O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

Cando a morte se precipita....
"Cando a morte se precipita sobre o home,
a parte mortal extínguese"
(Platón)

Moitas persoas faleceron neste ano, algunhas delas moi recoñecidas e queridas por todos nós. Deixáronnos despois dunha longa travesía, algúns completaron o seu ciclo, outros faleceron novos e quedáronlle moitas cousas pendentes. Por iso os alumnos de Ética e Filosofía do dereito de 2º Bacharelato queremos facerlles dende aquí unha pequena homenaxe.

Elisabeth Taylor.Coñecida por Liz taylor,Londres 27-Feb -1932/ Os Ánxeles 23-Mar-2011/ Actriz que desenrolou a súa carreira en Estados Unidos , sobretodo nos estudios de Hollywood. Ao longo da súa carreira gañou tres Óscars , cinco Globos de Ouro, tres premios BAFTA británicos e o David de Donatello. Destacou polos seus ollos dun extrañísimo color violeta e volcouse no activismo de causas humanitarias e na loita contra o sida. Casouse sete veces e faleceu debido a una insufiencia cardíaca.

Ernesto Sábato. Bos Aires 24-Xun-1911/Bos Aires 30-Abr-2011.Foi un escritor, ensaista, físico e pintor arxentino.Escribiu tres novelas e innumerables ensaios . As súas obras máis coñecidas son Sobre heroes e tumbas de (1961) entre os seus ensaios compre destacar Heterodoxia (1953) e Homes e Engranaxes (1951). Falece na súa casa pouco antes de cumprir os 100 anos debido a unha neumonía derivada dunha bronquite.

Severiano Ballesteros. Pedreña (Cantabria)9-Abr-1957/Pedreña 7- May -2011 foi un famoso golfista español . Entre os seus títulos compre destacar cinco capionatos do mundo Match Play, dous primeiros postos no selectivo torneo Masters de Augusta e tres no Open Británico. Falece na súa casa debido a un túmor cerebral xa detectado no 2008.


Jack Kevorkian. Míchigan 26-Maio-1928/Míchigan 3-Xuñ-2011.Foi una patólogo armenio-estadounidense, coñecido pola aplicación da eutanasia en 130 pacientes . Sentenciado por ditos feitos de 10 a 25 anos de prisión. No 2007 saíu por motivos de saúde . Fai tres anos deu unha charla na Universidade de Florida onde dixo que o seu obxectivo non era matar aos pacientes senón evitarlles o sufrimento.

Amy Winehouse. Londres 14-sep-1983/Londres 23-Jul-2011.Foi unha cantante e compositora xudía, moi coñecida polas súas mesturas con distintos estilos musicais Soul, Jazz, Rock and Roll e ska. Moi extrovertida, naceu no xeo dunha familia de clase media- baixa, é coñecida aparte de por ser unha gran cantante, polos seus escándalos co alcohol e as drogas. Sacou dous álbums á venta Frank e Back to Black. Colaborou con diversos artistas como por exemplo Quincy Jones a súa última colaboración foi con Tony Bennett en Marzo deste mesmo ano.

Heribert Barrera Barcelona 6 ?Xul-1917/Barcelona 27-Agos-2011. Foi un político de Catalán . Foi o primeiro presidente de Cataluña tras o final da ditadura franquista . Foi deputado e durante catro anos presidente do parlamento catalán e no ano 2000 recibiu a Medalla de Honor do Parlamento de Cataluña


Steve Jobs. San Francisco (California ) 24-Feb -1955/ Pau Alto (California) 5-Out-2011. Foi un empresario e magnate do sector informático. Cofundador e presidente executivo de Apple Inc. A súa fortuna ascende a uns 8,3 mil millóns de dólares estadounidenses. O seu falecemento debeuse a metástase dun cancro de páncreas.


Artigo de Sara Da Silva

Escribe o teu comentario (8) - Categoría: Actualidade - Publicado o 20-12-2011 10:37
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
8 Comentario(s)
1 Definitivamente , a perda destas personaxes famosas causou un gran impacto , dende a cantante Amy Winehouse unha estupenda cantante por suposto , pero que se deixou levar polo mundo das drogas e o alcohol , e rematou ca súa vida nun abrir e pechar de ollos .
Steve Jobs este gran magnate que conseguiu unha enorme fortuna , cos seus proxectos , moi parecido ao magnate español Amancio Ortega que grazas a creación de Zara e empresas asociadas conseguiu unha#blgtk08# fortuna estimada en máis de 20.000 millóns de euros . Steve Jobs coma moita xente rica colaborou en diversos proxectos humanitarios , demostrando o amor polos demáis , non coma outro ricas prepotentes e egoístas.
A perda da gran actriz Elisabeth Taylor tamén foi moi soada , famosa polo seu papel en Cleopatra e a súa longa traxectoria por Hollywood .
Pero coma dicía Séneca "incerto é o lugar onde a morte te espera; espérala, pois, en todo lugar.
Comentario de Sara Da Silva (26-12-2011 16:07)
2 Quixera recordar, agora que xa remata o ano, a un vigués que tamén deixounos no 2011:
Enrique Curiel.

Militante activo dende os seus tempos de estudante de Ciencias Políticas na Universidade Complutens#blgtk08#e de Madrid, institución na que foi expedientado varias veces. En 1968 integrouse no Partido Comunista de España.

Persoa cordial, afable e gran comunicador, que destacou sempre polas súas fortes conviccións.
Comentario de Carmen (26-12-2011 21:16)
3 A perda de case todos estes homes e mulleres ten un gran impacto e sen dúbida que perdemos xente moi importante dende Severiano Ballesteros ata Steve Jobs pasando por Liz Taylor.
A min gustaríame destacar a figura de Severia#blgtk08#no Ballesteros que sen dúbida é o máximo representante de España en golf e todo un exemplo a seguir pola xuventude non só pola súa traxectoria como deportista senón tamén pola súa continua loita contra o tumor cerebral que padecía
Comentario de Antón Neira (11-01-2012 12:47)
4 Está claro que neste mundo se es famoso todo o mundo acordarase de ti, pero tamén morreron millóns de persoas en todo o mundo, e o triple de animais e demais seres vivos, pero parece que deles con hai que acordarse.
Non é que se poida dicir que eu estea triste pola perda de estas persoas célebres que morreron ó longo deste ano xa que á metade non as coñecía nin polo nome, e á outra metade sabía quenes eran, pero obviamente non os coñecía persoalmente, polo que non os vou botar de meno#blgtk08#s.
Non entendo como millóns de persoas poden botar de menos a xente que non coñeceron na vida e que estes falecidos xamáis lles coñeceron a eles.
Por último, non vexo razón para entristecerse, xa que a morte a todos nos chega, e non é algo malo coma todo o mundo intenta pintalo, non ten por que selo, é algo natural que ocorre tódolos días, horas, minutos e incluso segundos.

Así que comezade o ano motivados porque o pasado, pasado é, e o futuro estanos a agardar.
Comentario de Lucía (11-01-2012 12:54)
5 Está moi claro que a morte chega a todos. A diferenza é que se levas unha vida oculta que soamente ti e os teus familiares coñecen cando morras e pasen os anos quedarás no olvido e non estará mal ninguén. Por outro lado se a tu vida está esposta aos demáis e te fai famosa/o.
#blgtk08# Cando morras, moitas persoas chorarán por ti pero moi poucas o farán de verdade e con un sentimento de dor e de tristeza.
Deste xeito, penso que as veces ainda que causen tristeza estas mortes teño que dicir que moitas veces é buscada como por exemplo a de Amy W.
Comentario de Yanira (11-01-2012 13:01)
6 Está muy bien mencionar grandes nombres que formaron parte de nuestra historia cultural, cinematográfica , o deportiva.. pero creo que también deberían ser nombrados a pesar de lo que hicie#blgtk08#ron nombres como Muamar el Gadafi u Osama bin Ladem,(ambos fallecidos) estos personajes son necesarios en la historia ya que presentan lo que pasa en el resto del mundo hoy en día.
Comentario de Antón Gómez (11-01-2012 13:09)
7 Que no se nombre a Brian Jone#blgtk08#s o a Rimbaud es deprimente.
Comentario de Bill Carson. (10-05-2012 19:52)
8 Que claramente no murieron en 2011, per#blgtk08#o da igual, ni me he leído el artículo.
Comentario de Bill Carson. (10-05-2012 19:53)
Deixa o teu comentario
Nome:
E-mail: (Non aparecerá publicado)
URL:: Debe comezar por http://
Comentario:
© by Abertal
Licencia Creative Commons


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0