O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

Reescribir os recordos
Fotolia_44556861_Hemorragia-cerebral.jpg
O cerebro é o órgano de maior complexidade do corpo humano, encargase do control do corpo e é o maior órgano do sistema nervioso central.

Un equipo de investigadores dos Estados Unidos está a usar unha técnica baseada na optoxénetica que permite etiquetar ao grupo de neuronas que gardan recordos e reactivalos a voluntade, aplicando sobre elas uns raios de luz. Este equipo investigou os mecanismo cerebrais que permiten crear un recordo, gardalo e recordalo durante un longo período de tempo, esta tarefa e levada a cabo polo encéfalo en milésimas de segundo.
Moitos recordos que parecen positivos para a persoa en cuestión, poden acabar por converterse en negativos despois dalgunha vivencia. Algúns destes recordos quedan grabados no cerebro e son difíciles de borrar, o que pode ocasionar trastornos mentais.
Estudos feitos con anterioridade chegaron á conclusión de que o cerebro é maleable e que os recordos negativos poden reescribirse, isto permitiu tratar a persoas con depresión ou con algunha experiencia traumática. Pero hai unha parte que se ignora e é como se crea e almacena un recordo a nivel celular e molecular no cerebro e como se pode cambiar a conexión que hai entre as neuronas para reescribilo

O último estudo que se basa nesta técnica optoxenética, explicada anteriormente, mostra que ao volver o recordo este traia con el a súa asociación positiva ou negativa. A técnica cobrou un enorme potencial ao estudar a un nivel de detalle inusitado os fundamentos neuronais do comportamento, a memoria e as causas de doenzas como a esquizofrenia ou o Alzheimer.

O primeiro experimento foi levado a cabo en ratóns. Os expertos emitirón ráfagas de luz sobre os ratóns mentres estes exploraban unhas áreas con cocaína e outras con sal, o resultado foi que os roedores olvidaron a súa preferencia polos lugares de cocaína.
Grazas a estes estudos sobre o cerebro e as súas funcions o campo da investigación está a crecer e nun futuro poderán curarse multitude de trastornos e enfermidades cerebrais.

(Artigo de Elena López del Río)


Escribe o teu comentario (19) - Categoría: Ciencia - Publicado o 16-03-2017 18:25
# Ligazón permanente a este artigo
O potencial do noso cerebro.


O cerebro é o mayor órgano do sistema nervioso central e o centro de control para todo o corpo tanto das actividades voluntarias como involuntarias. Tamén é responsable da complexidade do pensamento, memoria, emocions e linguaxe. Nos vertebrados o cerebro encóntrase ubicado na cabeza, protexido polo cráneo. Entre as súas funcións está a de controlar o comportamento activando músculos e producindo a secreción de hormonas.

O cerebro humano presenta unha asimetría relacionada coa especialización de cada unha das rexións cerebrais para distintas funciones. Está dividido en hemisferios (dereito e esquerdo), que á súa vez divídense en lóbulos (occipital, frontal, parietal e temporal):

- Hemisferio esquerdo: Dedicado ás funcións lingüísticas, ao control do aparato fonador e a toma de decisións entre outras funcións.. Relacionase coa capacidade analítica.

- Hemisferio dereito: elabora e procesa a información, dirixe habilidades visuais, artísticas e musicais e por iso, relacionase coa capacidade intuitiva.



Actualmente, está a ter lugar unha divulgación de crenzas non confirmadas acerca dos usos do cerebro. Existe unha moi popular que afirma que a maioría, ou todos os seres humanos, utilizamos só o 10 por cento do noso cerebro. Unha persoa pode ser quen de aproveitar ese potencial non utilizado e, ao facelo, prodúcese un aumento significativo da súa intelixencia.
Ainda que algunhas capacidades intelectuais poden ser melloradas có entrenamento, a idea de que grandes áreas permanezan inutilizadas non ten ningún fundamento lóxico. A pesar de que haxa moitas incógnitas acerca do funcionamento do cerebro, sabemos que as distintas zonas da corteza cerebral están especializadas en funcións relacionadas coa linguaxe, as habilidades numéricas, a imaxinación, o coñecemento atístico, etc.

Para refutar dita crenza o neurocientífico
Barry Beyerstein estableceu sete proposicións que desminten esas teorías:

-Se o 90% do cerebro non se utiliza, entonces cando se lesionan certas áreas non debe afectar ao rendemento. En cambio, non hay ningúnha área do cerebro que poida sufrir algún dano sen que se perda algunha habilidade.

Hai varios posibles oríxenes desta crenza, ou por unha mala comprensión ou interpretación das investigacións neurolóxicas levadas a cabo a finais do século XIX, ou o feito de só o 10% das neuronas están`permanentemente activadas. Aún todo, non se confirmou por completo a hipótese, pois sigue a extenderse.

(Artigo de Pablo Monroy)


Escribe o teu comentario (9) - Categoría: Ciencia - Publicado o 16-04-2013 22:45
# Ligazón permanente a este artigo
Hawking prántalle cara a Deus.
Actualmente os temas relixiosos para a xente nova son moi pouco importantes. Se alguén vai a Igrexa non atopará rapaces-as de entre 15-25 anos, porque para nós non é relevante o crer ou non en Deus ou nun Ser Sobrenatural; nós somos a xeración da ciencia, da tecnoloxía; o feito da idea de crer en algo do que non hai probas non nos agrada. Somos máis esixentes e pedimos que se nos confirme.




O tema cobra de novo interese a partir da publicación dá última obra de Stephen Hawking e o científico Leonard Mlodinow: O Gran Deseño. O Big-Bang é unha consecuencia dás leis da Física e non dunha mente superior, afirman os autores





”Cada un de nós existe durante un tempo moi breve, e en devandito intérvalo tan só explora unha parte diminuta do conxunto do universo. Pero os humanos somos unha especie marcada pola curiosidade.
Preguntámonos, buscamos respostas. Vivindo nese vasto mundo, que ás veces é amable e ás veces cruel, e contemplando a inmensidade do firmamento enriba de nós, fixémonos sempre una multitude de preguntas. ¿Como podemos comprender o mundo en que nos achamos? ¿Como se comporta o universo? ¿Cal é a natureza da realidade? ¿De onde ven todo o que nos rodea? ¿Necesitou o universo un Creador? A maioría de nós non pasa a maior parte do seu tempo preocupándose por esas cuestións, pero case todos preocupámonos por elas nalgún instante. Tradicionalmente, esas son cuestións para a filosofía, pero a filosofía morreu. A filosofía non se mantivo ao corrente dos desenvolvementos modernos da ciencia, en particular da física. Os científicos convertéronse nos portadores do facho do descubrimento na nosa procura de coñecemento".
O Gran Deseño. Cap. 1.



Segundo a teoría M, alí exposta , o universo non é único senón que existen outros máis, do mesmo modo que se creou o noso, no que estamos a vivir pero sen a intervención dá divindade. Na antigüidade preguntabámonos por que existen as cousas ou nós mesmos e, ó non ter un referente pois fóronse inventando diversos Deuses ou Seres que cubrían estas necesidades de coñecer. Hoxe as ciencias aportan moita información sobre o tema, aínda así os científicos recórdannos que as respostas que obtemos interpretámolas segundo a nosa capacidade cerebral xa que hai moitas preguntas que o noso subconsciente aínda non ten a capacidade de responder.

O obxectivo deste libro é proporcionarnos as respostas suxeridas polos descubrimentos e os progresos teóricos mais recentes. Nós vimos dá nada. Dun universo que o contiña todo e que se CREA a si mesmo continuamente, sen intervencións de seres sobrenaturais.


(Artigo de Iris Piedrahita e Laura González)

Escribe o teu comentario (24) - Categoría: Ciencia - Publicado o 18-11-2010 23:25
# Ligazón permanente a este artigo
Prometeo ou a tecnoloxía salvadora
A tecnoloxía pasou por moitas etapas dende os seus inicios ata os nosos días. Comezaremos recordando a Prometeo (Titán e amigo dos mortais). Foi honrado por roubar o lume e a sabiduría dos deuses e darllo ós humanos para o seu uso, como consecuencia foi castigado a que un aguia lle comera o fígado cada amencer, sendo el mesmo inmortal. Prometeo simbolizanos a tradición e a forza, representando o afán de progreso científico e técnico.

Dende ese momento a tecnoloxía avanzou moito, dende as máquinas de escribir ata os ordenadores de hoxe en día. Nos últimos 200 anos foi o axente de cambio da vida moderna e as súas estruturas sociais. Os profesionais que máis contribuiron a modelar a sociedade industrial (capitalista ou socialista) foron os científicos, inxenieros e tecnólogos. O resultado da súa actividade é unha nova clase de sociedade que pode lavar á humanidade a un nivel evolutivo máis elevado ou a súa extinción.

Os dous obxectivos que orientaron ós científicos de tódalas épocas históricas foron coñece-la verdade e transforma-lo mundo aplicando os novos coñecementos que se descubrían. Pero aínda que fora así, na actualidade son cada vez máis os científicos que ven a necesidade de introducir principios éticos entre os criterios do que debe ser considerado unha boa investigación. Deste xeito comezaron a elaborar unha ética profesional co fin de fixar cáles son as normas polas que debe orientarse o seu traballo.

O desenvolvemento das novas tecnoloxías foi posible grazas a unha revolución no tratamento da información. Para un uso axeitado das mesmas os inxeneiros informáticos advertennos que:

1. Non podemos usar unha computadora para danar a outros.
2. Non interferirás no traballo alleo.
3. Non indagarás nos arquivos alleos.
4. Non empregarás unha computadora para roubar.
5. Non empregarás a informática para realizar fraudes.
6. Non copiarás ou empregarás software que non mercaras.
7. Non empregarás os recursos informáticos alleos sen a debida autorización.
8. Non te apropiarás dos dereitos intelectuais doutros.
9. Deberás avaliar as consecuencias sociais de calquera código que desenvolves.
10. Sempre empregarás as computadoras de maneira que respetes os dereitos dos demais.





De que modo inflúe a tecnoloxía na túa vida diaria?

Cantos aparellos tecnolóxicos hai na túa casa?

Cales poden ser as consecuencias do abuso das tecnoloxías?


(Artigo de Carla Iglesias e Patricia Veiga)
Escribe o teu comentario (25) - Categoría: Ciencia - Publicado o 02-11-2010 21:04
# Ligazón permanente a este artigo
O coñecemento do universo
No ano 1609 Galileo Galilei apuntou por primeira vez ó ceo cun telescopio.

Foi o comenzo de 400 anos de descubrimentos que aínda continúan.



O 27 de outubro do 2006 a Unión Astronómica Internacional anunciou a declaración da UNESCO de 2009 como o Ano Internacional da Astronomía, ratificada pola ONU o 19 de decembro de 2007.

Este acontecemento representará unha celebración global da astronomía e da súa contribución á sociedade, á cultura, e o desenvolvemento da humanidade. O seu obxectivo principal é motivar ós cidadáns de todo o mundo a reconsiderar o seu lugar no universo a través de todo un camiño de descubrimentos que se iniciou fai xa 400 anos.


A astronomía, que significa etimoloxicamente "coñecemento das estrelas", é a ciencia encargada de observar e explicar os corpos e os eventos fóra da Terra. Despois de comprender que os elementos que forman os "obxectos celestes" son os mesmos que conforman a Terra, e que as leis da física se aplican do mesmo xeito, naceu a astrofísica como unha aplicación da física ós fenómenos observados pola astronomía.


Nos seus comenzos, a astronomía supuña só a observación e predición dos movementos dos obxectos celestes identificables a ollo nu (sen instrumentos).

O interese polo coñecemento do universo estivo presente en todas as culturas da antigüidade, tanto pola utilidade para orientarse e medir o tempo, como pola curiosidade que todos sentimos polo que nos rodea. Os astrónomos eran polo común tamén cregos, e críase que os fenómenos celestes tiñan unha influencia oculta nos sucesos da Terra (astroloxía). Os gregos fixeron importantes contribucións á astronomía, pero o progreso detívose case por completo na Idade Media, excepto polo traballo dalgúns astrónomos (en particular, musulmáns).

A astronomía é unha das poucas ciencias onde os afeccionados aínda teñen un papel activo, por exemplo descubrindo obxectos itinerantes (como cometas) e monitoreando a variabilidade das estrelas.


Benvidos ó Ano Internacional da Astronomía.




Escribe o teu comentario (11) - Categoría: Ciencia - Publicado o 18-04-2009 10:38
# Ligazón permanente a este artigo
Happy birthday, Charles
Como xa sabedes todos, este ano vai ser celebrado como o Ano de Darwin.

E iso por que?, pois porque o 12 de febreiro do 2009 cumpliranse 200 anos do nacemento de tan ilustre científico, e tamén os 150 anos da publicación dunha obra súa de enorme importancia na historia da Ciencia e da Filosofía, "A orixe das especies".
O longo deste ano haberá homenaxes de todo tipo, por parte de diversas institucións , publicacións en todo tipo de formatos, ata están a facer unha película sobre a sua vida, "Creation", para estrear próximamente.



A combinación entre os seus traballos de campo e a lectura dunha obra de moita actualidade naquel tempo, "Ensaio sobre o principio da poboación", de Thomas Malthus, inspiroulle o desenvolvemento da concepción da teoría da selección natural.

De momento deixamosvos algunhas ligazóns de interese sobre este naturista inglés. Atoparedes dende unha biografía, pasando por unha viaxe no Beagle e ata algunha obra publicada on-line.

Darwin 200
A teoría da evolución
Diario del Beagle
Charles Darwin.
Darwin: Icon of Evolution

E para rematar......un bo resumen das ideas de Darwin e do feito evolutivo según a moderna bioloxía (vídeo extraído do programa de televisión de Eduard Punset "Redes").




Escribe o teu comentario (30) - Categoría: Ciencia - Publicado o 05-02-2009 09:27
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Licencia Creative Commons