O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

A ciencia tamén interesa ás mulleres
O acelerado avance científico e tecnolóxico foi un dos rasgos característicos do século pasado pero, cal foi o papel da muller neste proceso?, gue obstaculiza actualmente a relación das mulleres coa ciencia?.

Ao longo da historia da humanidade, existiron grandes mulleres que favoreceron ao avance de moitos campos do saber: ciencia, tecnoloxía, historia... as mulleres contribuiron de forma notable ao coñecemento. Sen embargo, cando se fala de mulleres e ciencia o primeiro no que se pensa é na súa pouca presenza na historia, por iso, habería de reescribir a historia para recuperar do olvido aquelas científicas que foron silenciadas ou mantidas na sombra dos seus compañeiros científicos polo mero feito de non ser homes.

Un claro exemplo é o de Rosalind Franklin (1920-1958): as súas fotografías de difracción de raios X foron claves para que Watson e Crick poidesen propor o modelo de dobre hélice do ADN, co que obtiveron o Premio Nobel en 1962; sen embargo, a contribución de Franklin non tivo ningún recoñecemento ata a publicación da súa biografía (1975). Como ela Trótula de Salerno, Annie Russell Mauder ou moitas outras.

A historia pon de manifesto como as oportunidades das mulleres cambiaron co tempo. A creación das universidades europeas (s. XII-XV) reduciu as oportunidades, xa que estaban vetadas: nas suizas non foron aceptadas ata a década de 1860, nas inglesas ata 1870, nas francesas ata 1880 e nas alemanas ata 1890. As academias científicas tardaron aínda máis en admitir ás mulleres.

Nos nosos días xa non se pode falar de exclusión das mullerers das universidades; non obstante, existen aínda mecanismos sutís e implícitos que contribuen a manter a marxinación da muller:

En primeiro lugar, debería plantearse se a muller chega á educación superior nas mesmas condicións ca os homes: os diferentes xoguetes que se lles dá aos nenos e ás nenas, a idea arraigada de que o papel da muller está restrinxido ao fogar, os prexuízos inconscientes que desalentan ás nenas de estudar ciencias por ser cousa de homes...

En segundo lugar, asócianse aos homes características como a racionalidade, o emprendemento, a competividade, ou a agresividade, necesarias para ter éxito nunha carreira científica; pero ditas características veríanse inadecuadas nunha muller.

Por último está a discriminación xerárquica, pola cal investigadoras capaces e brilantes son mantidas en niveis inferiores nas escala da comunidade científica. Aínda en campos onde a participación da muller parece alta, pódese descubrir que son marxinadas. O MIT admitiu nun documento publicado en 1999 que, sen desexalo, discriminara ás mulleres. A UNESCO admite desigualdade entre homes e mulleres dedicados a investigación. A Comisión das Comunidades Europeas encontra que as mulleres obteñen case o 40% de tódolos postdoctorados, pero só o 15% das investigadoras europeas son mulleres.


Coñeces mulleres ilustres no terrreo da ciencia?

Cales son as causas que dificultan hoxe tanto o ingreso como a carreira científica das mulleres?

Que acción habería que emprender para conseguir a igualdade entre homes e mulleres neste asunto?



(Artigo de Marta Palomanes)


Escribe o teu comentario (17) - Categoría: Muller - Publicado o 15-01-2017 10:50
# Ligazón permanente a este artigo
As mulleres brasileiras loitan pola igualdade



"1. Toda persoa ten dereito ao traballo, á libre elección do seu traballo, a condicións equitativas e satisfactorias de traballo e á protección contra o desempleo.

2. Toda persona ten dereito, sen descriminación algunha, a igual salario por traballo igual.

3. Toda persoa que traballa ten dereito a unha remuneración equitativa e satisfactoria, que lle asegure, así como a sua familia, unha existencia conforme á dignidadade humana e que será completada, en caso necesario, por calesquera outros medios de protección sociais.

4.Toda persoa ten dereito a fundar sindicatos e a sindicarse para a defensa dos seus intereses."


(Declaración universal dos dereitos humanos. Art.23)



As mulleres partidoras de cocos tamén coñecidas como as quebradeiras adicanse a recolectar o que cae das palmeiras aproveitando a semilla, a cáscara e as follas. Con este traballo viven moitas familias. Moitas delas viven en asentamentos fundados por escravos e a mayoria non teñen dereitos de propiedade sobre a terra onde recolectan.

Localízanse repartidos polos estados máis pobres de Brasil como os estados de Piauí, Tocantins, Maranhao e Pará.

Ao longo de moitas xeracións este estilo de vida viuse amenazado pola deforestación, a agricultura, a ganaderia e as operacións mineiras. E aínda agora o goberno non considera importante esta actividade dende un punto de vista económico.

O goberno brasileiro está apoiando actualmente actividades económicas relacionadas cos biocarburantes, a minería e outras actividades a gran escala. Frente a esta situación, estas traballadoras crearon un movemento para defender os seus dereitos tamén decideron controar mediante cooperativas todo o proceso dende a recolección hasta a venta do produto rematado.



Segundo un dos obxetivos previstos para lograr a igualdade de xénero, os Gobernos comprometeranse a levar a cabo reformas que concedan as mulleres igualdade de dereitos sobre os recursos económicos, e que tamén permitan poseer e controlar terras.

Está previsto que se aprobe e lles sirvan de apoio na sua loita por conseguir unha lei federal para protexer a palmeira e darlles acceso aos bosques de babasú, con independencia de quen sea o propietario das terras. A cadea de producción do babasú é unha maneira de reducir a pobreza, erradicar o hambre, garantizar unha vida sa e xestionar os bosques de forma sostenible.

Nas últimas décadas ocurriron importantes modificacións na inserción da muller no mercado de traballo, cun forte aumento de mulleres na poboación economicamente activa, que representaba a fines dos anos oitenta o 35% da forza laboral brasileira. A sua tasa de participación económica hoxe en día é máis alta pero só un 54% do salario dos varons.

(Artigo de Raquel Amoedo)


Escribe o teu comentario (19) - Categoría: Muller - Publicado o 07-03-2016 22:29
# Ligazón permanente a este artigo
Cuestión de dignidade
“Todos os seres humanos nacen libres e iguais en dignidade e dereitos e,dotados como están de razón e conciencia,deben comportarse fraternalmente
os uns cos outros”
.

(Declaración Universal dos Dereitos Humanos, art. 1)


Isto é o que di o artigo 1 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, pero esa teoría está moi lonxe de facerse realidade. Neste artígo ímonos referir a un colectivo que durante moito careceu dese dereito, referímonos as mulleres. A vida humana sempre estivo asentada nunha sociedade patriarcal. Os homes, durante todas as etapas da historia, a idade antiga, a idade media, a idade moderna e incluso agora, na idade contemporánea, foron considerados superiores tanto econonómica como xurídicamente. Se todos os seres humanos nacen iguais en dignidade e dereitos, por que isto non e así na actualidade? Por que moitas mulleres séntense oprimidas? Por que cada vez danse máis casos de violacións ou de agresións e as veces replantease se foi culpa da muller?

Moitas personas din que o feminismo é un invento das mulleres para conseguir máis dereitos cos homes, cando en realidade é unha loita que leva facendo a muller durante moitos anos para poder alcanzar a igualdade e o recoñecemento dos seus dereitos ante o home.

No Dicionario Ilustrado da Lingua, o feminismo é definido como “Doutrina social que concede á muller igual capacidade e mesmos dereitos que ós homes.” A propia definición incurre naquelo contra o que o feminismo loita: considerar que a suprema mellora é elevar á muller á categoría do home como ser modélico, e suprimir ou disimular calquera imaxe da muller que a presente como ser activo, dona da súa propia loita.

O 26 de agosto de 1789 promulgábase a Declaración dos Dereitos do Home e do Cidadán que viña a recoller e desenvolver o lema da Revolución francesa (Liberté, égalité, fraternité) e que, posteriormente, inspiraría a actual Declaración Universal dos Dereitos Humanos (10 de decembro de 1948), pero Olympe de Gogues non estaba de acordo cas redacción desta declaración que excluía ás mulleres polo que decidiu redactar a Declaración dos Dereitos da Muller e da Cidadá, que é un dos primeiros documentos históricos que propón a emancipación feminina no sentido da igualdade de dereitos ou a equiparación xurídica e legal das mulleres en relación ós varóns.

Gran parte das costumes sociais e a evolución política das sociedades non terían lugar de non ser polos grandes esforzos, reflexións e reivindicacións das mulleres. O que o movemento feminista buscou ao largo da historia foi a igualdade entre os homes e as mulleres, que sexan consideradas persoas xurídicas cos mesmos dereitos e obrigas que os homes. Os dereitos que reivindican son: a integridade física, o traballo, a educación, a cultura, a unha vida sexual e reproductiva plena e sá, a conservar os ingresos, a acceder ao dereito de propiedade e aos créditos bancarios e o máis importante de todas, a ser tratadas con dignidade.


Se nos poñemos na situación da muller nos países árabes, ou en moitos países asiáticos como a India ou China, comprobaremos que está claramente infravalorada. Se falamos da muller en Arabia Saudita, esta ten escasos dereitos, está sometida a unha sociedade patriarcal terrible na que é utilizada e tratada como un obxecto. A mentalidade tradicional instaurou a idea de que a muller precisa dun cuidador, sexa o seu pai, marido, irmá ou fillo, non admiten que sexa dona da súa propia persoa é válese por si misma.

A pesar de todolos esforzos, aínda queda un longo e penoso camiño por recorrer, pois son moitos os que non comprenden que homes e mulleres temos os mesmos desexos e necesidades. Ata que a mentalidade acerca destes temas non cambie, a situación seguirá igual.



(Artigo de Sara Muñíz)


Escribe o teu comentario (18) - Categoría: Muller - Publicado o 07-03-2016 22:18
# Ligazón permanente a este artigo
A maternidade, un dereito ou un deber?
MATERNIDADE :Dícese do estado ou calidade de madre”. Así nolo di o diccionario aínda que tamén é un vínculo biolóxico, psicolóxico e espiritual de unha nai co seu fillo.

A maternidade, é un dereito que teñen todas as mulleres ao longo da vida, pero non podemos considerala unha obriga. Polo tanto é unha capacidade que temos as mulleres pero o seu desenvolvemento depende da nosa libre decisión.
Hai paises, cómo por exemplo China, onde a maternidade, está moi controlada polo estado, xa que permiten ter só un fillo por familia, debido á superpoboación. No caso de que o primero fillo sexa unha nena, o estado permíte ter un segundo fillo para que este sexa varón. En outras circunstancias, cando unha zona está despoboada o Estado convence ao sexo femenino de diversas maneiras para que teñan fillos e rexenerar a poboación.

A función natural da muller foi considerada de diferentes maneiras ao longo da historia. Na actualidade existen diferentes tipos de maternidade:

1-A maternidade tradicional, un matrimonio ou mesmo unha parella sen necesidade de estar casados, de forma natural enxendran ao seu futuro fillo.
2-A maternidade subrogada na que unha muller que acepta, por acordo, quedar embarazada co obxetivo de enxendrar e dar a luz un neno que será criado como fillo propio por unha parella ou por unha persoa solteira.
3-Maternidade subrogada con donante de óvulos. A esta opción recórrese tamén cando a muller é infértil, pero non desexa que a nai subrogada teña vínculos biolóxicos co bebé. Nestos casos búscase unha donante, polo xeral, as parellas buscan persoas con certas similitudes físicas, información sobre o seu coeficiente intelectual, idade, historial médico xeneral ou se foi ou non donante con anterioridade. O procedemento non é o mesmo que no da maternidade subrogada xestante, neste caso o óvulo é dunha donadora.


Grazas o avance da ciencia e as investigacións neste terreo, podemos observar que o soño de ser nai pódese cumplir, aínda que a “natureza non cho permita”, a ciencia sempre axúdanos a resolver moitos dos nosos problemas.
Estes métodos de maternidade, está probado que son eficaces, e que o proceso de xestación lévase a cabo sen moitas complicacións. Aínda así, hai un problema: o seu custo

En EEUU e algúns países europeos o sistema de pago remunerado das nais subrogadas inicianse logo de que se escoite por primeira vez o latido do corazón do bebé e faise de forma mensual ata que chega o día do parto. Tamén pódese requerir pagos extra por cada bebé adicional, se se trata dun embarazo xemelar ou múltiple. Para os pais biolóxicos o custo dunha nai subrogada pode rondar entre 50.000 e 100.000 euros.

Esa é unha das maiores desvantaxes deste método de maternidade, xa que aínda que moitas mulleres sintan o desexo de ser nais, non todas teñen o poder económico necesario para poder someterse a fecundacións in vitro ou tampouco teñen o diñeiro necesario para poder pagarlle a unha nai de alquiler.
Espero que co paso do tempo, a fecundación in vitro, e os métodos de ter fillos, melloren, e mesmo abaratense os prezos, para que todas esas mulleres que desexan ter fillos, e non teñan medios para poden pagar estos métodos, podan cumplir o seu soño de ser nais, sen ter que recurrir a procesos como adoptar etc.

(Artigo de Tamara López Villar)


Escribe o teu comentario (8) - Categoría: Muller - Publicado o 19-02-2014 12:29
# Ligazón permanente a este artigo
Sen mulleres non hai historia
O Día Internacional da muller orixinalmente chamado Día Internacional da Muller Traballadora, celébrase o día 8 de marzo e está reconocido pola ONU. Neste día conmemórase a loita da muller pola súa participación en pe de igualdade co home na sociedade e no seu desenvolvemento integro como persoa. É festa nacional nalgúns países.








Escollemos unha ilustración
de Luís Seoane para este artigo:
As mariscadoras (1969)








A idea dun día internacional da muller xurdiu ao final do século XIX, en plena revolución industrial e durante o auxe do movemento obreiro.
O día 27 de setembro de 1909 as empregadas e empregados do sector textil protagonizaron unha folga no East Side de Nueva York, participaron máis de 20.000 obreiros, na maior parte mulleres. Durante esas 13 semanas padeceron fame, ataque de esquirois, detencións (máis de 600), despidos... pero conseguiron as peticións reclamadas. Con anterioridade o 8 de marzo convocouse unha manifestación esixindo melloras das condicións de traballo para as mulleres emigradas e a abolición da explotación infantil así como o dereito ao voto feminino. Estes feitos fan que en 1910, Clara Zetkin propoña no seo dunha Conferencia en Copenhague institucionalizar esa data como día internacional reivindicativo.

A Declaración dos Dereitos da Muller e da Cidadá é un texto redactado en 1791 por Olympe de Gouges parafraseando a Declaración de Dereitos do Home e do Cidadán. É un dos primeiros documentos históricos que propón a emancipación feminina no sentido da igualdade de dereitos ou a equiparación xurídica e legal das mulleres na relación cos varones.

Algúns dos Artigos da Declaración:
I - A muller nace libre e permanece igual ao home en dereitos. As distincións sociais só poden estar fundadas na utilidade común.
VI - A lei debe ser a expresión da vontade xeral; todas as Cidadás e Cidadáns deben participar na súa formación personalmente ou polo medio dos seus representantes. Debe ser a mesma para todos; todas as cidadá e todos os cidadáns, por seren iguais ós seus ollos, deben ser igualmente admisibles a todas as dignidades, postos e empregos públicos, segundo as súas capacidades e sen máis distinción ca das súas virtudes e os seus talentos.
VII - Ningunha muller se atopa eximida de ser acusada, detida e encarcelada nos casos determinados pola Lei. As mulleres obedecen como os homes a esta Lei rigurosa.
IX - Sobre toda muller que fora declarada culpable caerá todo o rigor da Lei.
X - Ninguén debe ser molestado polas súas opinións incluído as fundamentais; se a muller ten o dereito de subir ó cadalso, debe ter tamén igualmente o de subir á Tribuna con tal que as súas manifestacións non alteren a orde pública establecida pola Lei.
XV - A masa das mulleres, agrupada coa dos homes para a contribución, ten o dereito de pedir contas da súa administración a todo axente público.

Esta declaración reclamaba un trato igualitario: dereito ao voto, propiedade privada, educación, o exército, Iglesia, a familia e poder exercer cargos públicos.

Símbolos desta loita reivindicativo son as cores. Sylvia Pankrust cóntanos como a cor morada clara foi adoptada polas sufraxistas inglesas en 1908, xunto con outras, coma símbolo da súa loita. Estas loitadoras polo dereito ao voto escolleron o morado, o verde e o blanco. O primeiro inspirabase na cor da nobleza inglesa, o blanco simbolizaba a pureza da loita feminina e o verde a esperanza da vitoria. Varias feministas adoptaron a cor lila coma unha nova síntesis entre as cores azul e rosa.

Máis información: Recursos didácticos / Artigos de opinión.

(Artigo de Yanira López Lorenzo)


Escribe o teu comentario (22) - Categoría: Muller - Publicado o 06-03-2012 12:15
# Ligazón permanente a este artigo
NINFA DAS FRESCAS AUGAS
Meniña a máis fermosa
a que a luz do sol alumbrara
estrela da mañanciña
en puras tintas se baña

.......



¿Quén eres fada sen nome,
De tan dormentes miradas,
De tan dorida sonrisa
Feituriña tan cándida?

¿Quizáis de muller nacestes,
Sendo tan limpia e tan casta?
Quizáis das brisas da tarde
Ou das brétemas vagas..
...



Música: Roi Casal
Letra: Rosalía de Castro, Poema XXVI de Cantares Galegos



As ninfas (νύμφη significa ‘noiva’)
son seres máxicos procedentes das forzas da natureza.
O fogar das ninfas está nas montañas e arboledas,
nos manantiais e ríos, nas frías grutas.
A súa condición de seres máxicos procedentes da naturaleza,
convértenas en defensoras dos bosques, lagos, ríos e océanos.


Escribe o teu comentario (3) - Categoría: Muller - Publicado o 18-11-2009 18:57
# Ligazón permanente a este artigo
Pensamentos.
Aceituneras. Pintura de Zabaleta

"Hai mulleres que loitan un día e son boas; hai outras que loitan un ano e son mellores. Hainas que loitan moitos anos e son moito mellores. Pero hainas que loitan toda a vida..... e estas son imprescindibles"


(Bertold Brecht)




¿A que MULLER recordas hoxe?





Escribe o teu comentario (14) - Categoría: Muller - Publicado o 03-03-2009 22:15
# Ligazón permanente a este artigo
Mais NENAS que NAIS
Un embarazo non desexado na adolescencia pode ser un drama, e marcar para sempre o futuro dunha rapaza que antes de deixar de ser nena convírtese en nai .




O número de embarazos en nenas menores de 15 anos aumentou un 76% entre 2001 e 2005, segundo as estatísticas que se posúen. Nese último ano preto de 600 adolescentes afrontaron unha xestación e case oito de cada dez abortaron voluntariamente por risco na súa saúde física e psíquica.

A taxa de embarazos en adolescentes foise incrementando cada ano e de forma máis acusada entre as máis pequenas. En 2005, últimos datos dispoñibles, 153 nais menores de 15 anos tiveron o seu primeiro fillo, segundo datos do INE. Ademais, outras 423 nenas desas idades interromperon voluntariamente o embarazo en 2005, un 97% máis cás 214 que o fixeron en 2001.

Xestacións tan precoces como o caso da pequena de Ponferrada de 11 anos que investiga a Fiscalía de Menores desa cidade son excepcionais. A maioría quedaron embarazadas ós 14 anos.

Por comunidades, as cifras máis altas de interrupción voluntaria déronse en Andalucía, con 112 casos, Cataluña e Madrid, con 52 cada unha delas, Canarias, 41 e Comunidade Valenciana, con 39.

A realidade é que está descendendo a idade en que os menores se inician no sexo –ao redor dos 16 anos– e enfróntanse a un embarazo.


¿Discutíuse o tema da sexualidade na túa casa?

¿Cal é a túa opinión sobre o asunto?



Escribe o teu comentario (27) - Categoría: Muller - Publicado o 17-01-2008 11:32
# Ligazón permanente a este artigo
Ante a violencia de xénero.........tolerancia cero
Malo, malo, malo eres
Non se dana a quen se quere non
Tonto, tonto, tonto eres
Non te penses mellor cas mulleres

.......

BEBE; Malo


O 25 de novembro conmemórase o Día Mundial contra a Violencia de Xénero. No que vai de ano morreron por esta causa en España 69 mulleres. A violencia está cada vez mais presente no conxunto da sociedade, estamos mesmo acostumándonos a ela. O maltrato doméstico contra as mulleres non para de aumentar, o número de mortos polas súas parellas pon ó descoberto unhas relacións asimétricas de poder e desigualdade.

Dende aqui,
hoxe recordamos a Daniel Oliver,
estudante de 23 anos que perdeu a vida
en Valencia ó 17 de outubro
ó intentar defender a unha muller do seu agresor.


Estamos convencidos de que a violencia non é unha cousa natural senón aprendida, e polo tanto se pode modificar. Habería que educar os afectos, para así frear a violencia, desenrolar esa habilidade, as veces esquecida, chamada intelixencia emocional que nos permita manexar os sentimentos e guiar os nosos pensamentos e accións na dirección axeitada.



Escribe o teu comentario (11) - Categoría: Muller - Publicado o 25-11-2007 17:52
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Licencia Creative Commons