O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

De súbdito á cidadán.



"Cidadán é aquela persoa que forma parte dunha cidade, na medida que participa do poder soberano (doutro xeito, só sería un súbdito) e está sometido ó mesmo (pola contra sería un rei). Poden existir cidades sen democracia. Pero non cidades sen cidadáns".

Comte Sponville; Diccionario Filosófico.



Acadar a condición de cidadán/á levou moito tempo. O desenvolvemento deste concepto é parello á conquista da igualdade e das liberdades individuais, aínda así non é unha conquista xeneralizada na maioría dos estados.

A diferenza máis importante entre unha persoa que acadou a categoría de cidadán doutra que non a ten é a súa participación no poder da "polis". O cidadán non é súbdito de ninguén, só das leis. Ainda que a democracia representativa non teña a forza orixinaria da democracia directa, na actualidade, a pesar de ser defectuosa, é o sistema de goberno máis vantaxoso.

A sociedade civil ten nas súas mans unhas posibilidades de expresión, actuación e compromiso que deben ser aproveitadas, pois ser cidadán polo feito de pagar impostos e ir unha vez cada catro anos a votar a uns representantes como fixemos o pasado 22 de maio, é un exercicio democrático pobre e insuficiente. Xunto ó civismo pasivo cabería un civismo activo: un civismo de participación e de compromiso, de acción, como amosan as concentracións celebradas neste mes de maio en moitas cidades do noso país.





DEMOCRACIA REAL, XA!


(Artigo publicado polo Clube das ideas)

Escribe o teu comentario (17) - Categoría: Socioloxía - Publicado o 27-05-2011 09:54
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
17 Comentario(s)
1 A Idade moderna caracterízase, entre outras cousas, por ter conquistado os "dereitos e liberdades individuais". Enténdese que todo individuo humano é suxeito de dereitos que non se deben violar nin deixar de ter en conta. As persoas deixan de ser súbditos#blgtk08# e pasan a ser cidadáns, e decir, suxeitos de dereitos e liberdades.

Así surxiron os modernos estados democráticos, estes baixo os principios do liberalismo debían establecer un marco legal que dera protección os dereitos dos seus cidadáns.
Comentario de Irene (27-05-2011 12:49)
2 Dende aquela as cousas moito cambiaron. Actualmente o movemento 15M é moi necesario e cremos que o que facia falta era que alguén se indignase.
Por todos é sabido que a democra#blgtk08#cia ten que cambiar, e os xovenes son os que o teñen que lograr.
Polo tanto e para rematar, temos que reinvidicar nosas ideas e lograr o que desexamos: unha democracia mellor.
Comentario de leila e zaida (27-05-2011 12:50)
3 O termo súbdito (do latin subditus)refírese a persoa suxeita á autoridade dun superior e ten a obriga de obedecerlle. As #blgtk08#veces ese concepto pódese usar tamén para nomear ó cidadán dunha nación cando ten que someterse ás autoridades políticas.
Comentario de Xavier (27-05-2011 12:50)
4 O termo súbdito recordanos unha concepción do estado na que o soberano (ou soberana) era un monarca absoluto e tiña a titularidade de tódo#blgtk08#los dereitos sobre o seu territorio e os seus habitantes. Na Europa do século XVIII e ata a Revolución Francesa de 1789 só había súbditos.
Comentario de Sonia (27-05-2011 12:50)
5 Ante todo hai que aclarar que este movemento 15M que esta demandando verdadeira democracia pide un compromiso por parte dos politicos aos que votamos para que se preocupen por representarnos, esta demanda é esixida a todos os partidos.

Xa que pasamos por moitos pesares para poder ter o preciado sistema democrático polo que loitaron os no#blgtk08#sos antecesores, xa que dispoñemos deste tipo de sistema que é o máis eficaz.
Debemos utilizalo correctamente.

Perfecionemos este instrumento tan util,polo cal se loitou tanto no pasado.

Temos que reivindicar as nosas ideas, temos que loitar polo que cremos, temos que construir a sociedade na cal desexamos vivir.
Comentario de Javi (27-05-2011 12:55)
6 Eu estou totalmente dacordo con este comentario. Eu desde o punto de vista do cidadán/á non me parece ben que os políticos só se preocupen por nós nas épocas de eleccións. Neses últimos días que fagan todo o posible para que os votemos. Que prometan cousas que logo no#blgtk08#n van cumprir só para conseguir máis votos e que sobornen as persoas facéndollle algún arreglo nas casas ou nos seus arredores para ter o voto xa fixo para sempre. Polo tanto penso que as manifestacións do 15 de Maio son un gran cambio para esta democracia que temos
Comentario de Miguel Vila y Sara Davila (27-05-2011 12:55)
7 Yo pienso que un cambio nos vendria bien , que con la democracia no vamos a ninguna parte. El rey podria mejorar este país, porque con el PSOE estamos en crisis y escuché que el PP va a prohibir los matrimonios homosexuales. La democracia podria mejora#blgtk08#r si siempre se acordasen de nosotros porque veo que les importamos poco.

Yo por mi parte quiero que haya democracia real , porque nos controlan en la democracia como muñecos que solo nos utilizan para cuando quieren y luego nos tiran.
Comentario de Yomara (27-05-2011 12:55)
8 Polo que se ve nos medios e na calidade no nivel de discusión, imaxínome que están no camiño da construcción sólida para a democracia, a pesar do disparatado como se expresan os reaccionarios contra a chamada esquerda no poder. Polo tanto creo que o cambio na fo#blgtk08#rma de facer política, depende de manter o ritmo actual e o cambio chegará sen ir aos extremos.
España aparte de necesitar mellorar a democracia teria que cambiar a forma de pensar dalgúns políticos, que o único que queren é dividir aos españois.
Comentario de Tania Martinez e Tamara Tesouro (27-05-2011 12:56)
9 Temos dúas reflexións que facer: o término súbdito e impensable nun estado democrático, xa que a democracia na súa plenitude apórtanos que o que denominamos antigo súbdito agora toma o nome de cidadán, e polo tanto, ten uns dereitos e principios que deben ser recoñecidos polo estado.

Por outro lado todo cidadán debe ter unhas obrigas e uns representantes como por exemplo España que é unha monarquía parlamentaria baséase nun representante do pobo Español, a filosofía da monarquía española é: O rei reina pero non goberna. E por isto os cidadáns teñen que respetalo xa que a democracia ten que ter uns representantes destacados e ante todo saber isto: Xustiza, igualdade e liberdade son algo mais que palabras... s#blgtk08#on metas alcanzables. E, a verdade, algo falla no noso país. Que podería ser? Quen está detras do erro? A resposta é ben simple, claramente uns ten máis culpa ca outros e tendrán que render contas, pero dicindo a verdade, se buscades un culpable, só tedes que miraros no espello.

Sei porque pasou o que pasou...e quen non votaria o PP?. Crise, paro houbo moitas confabulaciones que os fixeron ceder e absorberos o sentido común, pero presos do pánico acabaredes por elixir o líder do PP....os promete traballo, os promete orde e vos os sometedes como cans...Recordade que os artistas menten para decir a verdade mentres que os políticos menten para ocultala.
Pero, é posible conseguir esa sociedade idealizada?
Comentario de Diego e Lucía (27-05-2011 12:57)
10 O movemento de Demoracia Real Ya! era necesario. O que están pedindo é o mínimo que se debería facer, e non son cousas imposibles. Cousas como que as listas electorais sexan abertas e limpas (é dicir, que estean libres de imputados en ningún delito), que se cancele a hipoteca en caso de embargo, que as leis sexan so#blgtk08#metidas a referéndum, que o soldo dos políticos estea regulado polo IRPF ou a desaparición da paga vitalicia que teñen. Son cousas que parecen normais nunha democaria, pero ao parecer non na nosa. O movemento 15M faise escoitar, pero non o suficiente (cousa moi difícil) para que os políticos fagan algo ao respecto.
Comentario de Jacobo (27-05-2011 13:12)
11 A cuestión está en esixir a DEMOCRACIA. E en contra do que algúns creen, na miña opinión a democracia (poder do pobo) non se pode levar a cabo dentro do marco de relacións capitalista. Por que? Porque o poder nunca residirá no pobo mentres o expolio do traballo alleo e a violencia sexan a base do noso sistema sociopolítico. O capitalismo xera diferenzas e estas riquezas. Xorde entón a necesidade de dominio das masas, que son alienadas para evitar a súa emancipación: a democracia só pode asentarse sobre un réxim#blgtk08#e de igualdade e solidariedade, que non pode levarse a cabo se grupos de poder, alentados polos intereses individuais, existen.

Indignémonos por puntos concretos, mudemos en primeiro lugar as contradicións máis evidentes do sistema, pero é inexorabel que nos decatemos de que o problema hai que arranxalo de raíz.
Se en 1917 a consigna era: ¡Todo o poder aos soviets!, hoxe podemos afirmar orgullosos e orgullosas ¡Todo o poder ás asembleas!
Pero hai que pasar á acción e acudir a elas.
Comentario de Luís Toledo (27-05-2011 18:32)
12 É inevitable comparar o movimiento de 15 M co maio francés do 68. Ambos foron movementos amplos de rebeldía contra un sistema político cada vez máis afastado da cidadanía. Onte en Francia, hoxe en España. A situación é parecida: gran deterioro da economía, aumento do número de desempregados, salarios baixos e deterioro das condicións de traballo.


Daquela intelectuais como W. Reich (A revolución sexual) ou E. Fromm (O home unidimensonal) pasaron por ser os seus impulsores; hox#blgtk08#e o 15M é unha resposta ao manifesto de S. Hessel (Indignez vous).

Os que gobernan mostránse respetuosos cos protagonistas destas protestas e comprenden as súas reivindicacións. Lástima que os indignados non sintan o mesmo por eles!. As concentracións do movemento 15M son un claro exemplo de civismo activo. Por fin a sociedade civil colleu o protagonismo, e, dunha maneira pacífica, está a desenmascar as grandes contradiccións do sistema político no que vivimos.

Comentario de Carmen (29-05-2011 21:06)
13 O primeiro é decir que estou completamente de acordo con este movemento e co que propon ,tamén creo que tivo que xurdir moito tempo atrás.Pero quen ten a culpa de que a nosa democracia no sexa como debería ser?
En parte a culpa é de todos os cidadas que se olvidaron da sua vida politica e a deixaron nun segundo plano e ademais a deixaron en mans de alguns.Por outra #blgtk08#parte a culpa esta,claramente,nos dirixentes que se encargaron da dirección da nosa democracia e a levaron polo camiño no que esta hoxe.Pero eu me pregunto,eses dirixentes de agora non eran cidadáns antes e no sufriron os mesmos abusos que sufrimos nós,enton por que nolo fan a nós se saben o que se sente?Por que no dirixen a nosa democracia para axudar a todos os cidadáns
Comentario de daniel otero (30-05-2011 20:26)
14 O primeiro, sociedade necesita un cambio, pero non cambiar a outra forma de Estado, senón cambiar esta maneira que temos de chamar a isto democracia. Nunha democracia, nós, o pobo deberíamos elixir aos nosos representantes para que nos representen a nós, non aos seus partidos políticos. Por culpa de esta política intolerante, pouco a puoco vaise vendo que o poder de elección do pobo ten menos sentido. Cada un podería votar ao partido político que máis se aproxime aos seus ideales e saiba que vai cumprir as promesas#blgtk08#, pero isto non é así, cada vez vése máis que o peso de dous partidos políticos arrasa co intento participativo doutros mais minoritarios. Pero..¿ Que podemos facer nós? ¿Poden estes partidos minoritarios loitar contra as inmensas campañas políticas e publicitarias dos partidos máis importantes? Isto sen ter en conta a pouca axuda que ofrecen os medios de comunicación dando "bombo" aos grandes partidos. Por iso quedade pensando nisto e o por que de todas estas revoltas. O que se quere conseguir son POSIBILIDADES!!
Comentario de Daniel Lens (31-05-2011 18:15)
15 Eu creo que agora mesmo unha parte da poboacion como traballadores agricolas ou gandeiros estan escravizados por parte dalguns maioristas xa que o seu nivel de esixencia é brutal.Estou dacordo con que teñamos unha participacion mais activa porque a democracia é un traballo que no#blgtk08#s custou moitos anos conseguir e sería unha pena non participar nela. A xente non esta moi convecida desta maneira de goberno pero e que trinta anos non son nada ainda asi que o meu consello para conseguir unha democracia real e participar e colaborar no máximo que cada un poida
Comentario de Fran Riquelme (04-06-2011 21:08)
16 Eu penso que o texto ten na maioria das cousas razon como en que nos deberiamos facer uso dunha democracia que custou o esforzo, sacrificio e mortes que tanto nos inculcan. Nos se somos un pouco listos temos que asistir as urnas para escoller os nosos representantes que defendan os nosos intereses. Pero que pa#blgtk08#sa? Que a politica non conta con politicos moi eficientes e isto leva ó desencanto da xente que se manifesta con todala razón do mundo. O unico que fan os politicos son promesas que a maioria non se chegan a cumprir pero eu creo que por medio de manifestacions e traballo conseguirase unha sociedade mais xusta
Comentario de Fran Riquelme Vázquez (07-06-2011 19:50)
17 - No 500 a. C. apareceu o fenómeno da democracia, a que pouco a pouco foron adquirindo moitos Estados para representar o poder do pobo. Para que este estilo de política puidera chegar aos nosos días, tivo que pasar por moitas loitas, coflitos, mortes.. por exemplo a admisión das mulleres na vida política, os amaños nos votos, a aprobación de voto dos máis pobres... sen embargo, hoxe en día temos unha democracia preto de desaparecer, en perigo de extinción, oculta baixo un mundo capitalista, constituído polos que tiñan o deber de escoller o mellor futuro para España, polos ricos. Como método #blgtk08#de protesta, estableceuse o 15M, unha protesta pacífica que loita polos dereitos dos cidadáns,ocupando miles de prazas en España para concienciarnos desta situación actual, para que o pobo se erga a reivindicar os seus dereitos. Pero iso parace non ser suficiente polo que espero que todos lembremos este día, que meditemos sobre a situación política afundida na que estamos e sobre unha solución para disolver este mundo capitalista.

Deíxovos dous vídeos:
http://www.youtube.com/watch?v=c2XFN-M6qDQ
http://www.youtube.com/watch?v=YYIssJp2vmA

Abraiante.
Comentario de Lucía 4º ESOA (11-06-2011 16:33)
Deixa o teu comentario
Nome:
E-mail: (Non aparecerá publicado)
URL:: Debe comezar por http://
Comentario:
© by Abertal
Licencia Creative Commons