O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

A SOCIEDADE



Moitos son os que afirman que os seres humanos somos seres sociais, que necesitamos vivir xuntos. Nacemos absolutamente indefensos e o periodo de crianza é moi longo, o que crea lazos familiares moi profundos e responsabilidades recíprocas.

O individuo non pode vivir só, e as familias tampouco. Por iso sempre se agruparon en tribus, construiron poboados e cidades cada vez máis grandes, formaron reinos, nacións e Estados. Pasamos das primeiras sociedades recolectoras ás agrarias, e de ahí ás artesanais e as sociedades modernas industriais.

Deste xeito surxíu a Política como a acción orientada á organización e o goberno da vida social. Primeiro foi unha arte (Aristóteles) e despois unha ciencia (Maquiavelo).


¿Serías capaz de comentar algún dos conceptos do esquema anterior?



Escribe o teu comentario (25) - Categoría: Socioloxía - Publicado o 01-11-2008 19:04
# Ligazón permanente a este artigo
A MIÑA ESTÉTICA É . . . . . A MIÑA ÉTICA
A contracultura é un movemento de rebelión contra a cultura hexemónica, que presenta un proxecto dunha cultura e unha sociedade alternativas. Exemplos de manifestacións contraculturais son os seguintes:



SKINHEAD: movemento xuvenil orixinado en Gran Bretaña nos anos 60. Orixinariamente pertencían á clase media e proletaria. Moitos de eles eran apasionados do fútbol e convertéronse en hoolligans. Outros dedicábanse a pelexar nas rúas. Algùns asocian ó movemento skin a ideoloxía nazi e cren na supremacía do home branco.

GÓTICOS: Movemento que xurdíu en Reino Unido entre o 70 e 80. Teñen unha estética propia centrada na cor negra e a súa maquillaxe resalta a palidez do rostro. A súa vestimenta está inspirada no Renacemento e xeralmente predominan as cores oscuras. Na música tenden a sons dark (ou oscuros). A cotío, a ideoloxía gótica é de natureza apolítica, baseada moito máis na estética que en ideais éticos ou políticos claramente definidos. As súas preferencias van dende o anarquismo a o liberalismo social.

RASTAS: A maioría son africanos ou xamaicanos. O movemento estendeuse por todo o mundo grazas a Bob Marley.
Aspecto físico: peinado rasta, barba larga (para demostrar devoción).
Gastronomía: son vexetarianos.
Música: reggae.
A diversidade das sectas que engloba esta relixión teñen un punto en común: a crenza de que Ras Tafari Makkonen é a reencarnación do Deus Bíblico: mesías negro que levará os pobos africanos no exilio de novo a súa terra prometida, Zion.


A estes tres exemplos habería que engardirlle algúns mais: Hippies, Punk, Hip-Hop...


¿Presentan estes grupos algún modelo de sociedade alternativo?

¿Que valores defenden?



Escribe o teu comentario (12) - Categoría: Socioloxía - Publicado o 29-01-2008 11:15
# Ligazón permanente a este artigo
Tantas culturas como pobos

Os códigos e valores morais presentan unha enorme diversidade según os diferentes contextos culturais nos que se presentan. Aquí tedes algúns exemplos:


·ESQUIMAIS. Este termo foi aportado polos Algonkinos (habitantes do norte de Alaska) e significa "comedores de carne crúa", facían iso para reducir o tempo de preparación dos alimentos. Éstes visten peles de foca có pelo cara dentro, recubertas con pel de oso ou raposo, que as mulleres mascan cós seus dentes e curten con orina.

·IANOMANI. Étnia da amazonia venezolá. Os varóns abusan físicamente das súas mulleres. Esperan que estas lles sirvan a eles e os seus hóspedes e respondan axiña e sen protestar as súas esixencias. Se unha muller non obedece con prontitude o marido podelle pegar un pao, darlle un golpe coa macheta ou aplicarlle unha brasa incandescente nun brazo

·Na PENÍNSULA IBÉRICA. Dende fai tempo celébrase a noite de San Xoán. Esta noite, que coincide co solsticio de verán, é de gran poder e maxia, na que fadas e deidades da natureza andan soltos polos campos.
Na antigüedade críase que o sol non volvería ó seu explendor total xa que a partir desa noite os días son cada vez máis curtos; por isto, fogatas e ritos de lume iniciábanse para simbolizar o poder do sol e axudarlle a renovar a súa enerxía.
A xente baila e salta ó redor do lume para purificase e protexerse de influencias demoníacas, tamén para pedir a fecundidade da terra e dos homes.

·MACEDONIOS. Miraban ben que as mozas foran amadas e se deitaran con homes antes de casar,en cambio, cando xa estaban casadas víase mal. Para os gregos esta mal visto tanto unha cousa coma outra.



Escribe o teu comentario (10) - Categoría: Socioloxía - Publicado o 09-12-2007 23:30
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal
Licencia Creative Commons