Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.
|
|

|
O noso perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Pensando no ensino. |
|
Son moitas as comunidades autónomas que recortan os presupostos destinados ó ensino. Reducen becas e libros, suprimen postos de profesores e ciclos formativos, aumentan a ratio profesor-alumno e deixan de atender á formación do profesorado. Por iso ós recortes xa feitos no ensino público o derradeiro ano, temos que sumar agora os anunciados para este novo curso escolar 2011-12.
Esta falta de recursos pon en perigo os logros que o ensino público acadou nos últimos tempos no ámbito da igualdade e a calidade: a atención á diversidade, o apoio escolar ó alumnado con dificultades de aprendizaxe, a integración, a dinamización das bibliotecas escolares e os avances na implantación das Tic.
As esixencias ó profesorado son moitas: facer adaptacións curriculais, traballar diferentes contidos e niveis de competencias, atender ó alumnado pendente e as familias, facer os informes personalizados oportunos, as programacións a corto, medio e longo prazo, as memorias finais de curso. Sen descuidar, o mesmo tempo, a súa propia formación no ámbito das tecnoloxías da información e a comunicación, a preparación das clases, a formación en valores, a transversalidade, a motivación nas aulas, o absentismo escolar e a mediación en posibles conflictos.... Pero non esperemos que ca súa entrega e dedicación se resolva o problema, esta tarefa ten que ir acompañada da inversión necesaria.
Os avances sociais posibilitan que toda a poboación esté escolarizada ata a adolescencia e iso ten un coste que hai que afrontar. O custo do ensino non é un gasto, é unha inversión e os contínuos recortes no Ensino público poñen en perigo unha das súas principais funcións: a de compensar as diferenzas sociais. Por iso, disminuindo os recursos aumentaranse as desigualdades.
|
|
|
|
7 Comentario(s) |
|
1 |
La causa principal de estos recortes en España son debidos a la crisis y al mal estado de la economía española.
Personalmente no creo que ese sea el camino más adecuado para relanzar la economí#blgtk08#a española, y mucho menos, los recortes que se siguen realizando en la enseñanza ya que uno de los principales caminos para relanzar la economía a largo plazo es la buena formacion de las futuras generaciones. |
|
|
Comentario de Antón (22-09-2011 11:20) |
|
|
2 |
Esta claro que estes recortes non so reducirán o diñeiro para o ensino publico senón que tamén encarecerá a educación, debido a que haberá menos medios dispoñibles tanto en medios como en persoal #blgtk08#docente, e todo isto conleva a un aumento das desigualdades sociais que xa son grandes de por si. Ademais se os profesores deixan de lado a súa formación ofrecerán menos posibilidades ao alumnado |
|
|
Comentario de Antón Neira (22-09-2011 11:20) |
|
|
3 |
Os meus profesores están moi disgustados cos recortes no ensino, aínda así moitos non foron a folga pasada porque son persoas responsables e queren a súa profesión.
Eu sempre estive contento con#blgtk08# eles e co meo centro escolar que é publico e vexo con intranquilidade o feito de que xa non podamos ter clases de conversa en inglés con poucos alumnos porque os recortes fan que as clases estén masificadas. |
|
|
Comentario de Xavier (23-09-2011 12:09) |
|
|
4 |
Hoxe en día , o goberno pon en dúbida a gratuidade da ensinanza, debido a intervención da señora Esperanza Aguirre pensando na economía do país, un comentario bastante fóra de lugar debido a que se nós ,os estudiantes, tivésemos que pagar pola ensinanza no Bacharelato moitos de nós non poderiamos facelo , debido aos ingresos das nosas familias ,e moito menos aceder a unha facultade .Non só nós seriamos os perxudicados senón tamén os profesores , e #blgtk08#pensando en todo isto , a presidenta da comunidade de Madrid retractouse no seu comentario ao decatarse da barbarie que cometeu . Finalmente eu penso que non se pode buscar a solución da crise económica en reducir a educación , xa que se nun futuro , esperemos non moi lonxano, queremos superar a crise , e para iso,necesitaremos xente exitosa e vitoriosa cunhas grandes facultades intelectuais e coas súas carreiras e estudos correspondentes .
|
|
|
Comentario de Sara Da Silva Pérez (23-09-2011 12:39) |
|
|
5 |
O que penso sobre todo esto é que os recortes están inundando as nosas vidas de xeito que so uns poucos privilexiados que teñen dineiro poderán acceder a#blgtk08#o que antes eran as institucións públicas e gratuitas.Así a desigualdade aumentará máis todavía entre as persoas e xerará máis confictos dos que xa hai. |
|
|
Comentario de Yanira López (23-09-2011 12:40) |
|
|
6 |
Está claro que se seguen recortando máis e máis os presupostos ao final o que quedará en cada colexio serán un par de profesores en dúas clases de 50 persoas cada unha, e isto está claro que non pode ser. Non é nada doado aprender algo se cada vez hai menos optativas e opcións de estudo, e se en cada aula hay máis de 30 persoas, xa que é imposible prestar atención e lograr percatarse do que di o profesor con tal cantidade de xente. O que sí sabemos é que con tanto recorte xa non poderá haber suficientes profesores coma para que haxa poucos alum#blgtk08#nos con cada un deles, e, o que ocorrerá, será que os alumnos cada vez sairán menos preparados cara o mundo laboral.
Por outra parte penso que isto "beneficia" ó goberno xa que con xoves sen experiencia nin estudos poderán manexarnos coma títeres con soldos mínimos que non ofrecen a posibilidade de ter unha vida digna e que ocasionaría unha forte desigualdade económica entre os que poderían permitirse pagar os estudos (adiñeirados) e a maior parte da poboación pobre e case anarfabeta que teremos nuns anos se as cousas seguen coma están. |
|
|
Comentario de Lucía (23-09-2011 12:47) |
|
|
7 |
Está muy bien este #blgtk08#post, enhorabuena. |
|
|
Comentario de Adrián 4ºB (07-10-2011 11:17) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|