu numerosos premios tanto pola súa obra en castelán como en galego e, incluso, como xornalista. En 1991, adicóuselle o Día das Letras Galegas.

Para saber máis:
- Reseña biográfica / Poemas / Os mil e un Cunqueiros /


Artigo de Antón Neira



Escribe o teu comentario (11) - Categoría: Actualidade - Publicado o 13-12-2011 19:37
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
11 Comentario(s)
1 O que máis me chama a atención de Cunqueiro podería ser o seu carácter sobrenatural e fantástico destacado nos seus relatos, cunqueiro aboga nas abundantes creencias e supersticiones do pobo galego, relacionados coa noite e coas meigas.

Outro aspecto que me chama moito a atención deste gran autor galego é a sua adicación e interese pola gastronomía galega, calificando a cocina galega das máis ricas e variadas do noso panorama, baseándose na sua propia experiencia, como go#blgtk08#urmet e as veces como cociñeiro.

Cabe destacar como un dos mellores escritores do século XX, a sua personalidade á hora de escribir e a sua colaboración con diversas revistas españolas, coa dirección do Faro de Vigo. Considero algo chocante a sua ideoloxía galeguista nacionalista coa sua militancia na Falange española, é un curioso encontro entre o falanxismo e patriotismo galego, localizado anteriormente tamén no ultraderechismo de antigos autores galegos nacionalistas.
Comentario de Antón (09-12-2011 13:19)
2 Na miña opinión, non foi un mal escritor mais para ser galego non podo entender como participou na Falanxe e foi un dos primeiros membros do partido galeguista. A verdade e que este non é un escritor moi coñecido para min pois a pesar de que foi nomeado nas clases noutros anos, non lin nunca unha obra súa.
O que coñezo del é algunha #blgtk08#obra importante como "Merlín e Familia" e que pertenceu á Real Academia Galega.

Para rematar, está moi ben o que mandou poñer na súa tumba ("Eiqui xaz alguén, que coa súa obra, fixo que Galicia durase mil primaveras máis") mais non creo que sexa moi posible estar na Falanxe e defender ao galego como suponse que el o fixera.
Comentario de Yanira (14-12-2011 12:51)
3 Álvaro Cunqueiro é un gran autor , que deixou unha chea de obras moi boas , das cales podemos todos nós disfrutar . Caracterízase polo uso de personaxes xa conocidos como por exemplo o Hamlet de Shakespeare , Merlín coma o mago e conselleiro do rei Artur , que utiliza na súa obra Merlín e familia, tamén escribe unha obra onde a personaxe principal é Simbad "o marino#blgtk08#", este home introduce estas personaxes , nun ambiente claramente distinto do que en realidade se supón que é o verdadeiro de cada un.
Este autor ten uns grandes poemarios que moitos alumnos conocemos por que nalgún momento , vímonos na obriga de leelos . Entre eses grandes poemarios atópanse: "Poemas do si ou do non" ou "Cantiga nova que se chama Riveira".
Comentario de Sara Da Silva (14-12-2011 12:52)
4 Cunqueiro destacou na súa literatura pola variedade de eidos que abranguiu e o carácter fantástico nos seus relatos destacando "Merlín e familia". Ademáis, inaugurou a corrente neotrovadoresca da lingua galega.
O que máis chama a atención sobre Cunqueiro é o feito de que a pesar de ser nacionalista galego e de que militou no#blgtk08# Partido Galeguista era de dereitas, católico e, sobre todo, que militou na Falanxe Española pero este feito é normal en tódolos autores do grupo Nós.
Por último cabería destacar a súa faceta como periodista xa que ten numerosos artigos publicados e foi varias veces director de certos periódicos como o ABC ou O Faro de Vigo
Comentario de Antón Neira (14-12-2011 12:54)
5 Teño que dicir que non lin nunca ningunha obra de Cunqueiro, e que o meu primeiro contacto que tiven con el foi o ver que o meu instituto levaba o seu nome, y posteriormente ao estudalo na literatura galega.
Aparte diso, non creo que Cunqueiro sexa unha personaxe imprescindible coma representante da lingua galega, xa que soamente perteceu ao partido Galeguista o posteriormente á Real Academia Galega, pero era de dereitas, e militou na falanxe, polo que non creo que se poida considerar Nacionalista e def#blgtk08#ensor do Galego, xa que unha cousa exclúe á outra.

O que pasa, é que a partir do século XIX xurdiron os primeiros autores que escribían en galego, pero aínda así non eran moitos, polo que todos se fixeron famosos, non tanto pola calidade das súas obras, senón porque eses eran os únicos que había.
Non estuou dicindo que Cunqueiro non soubera escribir, por suposto que sabía, e escribiu obras importantes na literatura galega, pero non estou dacordo coa súa ideoloxía de dereitas e Franquista.
Comentario de Lucía (14-12-2011 13:00)
6 Esta claro que sendo de dereitas non se lle debería considerar un nacionalista pero esta é a visión que temos hoxe en d#blgtk08#ía pero cando se iniciou o galeguismo a maioría dos autores eran católicos, de dereitas e á vez nacionalistas galegos.
Comentario de Antón Neira (15-12-2011 11:05)
7 Gustoume o video porque nunca escoitara a Alvaro Cunqueiro falar, so o vira en fotos. Gustame coñecer a os autores dos lib#blgtk08#ros que leo ainda que sexa nun video. Por iso espero que o instituto traia a máis autores dos libros que lemos no colexio.
Comentario de Brais (16-12-2011 11:09)
8 Dous personaxes que aparecen nunha das obras de Cunqueiro son Ulises e Orestes,que aparecen na súa obra "Las mocedades de Ulises".
Coñecemos a Ulises como o heroe lexendario da Antiga Grecia , que loitou contra os troianos na famosa guerra de Troia ,despois desta intentou regresar a súa casa pero Poseidón impediullo (Odisea), co paso dos anos e grazas a axuda de Atenea consegue regresar ao seu fogar . Caracterízase como case todo os heroes gregos pola súa valentía , a súa intelixencia e a súa astucia.
Orestes , fillo de Ag#blgtk08#amenón e Clitemnestra. Cando o seu pai regresou da guerra de Troia , Orestes non estaba no fogar , entón o pai morre asasinado nas mans do amante de súa nai. Oito anos despois este volve a súa cidade natal e mata ao amante de súa nai .
Podemos atopar a Ulises na "Odisea" , por suposto . Este heroe lexendario tamén é utilizado por James Joyce na súa obra "Ulises" e mencionado noutras.
Orestes aparece na "Orestíada" tanto de Esquilo coma a de Estesícoro, na "Electra" de Sófocles e tamén nalgún que outro poema épico.
Comentario de Sara Da Silva Pérez (16-12-2011 12:56)
9 Poema: La luz mojada le llegaba del mar
Luz mojada le llegaba del mar.
¡Qué claro el tiempo
para verla en la playa
con presencia #blgtk08#de cosa!
¡Qué sencilla la tarde
para besarla en el pelo
con caricia animal y pura!
¡Luz mojada de sus ojos
llevaba el mar!
Comentario de Antón N. (16-12-2011 13:08)
10 En 2011 cúmprense cen anos do nacemento de Álvaro Cunqueiro. Ademáis das suas numerosas homenaxes e dedicacións á sua obra literaria vexo necesario mencionar a sua obra gastronómica.
Cunqueiro é unha figura fundamental para dignificar e reivindicar a cociña popular galega e vinculala á tradición histórica #blgtk08#das grandes cociñas atlánticas europeas, facéndoa posible tamén fora da propia Galicia.
en conclusión Cunqueiro agasallounos cunha nova visión sobre a nosa gastronomía.
A denomina dunha das máis ricas e variadas baseándose na sua experiencia persoal como gourmet e cociñeiro as veces.

Comentario de (16-12-2011 13:17)
11 Cunqueiro situou nas "Terras de Miranda" gran parte da súa creación literaria.

Orixinariamente ese era un espazo natural pertencente á provincia de Mondoñedo, pois o antigo Reino de Galicia estaba dividido en sete provincias: Santiago, Coruña, Betanzos, Lugo, Mondoñedo, O#blgtk08#urense e Tui. Na Época moderna, a partir da reforma de 1833 todo isto mudou e as provincias galegas quedaron reducidas a catro.

As Terras de Miranda son agora un espazo natural e simbólico onde podemos atopar agochados entre a súas xentes personaxes míticos como "Merlín".
Comentario de Carmen (20-12-2011 09:53)
Deixa o teu comentario
Nome:
E-mail: (Non aparecerá publicado)
URL:: Debe comezar por http://
Comentario:
© by Abertal
Licencia Creative Commons


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0