O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

O crime organizado na gran pantalla. A orixe das mafias
O concepto “mafia” que coñecemos actualmente refírese a calquera organización de crime organizado ou outras actividades sospeitosas que están espalladas por todo o mundo. Pero o concepto de mafia ven de moito antes, do século XIX, en Italia.

Cansada dos abusos e da explotación por parte da aristocracia da época, certa parte do pobo (o campesiñado) decide rebelarse e formar organizacións con pistoleiros profesionais para combater ditos abusos. Estas serán as futuras mafias. En 1874, as mafias están no seu punto álxido en Sicilia. Nin sequera o goberno pode controlalas.
PikiWiki_Israel_20841_The_Palmach.jpgDebido á situación de crise do país, moitos habitantes de toda Italia (Sicilia incluída) víronse obrigados a emigrar ao outro lado do Atlántico e moitos deles foron a parar a Estados Unidos, e algúns levaron con eles esas técnicas, esquemas e prácticas da típica mafia siciliana.

No século XX xa tiñan, sen dúbida, un gran poder dentro da sociedade. Empezaron a desenvolver actividades como a prostitución, as concesións de préstamos (con altos intereses)… e a facerse con negocios lexítimos como a construción, cadeas de restaurantes, industria téxtil… ás veces con aspiracións económicas e outras para utilizalos como tapadeira ou para branquear capital. Destacan nesta época personaxes como Al Capone, Lucky Luciano, Frank Costello, Carlo Gambino

As mafias italoamericanas viron o seu auxe na época da Lei Seca, cando empezaron a introducir nas cidades o alcohol, vendéndoo ilegalmente, chegando a converterse en verdadeiros expertos do contrabando, chantaxe, branqueo de diñeiro, etc. Por suposto, eran organizacións xerarquizadas, onde as máximas autoridades eran o "xefe" e o "subxefe" (este último de menor rango) e estaban aconsellados polo "consiglieri", logo virían os "capos" e os seus respectivos "soldatos", dos que era responsable. Todos estes estaban apoiados (na maioría dos casos) polos seus asociados, que podían ser empresarios, políticos, gobernantes, policías… que os axudaban económicamente ou con favores, a cambio de outro tipo de favores que normalmente estaban fora da legalidade.
Sen dúbida algunha, a corrupción foi unha constante (e seguramente siga sendo) na vida das mafias, aparte dun importante apoio.


A mafia no cine

Sen dúbida, esta cultura mafiosa non podía pasar desapercibida polas cámaras de Hollywood e converteuse nun fenómeno que impulsou unha nova temática de grande éxito propia de Estados Unidos
A sociedade italoamericana relacionada coa mafia aparece reflectida en grandes películas con importantes actores e directores que gozan dun prestixio internacional e unha ampla carreira no mundo cinematográfico.
A película por excelencia desta temática é The Godfather (O padrino), obra de Francis Ford Coppola, baseado no libro de Mario Puzo, que pertence a unha triloxía onde a segunda e a terceira entrega de mesmo título, na miña opinión, non gozan das mesmas características nin da mesma esencia que ten esta primeira entrega. Ademáis cabe destacar outras películas como Goodfellas (Un dos nosos), dirixida por Martin Scorsese, froito do libro Wiseguy de Nicholas Pileggi e Once Upon a Time in America, de Sergio Leone, adaptación da novela The Hoods de Harry Grey. que gozan dun prestixio internacional e unha ampla carreira no mundo cinematográfico.
E sen dúbida non podemos esquecer a grande importancia dos actores, os encargados de encarnar na súa propia pel aos personaxes míticos do crime organizado:

--Marlon Brando: Encarnou a Vito Corleone, o xefe da mafia máis popular do cine na película The Godfather. Un papel que sen dúbida marcou un antes na súa carreira e no mundo dos cinéfilos.

--Robert De Niro: Él mesmo se denomina fan das películas desta temática, e aceptou varios papeis como membro de organizacións mafiosas como en The Godfather II facendo de Vito cando era novo, en Goodfellas como Jimmy Conway,
Once Upon a Time in America, como David Aaronson, en Casino, como Sam Rothstein ou A Bronx Tale, facendo de Lorenzo Anello, onde non interpretaba a un mafioso senón a un italoamericano de a pé.

--Joe Pesci: Tamén un actor que peca de mafioso participando con grandes interpretacións en Goodfellas, Once Upon a Time in America e Casino.

--Al Pacino: Un actor de gran renome que destaca sobre todo pola súa participación como Michael, fillo de Vito Corleone en The Godfather e como protagonista nas seguintes dúas entregas.Tamén cabe destacar deste actor a súa interpretación como Tony Montana en Scarface, un filme de temática mafiosa pero en mans dunha personaxe cubana.

Todas estas películas son clásicos do cine dos anos 70, 80 e 90, moi recomendables e de grande interese, pois nos permite analizar as características dos actores e valorar os seus traballos e interpretacións. Apréndennos os xestos, miradas, expresións destes actores que expresan a súa madurez e experiencia neste tipo de películas, así como as preferencias, peculiaridades e manías de algúns dos grandes directores de Hollywood.

Así que....
se vos gusta a temática mafiosa xa sabedes,
atrevervos con estes títulos que non teñen desperdicio ningún
.


(Artigo de Alejandro Recouso)




Escribe o teu comentario (17) - Categoría: Cine - Publicado o 02-02-2017 22:42
# Ligazón permanente a este artigo
Un gran estreno .....
O pasado día 4 de abril recibimos no insti a visita de Rubén, Tamara e Roberto, protagonistas da película Pradolongo, que se estreou o mesmo día nas salas de cine da cidade de Vigo, aínda que fora estreada días antes noutras cidades galegas.

É unha historia en forma de drama querendo alentar á xente xove para que loiten polo que lles gusta. O filme foi grabado en Valdeorras, fala de amor, amizade, os principios dos xoves....

Mirando cara atrás e á vegada cara adiante podemos falar de que é a segunda película que ten éxito dende "Sempre Xonxa".






Escribe o teu comentario (3) - Categoría: Cine - Publicado o 14-04-2008 12:36
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Licencia Creative Commons