O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

As dúas culturas
Tradicionalmente o coñecemento humano dividiuse nas chamadas dúas culturas: a cultura humanística e a científico-técnica, o que coloquialmente chamamos "letras" e "ciencias". A idea de que o cultural se refire soamente á literatura, á filosofía, á historia, á arte, etc., fai que a ciencia apareza como unha actividade que xera un coñecemento diferente ou separado da cultura.

A obra máis importante da Física moderna escribiuna I. Newton en 1687 e titulouna Principios matemáticos de la Filosofía natural. Parécenos estraña esta maneira de nomear á Física. Xeralmente asociamos a Filosofía cas "letras" e a Física cas "ciencias". Dende aquí alegrámonos de que esa escisión esté sendo superada e que haxa algúns rapaces e rapazas que decidiran escoller este curso a optativa FILOSOFÍA DA CIENCIA E DA TECNOLOXÍA, unha materia ofertada polo Departamento de Filosofía para 2º de Bacharelato.

Dende aquí facemoslle a todos eles unha invitación a participar e colaborar con nós.

Por que escollemos unha materia optativa e non outra?.
Cales son os criterios que seguimos na nosa elección?
Inflúen os pais ou os amigos?



Escribe o teu comentario (11) - Categoría: Actualidade - Publicado o 25-09-2011 23:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
11 Comentario(s)
1 Ola! Eu son Lucía, unha alumna de Ética e Filosofía do Dereito e coma resposta a esas preguntas plantexadas teño que dicir que eu (e penso que case todos) escollemos as materias optativas en función do que nos gusta, por exemplo: se é a música escolleremos música, se son as linguas escolleremos francés, etc. Pero moitas veces éstas decisións veñen condicionadas por dous factores importantes: Pais e amigos, e a dispoñibilidade desas materias.
Así é como un alumno, ás veces, aínda que lle guste una asignatura, non a escollerá soamente porque tódolos seus amigos van por outra e ten medo a quedarse só nesa outra clase. Tamén podería ser cousa de que os teus pais te obligue#blgtk08#n a seguir uns estudos e mándente escoller unha ou outra materia segundo queiran (eu non estou a favor disto; penso que cadaquén debería escoller o que lle guste ou lle vaia mellor para o que queira estudar máis adiante).
O segundo factor é o da dispoñibilidade de cada materia, é dicir, que se implantarán só aquelas materias nas que se dispoña de profesorado e alumnado mínimo. Por exemplo, eu este ano escollera outra materia optativa, pero por diversas razóns de falta de profesorado ou de escasas matriculacións de alumnos nesa materia non se puido implantar, polo que tiven que escoller algunha outra na que xa houbera xente de abondo e fora seguro que a foran impartir.
Comentario de Lucía (28-09-2011 13:03)
2 Eu creo que as materias optativas que se van escollendo o longo dos anos na escola van estar influenciadas polo que un queira ser ou estudar no futuro aínda que os amigos tamén poden influír nas tuas eleccións xa que sempre se prefire estar #blgtk08#coa xente que coñeces.
Eu por exemplo preferín escoller Ética e Filosofía do dereito porque creo que podería serme dunha maior utilidade de cara o meu futuro que Xeografía e historia de Galicia que era a outra opción posible.
Comentario de Antón Neira (28-09-2011 13:06)
3 Unha materia optativa chámase así porque é a gusto de cada quen. Creo que cada un de nós debe elixir a materia que máis lle conveña ou que máis lle guste. E se a administración fai isto é para que decidamos cal cremos que nos vén mellor de cara ó futuro.

A razón da miña elección basease principalmente en formarme de cara un futuro próximo, dado que a miña formac#blgtk08#ión, nun principio ten unha relación directa co contido da materia escollida e penso que todos deberían actuar da mesma maneira.

No meu caso os meus pais non inflúen, soamente limítanse a opinar e orientarme pero, afortunadamente, a última palabra é a miña.

Aquí formarei parte do blog de Ética e Filosofía do dereito. Un saúdo. Antón Gómez.
Comentario de Antón Gómez (28-09-2011 13:08)
4 Eu formo parte do grupo de alumnos que escolleron Ética e Filosofía do Dereito(encargados este ano do Blog). Escollín esta asignatura debido a que a outra opción alternativa, non me pareceu apta para min, debido a que xa teño varias asignaturas referentes a Historia e outra xa me parecía excesivo, e tamén porque quizais sexa o que máis me convén para as posibles carreiras ás que podo optar no futuro.

A pregunta de por que escollemos unhas asignaturas e non outras , poden ser varias as razóns:
-Ven por facilidade ( palabras de alumnos )
-Porque nun futuro non moi lonxano , queres dedicarte a algo relacionado coa Ciencia , e dicir Bioloxía , Química , Medicina etc?
-Ou ben , porque te queres dedicar a algo relacionado coas letras , e dicir , Lingua Castelá , Inglés, Filosofía etc?
- Unha vez que estás en letras( Humanidades e Sociais) tes diferentes optativas , ven podes coller Matématicas aplicadas xunto con Economía ou Latín e Grego , pois os criterios d#blgtk08#e escolla son, se por exemplo na carreira escollida necesitas as Matemáticas non che queda outra que escollelas , pero se escolles unhas optativas ou outras, non che supón ningún inconveniente na carreira ahí e, cando se busca o que máis lle gusta a cada un ou ben a ?facilidade?.

O mesmo ocorre en Ciencias , poder escoller Bioloxía , Física ou Química ou Debuxo Técnico ( ou ben Física e Química en 1º), a escolla deberase a o mesmo narrado anteriormente , tamén hai que engadir que nas carreiras dúas da asignaturas puntúan dobre en selectividade entón o alumnos debe ter moi en conta as materias escollidas.

Na pregunta se os nosos amigos e familiares inflúen na toma da devandita decisión, pois eu sinceramente penso, que por un lado si e por outro non, depende da personalidade de cada individuo e das influencias do arredor . Finalmente eu penso que calquera persoa con personalidade propia toma as súas propias decisión e ela mesma faise responsable da súa elección.
Comentario de Sara Da Silva Pérez . 2º Bac B (28-09-2011 13:16)
5 Ola a todos chámome Yanira e este ano os meus compañeiros e máis eu imos administrar o blog "O clube das ideas". Como este blog faise na materia de Filosofía do Dereito moitos dos temas dos cales imos falar tendrán moita relación coa asinatura.

Para comezar, hoxe vou deixar o meu comentario sobre as eleccións das materias optativas.
Esto depende de cada persoa. En xeral, penso que ás veces escollen unha ou outra polos amigos que van ir a ela. Noutros casos pola facilidade para un mesmo da asinatura.
Tamén hai persoas que as escollen por obligación ou que non as elixen pola razón de que non son do seu agrado.

No meu caso, por exemplo, escollín Filosofía do Dereito porque podería ser bo para a miña preparación, para a carreira que quero facer cando remate o instituto.
#blgtk08#/>
Sen embargo, en terceiro e en cuarto da ESO suspendín matemáticas, dende ese momento souben que non se me daban ben, que non me agradaban e que en bacharelato optaría pola opción de letras puras ou de non saber que facer porque o grego e o latín non as tiñan todas conmigo. (Algúns son bos en números pero eu non). Pero simplemente é unha opinión e unha opción persoal.

Ao final arrisgueime e foi moi boa elección. Sobre min tamén influiron os meus amigos, o meu mozo e a miña familia que foron os que me apoiaron para facelo. Pero isto normalmente pasa pois todos temos persoas moi cercanas polas que deixámonos influir.

Por iso dixen no comezo do meu comentario que todo depende da persona xa que cada un ten as súas cousas e pode ter máis influencia dos amigos, da familia ou del mesmo.
Comentario de Yanira (28-09-2011 13:19)
6 Sobre o asunto plantexado quixera relatar unha experiencia persoal.

Cando era moi neno e antes de entrar ó "insti" tiven un profesor de Matemáticas que metía medo. Non quero dicir que fose mal profesor, o que sucedía #blgtk08#é que eu non me atrevía a facerlle ningunha pregunta por medo ó ridículo. Así fun arrastrando un retraso considerable no que se refire ós números e as operacións matemáticas. No meu caso, iso influíu en que optara polas humanidades.
Comentario de Xavier (29-09-2011 00:13)
7 Esta división entre ciencias e letras xa se viu considerada na Idade Media debido aos grandes cambios sociais concretamente nos séculos XII e XIII.

Podemos diferenciar entre trivium y cuadrivium. O trivium refírese ó conxunto de tres das sete artes liberais relativas á elocuencia: gramática, retórica e dialéctica...polo tanto estas refírense as disciplinas literarias. O cuadrivium refírese#blgtk08# ás catro ciencias que formarían a base da educación, este termo provén da secta dos pitagóricos, cuxo líder era Pitágoras; as catro ciencias que ensinaban eran: aritmética, astronomía, xeométrica e música.

Polo tanto, este diferenza vén xa dende moi lonxe. Unha persoa debería coñecer tanto as ciencias como as letras xa que estas dúas se complementan, aínda que se especialice nunha delas.
Comentario de Raquel (05-10-2011 13:05)
8 Creo que se escollemos unha materia específica é por que nós gusta e nos nosos gustos non deberían influír os#blgtk08# nosos pais e amigos, debemos estudar o que nos gusta para que no futuro nos sintamos ben co noso traballo.
Comentario de Elisabet (07-10-2011 11:17)
9 Escollemos unha optativa e non outra porque pensamos no que seranos util no futuro.
Os criterios que seguimos son: se o que imos estudar é de ciencias imos por ciencias e #blgtk08#se o que imos a estudar é sobre letras imos por letras non ten máis!
Para min é necesario o consello dos pais pero tamén quero saber que optativas escollen os meus amigos.
Comentario de Mónica (07-10-2011 11:19)
10 Ainda estou na ESO e quixera saber as optativa#blgtk08#s que podo elexir cando chegue a Bacharelato.
Comentario de Uxía (07-10-2011 13:07)
11 Pois Uxía as optativas que podes escoller dependen da especialidade pero nun principio as 4 especialidades teñen varias asignaturas en común, soamente teñen dúas que as diferencian do resto. A rama de ciencias divídese en dous: a primeira ten como asignaturas de especialidade Física e Química e Debuxo técnico, a#blgtk08# segunda especialización ten Física e Química e Bioloxía. Na rama de letras distínguense: a primeira especialización con Economía e Matemáticas aplicadas e na outra especialización impártense Latín e grego se vas por letras terás como asignatura obligatoria Historia de mundo contemporáneo. Espero poder axudarte.
Comentario de O Clube das Ideas (13-10-2011 11:14)
Deixa o teu comentario
Nome:
E-mail: (Non aparecerá publicado)
URL:: Debe comezar por http://
Comentario:
© by Abertal
Licencia Creative Commons


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0