O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

PARTICIPA nas eleccións ao CONSELLO ESCOLAR !
A convivencia forma parte do noso mundo social básico. No instituto a convivencia constrúese a través das relacións interpersoais que se dan entre todos os membros da comunidade educativa (profesores, alumnos, nais, pais e persoal da administración e servizos). A participación activa de todos os membros desta comunidade é imprescindible para crear un clima agradable e unha aprendizaxe eficaz.

As canles de representación e participación no centro escolar son:

- Os delegados/as de curso
Todo o alumnado que forma parte da comunidade educativa está chamado á participación na xestión e organización do centro, pero non poden participar de forma directa nas decisións, por iso se elixen representantes que acheguen e transmitan as súas opinións e suxestións: son os delegados ou delegadas do curso.

- O Consello Escolar
Este é un órgano de participación no funcionamento do centro, nel está representada toda a comunidade educativa. Os seus membros deben levar a cabo o proxecto educativo. Coñeces as súas funcións?.

Ao votar a un delegado/a ou un membro do Consello Escolar estás exercendo un dereito democrático como fan os adultos cando hai eleccións xerais, municipais ou autonómicas. É importante, pois, realizar a elección reflexionando previamente con seriedade e rigor. Recorda, pois, o vindeiro 24 de novembro poderás elexir aos teus representantes ao Consello Escolar do centro.


Que calidades debe ter un bo representante do alumnado?

Poderías ser ti unha boa candidata/o?

Que calidades tes?


(Artigo de O Clube das ideas)


Escribe o teu comentario (11) - Categoría: Novas do Instituto - Publicado o 17-11-2014 21:19
# Ligazón permanente a este artigo
O novo curso escolar




Comeza o curso 2013-14 e con el novos itinierarios, propostas e obxectivos.

Será o alumnado de ETICA e FILOSOFIA DO DEREITO o encargado de darlle continuidade ó noso blog. Estou segura que van facelo con entusiasmo e ilusión.

Vémonos rapaces !!





Escribe o teu comentario (12) - Categoría: Novas do Instituto - Publicado o 05-09-2013 12:46
# Ligazón permanente a este artigo
Benvidos ó novo curso !
De novo con todos vós nun novo ano escolar.


Nesta ocasión querémosvos dar a benvida cunha reportaxe. Un dos compoñentes do Clube das ideas tivo a sorte o pasado mes de xuño de acompañar na viaxe de fin de curso ó alumnado de 4º de ESO ata Cataluña e polo camiño fixeron unha paradiña para visitar o Mosterio de Pedra.

O mosterio, situado en Nuévalos (Zaragoza)ocupou o que fora unha fortaleza musulmana. En tempos da Reconquista, Alfonso II (1194) cedeu o castelo e as terras á Orden do Cister e durante 700 anos foi ocupado polos monxes cistercienses. Finalmente ca desamortización de Mendizabal (1835) as terras foron expropiadas ás órdenes relixiosas e pasaron a ser propiedade privada. O seguinte video recolle imaxes da visita.



Dende eiquí reivindicamos
o valor pedagóxico destas saídas escolares
ca esperanza de que os recortes no ensino público
non impidan ós nosos alumnos completar a súa formación
e gozar do patrimonio cultural do noso país !!



Escribe o teu comentario (15) - Categoría: Novas do Instituto - Publicado o 16-09-2012 22:34
# Ligazón permanente a este artigo
O que está afeito a viaxar, sabe que sempre é preciso partir algún día (Paulo Coello)
Estamos chegando ao remate do curso 2011-2012 polo que nós, os alumnos de 2º de Bacharelato da clase de Ética e Filosofía do Dereito facemos este artigo para despedir o curso e o noso paso polo instituto.

Nós quedámonos co recordo das novas amizades, amigos e compañeiros dispostos sempre a nos escoitar. Compañeiros que nos aconsellaron, e cos que compartimos moitas vivencias.

Tamén levámonos o recordo dos profesores que tivemos. Hoúbolos de tódalas clases: brandos, serios, bos, severos, con sentido do humor, etc. Cada un deles tiña o seu método para ensinar: explicar os contidos, facernos copiar apuntes, clases prácticas, debates, etc. O que non cabe dúbida é que con eles aprendimos moitas cousas novas e non hai que esquecer a cantidade de valores, actitudes, principios e orientacións que adquirimos e que non veñen escritas nos libros de texto. A convivencia durante tanto tempo con centos de persoas diferentes ensinounos a comportarnos e tomar conciencia do que é convivir coa xente.
Todo isto máis as experiencias que vivimos neste instituto é o que nos formou coma as persoas que somos hoxe en día.

Deixaremos este blog en mans dos alumnos que se matriculen o ano que vén nesta materia para que continúen a nosa labor literaria-filosófica.


(Artigo de Sara Da Silva e Lucía Cameselle)


Escribe o teu comentario (0) - Categoría: Novas do Instituto - Publicado o 05-06-2012 20:14
# Ligazón permanente a este artigo
Cara o próximo curso...




Escribe o teu comentario (0) - Categoría: Novas do Instituto - Publicado o 29-05-2012 23:00
# Ligazón permanente a este artigo
Son os premios un estímulo para o estudo?
Onte foron entregados os Premios Extraordinarios de Bacharelato concedidos pola Xunta ós alumnos co mellor rendemento no curso 2010-11 e Carmen Zalvide Rodríguez, antiga colaboradora de O clube das ideas, recibiu un deles.

Cunha nota media de 9,3 situase entre os 38 alumnos de mellor expediente en Galicia e entre os 15 mellores no conxunto do Estado, por iso obtivo tamén un dos Premios Nacionais do Ministerio de Educación.

Os Premios Nacionais de bacharelato convocanse tódolos anos co obxecto de recoñecer o esforzo e o traballo de alumnos e alumnas cun rendemento académico excelente. Para optar a eles é preciso obter con anterioridade o Premio Extraordinario da administración educativa autónoma correspondente. Así que os nosos parabéns a esta compañeira que foi premiada en Galiza e no Estado español.

Son os premios un bo incentivo para o estudo?

Recibiches nalgunha ocasión algún premio?

Convén premiar as boas calificacións?






Escribe o teu comentario (22) - Categoría: Novas do Instituto - Publicado o 23-02-2012 22:17
# Ligazón permanente a este artigo
O IES Álvaro Cunqueiro contra os recortes
Hoxe as nosas compañeiras e compañeiros da ESO fixeron unha cadea humana en sinal de protesta contra os recortes aplicados pola Xunta no ensino público.

Tivo lugar ás 11:45 da mañá no patio de recreo.
A organización foi levada á cabo por eles mesmos e todo transcorreu con normalidade dando mostras de gran civismo.

Fai click aquí e mira a reportaxe gráfica



Escribe o teu comentario (0) - Categoría: Novas do Instituto - Publicado o 18-11-2011 13:05
# Ligazón permanente a este artigo
Camiñante non hai camiño, faise camiño ó andar.
Chegou o remate do curso. Ó longo de dez meses estivemos con todos vos compartindo este espazo virtual. Nós, os administradores do blog, alumn@s de 2º de Bacharelato dámosvos as grazas a tod@s os que nos visitáchedes e colaborástedes cos vosos comentarios e opinións.

Ó longo de todo este tempo a nosa tarefa consistiu nunha continua busca de ideas , botándolle moita imaxinación , e co compromiso de ter os artigos feitos na data fixada para a súa publicación.


Agora, xa no remate do curso, é moi agradable ver como todo ese traballo acabou por configurar un espazo cultural no que se poden observar a gran diversidade de artigos que fomos creando pouco a pouco. Cremos que é un bo método de traballo , xa que nunca estabamos sen nada que facer. As tarefas que debiamos desenvolver eran moitas: buscar información e contrastala, redactar os artigos, corrixir a ortografía e a expresión, elaborar o comentario crítico persoal, etc.

Desexámosvos moi boa sorte
a todos os que collades o relevo o ano que ven.

BOA SORTE RAPACES ¡



Escribe o teu comentario (0) - Categoría: Novas do Instituto - Publicado o 03-06-2011 22:26
# Ligazón permanente a este artigo
Apagha a lus
Ímosvos presentar APAGHA A LUS, isto é, unha revista feita exclusivamente por alumnos do centro, e na que participan algúns mestres tanto na redacción coma nos artigos, xa sexan en forma de entrevista, narrativa ou artigos de opinión.

Funny Pictures


Inclúe temas relacionados coa adolescencia, ese duro período polo que todos temos que pasar. Outros son de carácter educativo e de actualidade: música, críticas, redes sociais, deportes, amores adolescentes, etc. A meirande parte dos artigos publicados son orixinais e cun compoñente crítico moi interesante, mostra opinións moi variadas e de grande interese xuvenil.

Conta cun apartado especial para o nivel de 2º de Bacharelato, neste caso as notas medias de corte da selectividade para poder acceder á Universidade, clasificadas por carreiras, aínda que tamén inclúe os Graos para aquelas persoas que non están interesadas en facer unha diplomatura ou licenciatura.

Contén unha serie de historias e relatos para entreter as vosas mentes, para facer voar esa imaxinación que todos algún día tivemos pero que deixamos atrás para afrontar aquel gran paso do crecemento e da maduración, xa que a imaxinación é considerada como cousa de nenos. Pois eles, como persoas adultas xa, xogan a facer voar a vosa imaxinación, a facervos rir coas súas historias e anécdotas e sobretodo facervos pasar un bo anaco lendo e aprendendo con eles.
Aínda que parece non ser unha revista de todo libre, pois ao pasar por unha selección moitos artigos quedan atrás, coma o artigo "O profesor máis atractivo do instituto", no que os enquisados eran os alumnos, pois.... foi censurado. Alguén considerou que era mellor non incluílo. pero.... non estamos acaso nun país libre no que a libre expresión é sinal de identidade da nosa democracia?.


Parabéns a tod@s aqueles compañeir@s que a fixeron posible!!


Se queredes opinar sobre o seu contido,
enviade un comentario.



(Artigo de O Clube das ideas)

Escribe o teu comentario (19) - Categoría: Novas do Instituto - Publicado o 02-05-2011 23:26
# Ligazón permanente a este artigo
A caverna de Platón
O día 2 de marzo,
imos visitar
A caverna de Platón
.




Platón érguese da súa tumba máis de dous mil anos despois de morto e atópase ante un gran pesadelo. A caverna que el mesmo describiu como exemplo do peor e máis decadente do ser humano tense realizado e consumado no aparato do televisor... Amigos! tras máis de vintecinco séculos de historia, de novo, ante nós, máis real que nunca... A caverna de Platón!!!

Día: 2 de marzo
Hora: Saída do centro ás 9:20, chegada ás 12:30
Lugar: Verbum

Enlaces de interese:
O teatro resoante
Aqui podedes ver un trailer da representación.

Xa vos contaremos as nosas impresións !!



Escribe o teu comentario (23) - Categoría: Novas do Instituto - Publicado o 24-02-2011 17:48
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal
Licencia Creative Commons