O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

O tesouro de Rande
Baixo os parques de bateas e sobre os berberechos galegos da nosa preciada ría encóntranse os restos dunha importante batalla naval datada en 1702, a Batalla de Rande.

Foi unha importante batalla naval librada no estreito de Rande, no interior da ría de Vigo no contexto da guerra de sucesión española.
Este econtro enfrentou ás escuadras Anglo-Holandesas e Hispano-Francesas,
os ingleses buscaban as riquezas sacadas de América polos españois.

A batalla concluíu coa victoria dos Anglo-holandeses os cales saquearon Redondela e se levaron varios navios españois dos cales un, cargado de tesouros, encallou nas illas Cíes e afundiuse. O enfrontamento desencadeou varios galeóns afundidos na ría cos seus cargamentos, mais os expertos arqueólogos aseguran que é moi complicada a sua extracción xa que hai varios metros de fango sobre os galeóns.


Na actualidade foron atopados varios restos da batalla polo arqueólogo Javier Luaces, o cal confirma o descubrimiento de varios galeóns franceses e españois pertencentes á mítica flota da Prata.
O arqueólogo galego programa próximas inmersións para descubrir máis sobre os restos da gran batalla, a lenda de Rande segue viva.

A continuación deixámosvos un video gravado polo seu equipo nunha das súas últimas inmersións.




Artigo de Antón Gómez

Escribe o teu comentario (15) - Categoría: Actualidade - Publicado o 25-11-2011 09:49
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
15 Comentario(s)
1 La batalla de Rande o batalla de Vigo fue una importante batalla naval librada en el Estrecho de Rande y dentro de la Ensenada de San Simón (donde se ubica ahora el Puente de Rande), en el interior de la Ría de Vigo, en Galicia (España). Se produjo el 23 de octubre de 1702 y enfrentó a las escuadras de las coaliciones anglo-holandesa e hispano-#blgtk08#francesa, dentro del contexto de la Guerra de Sucesión Española.

Curiosamente, Julio Verne localizó en el escenario de esta batalla la fuente de aprovisionamiento de oro del Nautilus en su novela 20.000 leguas de viaje submarino. Como resultado de la victoria inglesa, Vigo se ganó una calle en Londres, conocida como Vigo Street.
Comentario de Francisco Javier, Alejandro (25-11-2011 10:51)
2 Sir George Rooke foi un comandante naval británico. Naceu preto de Canterbury no 1650. Ingresou na mariña coma voluntario, servindo nas guerras Anglo-Holandesas acadando, con só 23 anos, o posto de capitán de navío. Durante a guerra de Sucesión Española, no 1702, comandou a desastrosa expedició#blgtk08#n contra Cádiz, pero o 23 de outubro do 1702, de volta a porto, atacou a unha escuadra hispano-francesa na Ría de Vigo, no que se conoce como a Batalla de Rande e se especula coa posibilidade de que os restos dos tesouros traídos de América dos navíos afundidos permanezan aínda no fondo da ría.
Comentario de Ana Calvar (25-11-2011 11:04)
3 A Flota de Prata eran tres barcos franceses e españois atacados no Estreito de Rande tras viaxar dende as Indias coas bodegas repletas de mercadorías valio#blgtk08#sas. Para que os anglo-holandeses non se levaran o botín, o capitán Velasco ordeou o afundimento dos barcos, caendo de esta forma o tesouro ao fondo de mar.
Comentario de Tami López y Raquel Miní (25-11-2011 11:07)
4 A vitoria na batalla de Rande foi finalmente para Inglaterra e Holanda, e isto logrou unha enorme difusión en toda Europa. En Londres existe a chamada Vigo Street, en conmemoración da batalla, e Jules Verne falou dos tesouros de Rande na novela "Vinte mil leguas baixo dos mare#blgtk08#s".A flota vencedora levou un botín de catro millóns de pesos e sete buques de guerra e seis galeóns capturados.
As baixas do bando Español foron 2.000 mortos e 2.000 feridos, en cambio, no bando anglo-neerlandes 800 mortos e 500 feridos.



Comentario de Yago Grela & Brais Gómez (25-11-2011 11:10)
5 Sabedes o que son os Pecios?

Denomínase pecio( do latin posclásico, pecia o petia, o en baixo latin pecium o petium "fragmento o peza rota") aos restos dun artefacto ou nave fabricada por un ser humano, afundido total ou parcialmente nunha masa de auga (mar, río, lago, embalse...). Un peci#blgtk08#o pode ser producto dun accidente marítimo, naufraxio ou catástrofe natural; pero tamén pode ser ocasionado por abandono, fundimento intencionado, descuidos ou neglixencias.
Os pecíos máis frecuentes son os navíos naufragados, pero tamen existen numerosos pecios de aeronave o vehículos terrestres.
Comentario de Santiago Mogio (25-11-2011 11:18)
6 A Ría de Vigo é unha das maiores rías de Galicia, situada na zona sur (Provincia de Pontevedra), sendo a máis profunda e rica en nutrientes das Rías Baixas.

A Ría de Vigo é unha das rías con máis produción mariña e de maior calidade no mundo. Isto é porque os ventos nórdicos arrastran no verán as augas superficiais quentes permitindo o afloramento das frías, ricas en nutrintes. Debido á súa temperatura, esas augas non f#blgtk08#orman nubes, o que provoca a falta de chuvia no verán.

Malia a contaminación da ría, destacan os avistamentos de mamíferos mariños entre os cales os arroaces e as toniñas son os máis abondosos.

O Estreito de Rande é a única vía de saída da Ensenada de San Simón hacia o Océano Atlántico, mide aproximadamente 1'2 km. O estreito atravesao o mítico Ponte de Rande, que chegou a saír en anuncios publicitarios.
Comentario de Elisabet e Mónica (25-11-2011 11:18)
7 Os mares españois gardan nos seus fondos misteriosos tesouros que están a espera de ser rescatados. Así por exemplo,un terreno que hasta fai pouco estaba reserv#blgtk08#ado para os cazatesouros e que agora comeza ser raclamado polo estado español.
Un deses lugares é a Ría de Vigo onde atopase o tesouro de Rande
Comentario de Carol y Sara (25-11-2011 11:19)
8 A arqueoloxía submarina estuda as culturas humanas do pasado usando os restos atopados en mares, oceanos, ou en lagos, enterrados baixo o sedimento submarino. A miúdo é considerada unha rama da arqueoloxía marítima.
Os desprazamentos da arqueoloxía débense a naufraxios de barcos (por batallas ou tormentas), restos de estruturas creadas na#blgtk08# auga coma pontes ou portos.
A arqueoloxía submarina en Galicia comezou nos anos 80. Entre os anos 89 e 93, Javier Luaces baixou aos restos da batalla de Rande, onde en 1702 a frota inglesa afundiu 25 buques cargados do tesouro da Coroa Española. Este tesouro, pola situación da ría consérvase mellor ca se estivese nun mar aberto.
Comentario de Andrea V. (25-11-2011 11:19)
9 Un galeón moi importante en tempos pasados foi o Santo Cristo de Maracaibo, pertencente a Flota de Indias, perdida despois da Batalla de Rande de 1702, na ría de Vigo.O pecio,#blgtk08# tomado polos ingleses e cargado co oro afundiose cando os ingleses retornaban.

A mezcla da ficción e a realidad deu lugar a varias publicacións, e a películas.
Comentario de Samuel Iglesias y Adrián Veiga (28-11-2011 20:47)
10 Los Galeones son embarciones a vela utilizadas desde mediados del siglo XV. Eran barcos de destrucción poderosos y muy lentos que podían ser igualmente usados para el comercio o la guerra. Desde mediado#blgtk08#s del siglo XIV se convirtieron en el barco principal.

Orígenes Del Término: La carabela fue una invencíon Portuguesa,y se considera que el galeón es una embarcación típicamente Española.
Comentario de Pamela Judith 4º B (28-11-2011 20:48)
11 Parece que está de actualidade este tema. Nun artigo publicado onte na "Voz de Galicia" faise referencia a unha empresa cazatesouros chamada Odyssey Marine Exploration.

Pois ben, un tribunal de Atlanta obrigalle entregar a España o tesouro da fragata "Nuestra Señora de las Mercedes", afundido en 1804 fronte ó Algarve. O tesouro está fo#blgtk08#rmado por unhas 500.000 moedas de ouro gravadas ca imaxe de Carlos IV. Se a viaxe da "Mercedes" considérase militar, España tería dereito ó reembolso do tesouro.

Os nosos mares gardan o segredo do noso pasado, e o mesmo tempo o do noso futuro, pensemos noutros tesouros agochados nos fondos marinos: gas, petroleo, titanio, etc.
Comentario de Carmen (02-12-2011 13:12)
12 Na miña humilde opinión estes restos perécenme algo moi importante , e máis que nada interesante , por que dese xeito afondamos no pasado , na historia e comprendemos un pouquiño mellor , os sucesos pasados .
Cómpre mencionar tamén o "tesouro de rande" ,según isto , parece ser que xa fai #blgtk08#tempo chegouse a conclusión de que nun dos navíos afundidos , atopábase un tesouro , aínda que outros expertos pensan que se trata simplemente dun mito.
Para rematar esta batalla é un feito moi importante e paréceme bastante relevante o afundimento neste tema que se produce na actualidade.
Comentario de Sara Da Silva (09-12-2011 12:54)
13 Creo que desenterrar eses tesouros e expoñelos en museos atraería a moitos visitantes e curiosos para ver una marabilla conservada despois de 200 anos, pero tamén é certo que pode que se perdera esa maxia que ten o falar de Rande, posto que xa non ocultaría ningún misterio. Nestes 200 anos que pasaron contáronse mo#blgtk08#itas historias acerca deses tesouros, historias que contaban os avós ós seus netos, faladurías e conxecturas sobre o que podería ter agochado o mar neses navíos afundidos.

Sería un grande descubrimento? Si. Pero pode que ó cabo de pouco tempo a batalla de Rande e as súas lendas perderían importancia.
Comentario de Lucía (09-12-2011 12:54)
14 A batalla de Rande foi importante na historia debido a perda dun gran tesouro hispano-francés e a vitoria anglo-holandesa. Ademáis, deu lugar a numerosas lendas sobre a posibilidade de que o tesouro permaneza soterrado no fondo do mar e a que Xulio Verne falou deste tesouro na súa obra "Veinte mil leguas de viaje submarino". Co#blgtk08#n respecto á posibilidade de encontrar os galeóns está claro que sería un descubrimento moi importante para Vigo e Galicia pero será moi difícil atopalos debido a que se encontran a unha grande profundidade. Na miña opinión deberíase axudar económicamente para encontralos e así darlle un pulo económico e turístico a nosa cidade
Comentario de Antón Neira (09-12-2011 12:57)
15 Na miña opinión, a batalla de Rande foi un acontecemento histórico moi importante para a nosa cidade. A historia desa batalla dalle unha curiosidade maior á nosa ría.
Deste xeito, a historia de Vigo e da propia ría non#blgtk08# se basa soamente no valioso marisco galego ou nun porto pesqueiro senón tamén noutras cousas que interesan a diferentes tipos de persoas.
Este tipo de descubrimentos son moi bos pois dan maior diversidade de turismo.
Comentario de Yanira (09-12-2011 13:14)
Deixa o teu comentario
Nome:
E-mail: (Non aparecerá publicado)
URL:: Debe comezar por http://
Comentario:
© by Abertal
Licencia Creative Commons