O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

O desemprego tecnolóxico.
A Primeira Revolución Industrial iniciouse en Inglaterra entre os anos 1760 e 1860. O país dispoñía da materia prima precisa, dun réxime político distinto a toda Europa continental e dunha forte tradición mercantil. Caracterizouse pola mecanización da industria e da agricultura así como polo notable aumento do dominio capitalista en toda a actividade económica.

Debido a unha serie de innovacións técnicas que se deron durante a revolución industrial e á incorporación de máquinas na producción, substituíuse o traballo manual dos talleres artesanais con un escaso número de traballadores pola produción industrial en fábricas onde máquinas e obreiros eran explotados polo capital.

A burguesía era a clase social dominante e controlaba as fábricas onde o proletariado traballaba de 15 a 17 horas diarias por un soldo mísero.

Debido á incoporación nas fábricas de máquinas que podían facer o traballo de varias persoas á vez, o desempleo aumentó consideralemente. En novembro de 1811 naceu e adquiriu un importante recoñecemento o movemento obreiro coñecido como Ludismo como resposta violenta ao crecimiento do paro. As condicións laborais e os baixos salarios levaron aos obreiros a unha revolta espontánea. Ían contra os instrumentos de producción, xa que os consideraban os causantes do problema.

O sistema capitalista de libre mercado vixente, na lóxica de reducir os costos de producción (incluíndo os costos de traballo) para aumentar as ganancias, substituirá o traballo humano, sempre que sexa posible, por maquinaria automatizada.

Botando unha ollada atrás, en 1949, no sector agrícola de Estados Unidos as máquinas facían o 6% da colleita de algodón. En 1972 o 100% da colleita era feita de forma automatizada. Cando esta automatización golpeou o sector manufacturero dos Estados Unidos, 1'6 millóns de traballos manuais perdéronse en 9 anos.

Este sistema deixa polo camiño postos de traballo costosos para o empresario. Unha simple máquina despacha o ticket do bus, tren ou metro. O coste de dito artefacto pode supoñer o soldo dun ano dun traballador, pero a medio e longo prazo para a empresa a comodidade da máquina supón un gran aforro en soldos e de paso un recorte sindical importante. Carrefour, Citroën, Alcampo ou Audasa son algunhas das moitas empresas que xa contan cunha plantilla de máquinas de cobro, robots de montaxe e caixas automáticas.

Mentras os políticos, líderes empresariais e líderes sindicais discuten sobre temas que, según alegan, son os responsables do crecente desemprego no mundo, tales como a subcontratación de compañías estranxeiras ou o traballo de inmigrantes, a verdadera causa non está sendo tratada no debate público:
o desemprego tecnolóxico
.
Wassily Leontief, Premio Nobel de Economía 1973


Despois de todo, unha máquina non precisa tomar descansos, ter seguro médico, prestacións ou pertencer a un sindicato.



Onde está o novo sector emerxente para dar emprego a todos os novos traballadores desprazados?

(Artigo de Marina Gómez Marchante)

Escribe o teu comentario (18) - Categoría: Socioloxía - Publicado o 28-02-2015 13:26
# Ligazón permanente a este artigo
Corpos moldeados, mulleres e homes sometidos.
Falamos de vulnerabilidade cando nos referimos á condición de indefensión na que se pode atopar unha persoa, grupo ou comunidade. A pregunta que queremos plantexar é a seguinte: somos vulnerables ós medios de comunicación? Aféctanos de modo inconsciente os prototipos que lanzan de corpos ideais e perfectos?

O termo mass-media (medios de comunicación de masas) indican os instrumentos que permiten unha difusión colectiva dos contidos a calquera individuo ou colectivo, dende a televisión ou redes sociais a un libro ou prensa.Hai quen ve en eles, como preocupación, un poderoso instrumento de homoxeneización cultural, do aplastamento xeral a base de lugares comúns, da pasividade e da ausencia do sentido crítico. Trátase dunha realidade que hai que dominar e guiar coa competencia e sabedoría para que sirva ó home e á comunidade humana.

Se ben non eres quen de tratar ben esta realidade, é aquí onde podemos falar dun ser vulnerable. Os medios a miudo difunden por exemplo imáxenes de mulleres físicamente “perfectas”, o chamado “90-60-90” polas cales, no ámbito feminino moitas mulleres do século XXI vénse afectadas por este tipo de difusións, xa sexa polas tecnoloxías que utilizan para esterilizalas e dar unha imaxen perfecta como os mensaxes subliminais que poden lanzar.

A coordinadora humanitaria colombiana Diana Britto Ruíz déixanos nun artigo co título “Esa chica tonta”: cuerpos moldeados, mujeres sometidas, unha reflexión acerca dos ideais de beleza feminina promovidos polo mercado e os mass-media, dando conta de datos estadísticos e informes periodísticos dos trastornos que xeneran, en términos de mortalidade e morbilidade na poboación feminina. E a miudo fáise as seguintes cuestións: Como constitúese como suxeito a muller?. Como debe ser unha muller? A educación e o moldeamento do corpo ten sentido na realidade como unha forma de control social.

Ó longo de toda a historia que nos temos idea, dende a prehistoria ata a actualidade, sempre existiu uns cánones de beleza adaptados ás diferentes épocas. Buscando información cheguei á conclusión de que o século XXI é o máis drástico en canto ao prototipo de muller "perfecta", o que quizais agora está visto como unha muller “mal formada”, “gorda”, “fea” e outras palabras fora do contexto, ó longo da historia tomábano como o fermoso dunha muller (Rubens...). Dícese que nos séculos anteriores os homes procuraban mulleres cos órganos reproductores moi marcados (peito pronunciado, ventre, cadeiras anchas…) para que á hora de dar a luz fóse menos complexo e os nenos e mulleres non morrésen no feito. Ainda que quizais eran estas mulleres as que escollían con quen formar unha familia.


Buscando algunha outra opinión sobre o tema dos estereotipos atopamos que en épocas pasadas, na antigüidade clásica:
Os gregos legáronnos a idea da belleza perfecta: homes e mulleres con músculos ben marcados, desenrolados, cintura estreita; a muller cos peitos redondeados e turxentes, cadeira redondeada; ambos con cabelos loiros (ou claros), tez blanca e ollos claros.
A realidade di que non existe o físico perfecto, nin de homes nin de mulleres. Ademáis cada un de nos ten un ideal de beleza, que se ten remembranzas dos gregos, tamén fúndese cos patróns de beleza máis actuais.


Estes modelos sociais causan as veces problemas alimenticios tanto en mulleres, como a bulimia ou anorexia, ou nos homes a vigorexia ou anorexia tamén.

Está o caso de Valeria Levitin, unha muller rusa que sufriu case toda súa vida debido á anorexia. Como ela di “Empecei por querer baixar uns kilos e agora non podo subir o necesario para estar saudabel.” Valeria Levitin, chegou a pesar con 40 anos tan só 25kilos, convertíndose así na muller máis delgada do mundo. Finalmente di así: “Cando me mudei a EEUU agás da presión da miña nai por ser delgada, ía na procura de ser aceptada na nova sociedade na que me encontraba. Quería ser como as demáis. Comecei por eliminar algúns azucres ou carbohidratos e rematou sendo un círculo vicioso do cal arrepíntome.”


O filósofo Michel Foucault explica como funcionan, en termos descriptivos, os fenómenos de consumo que promoven a delgadeza e a xuventude como características positivas, que nos conducirían a un estado de saúde, beleza e felicidade. Neste sentido, este artigo proxecta ser tanto unha aplicación da filosofía do autor francés, como "una lectura", novedosa do tema. Se ben Foucault non estudou directamente este tipo de temáticas, baixo unha contextualización das súas formulacións, tomámolo como o marco e eixe principal que nos guiará a problematizar, vincular e comprender as lóxicas que operan nos discursos de beleza física e de consumo.

(Artigo de Uxía Soliño Alonso)


Escribe o teu comentario (18) - Categoría: Socioloxía - Publicado o 12-11-2014 10:36
# Ligazón permanente a este artigo
Same Love
El término homofobia, hace referencia a la palabra fobia, (del griego antiguo Φόϐος, fobos, "pánico"). Contra hombres o mujeres homosexuales, aunque generalmente también se incluye a las demás personas que integran la diversidad sexual (bisexuales o transexuales). La homosexualidad no es ni un trastorno ni una enfermedad, sino una variante normal de la orientación sexual humana.

Homofobia, no es un término estrictamente psicológico. Se calcula que cada dos días una persona homosexual es asesinada en el mundo debido a actos violentos.


En el álbum “The Heist” encontramos una canción con un mensaje nada habitual en el hip hop. “Same love” es una canción que denuncia la homofobia en el rap y más general en la sociedad. La mayoría de las letras de hip hop tienen contenido homófobo, con insultos y expresiones que desagradan a la gente que se siente atraída sexualmente por personas del mismo sexo.

En "Same Love" Ben Haggerty (Macklemore) tenía sensaciones contradictorias respecto a si mismo, y el entorno le impedía construirse su propia identidad. Al enterarse su madre le dijo "Ben, a ti te han gustado las chicas desde antes de la guardería".

En una parte de la composición se hace referencia al matrimonio homosexual. Canta que “ningún certificado en un papel resolverá el problema, pero que es un buen lugar por donde empezar”.

Respecto a las primeras leyes sobre el matrimonio homosexual actualmente se reconoce el matrimonio entre personas del mismo sexo. Fueron aprobadas durante la primera década del siglo XXI. El 15 de octubre de 2013, quince países (Argentina, Bélgica, Brasil, Canadá, Dinamarca , España, Francia, Islandia, Noruega, Nueva Zelanda , Países Bajos, Portugal, Sudáfrica, Suecia, Uruguay) y varias jurisdicciones subnacionales de México y los Estados Unidos, permiten casar a las parejas del mismo sexo, en cambio en el Reino Unido solo se han presentado proyectos que se llevarán a cabo en 2014.





(Artigo de Andrea Barreiro)


Escribe o teu comentario (10) - Categoría: Socioloxía - Publicado o 11-02-2014 10:24
# Ligazón permanente a este artigo
O fenómeno fan.
O termo fan defínese como “admirador ou seguidor dunha persoa. Entusiasta de algo”. Pero, que é realmente ser fan de algo ou de alguén?. Como é a vida dun fan?

Normalmente, sempre que se usa o termo fan téndese a pensar nunha persoa “cun comportamento excesivo, desmesurado ou que se pasa da liña”, xa que a palabra fan arrastra desde a súa orixe connotacións negativas que fai que os membros das diversas comunidades de fans, ou fandoms, poidan sentirse incómodos. O tópico simplista e estereotipado lévanos a pensar en adolescentes, xeralmente de sexo feminino, seguidoras incondicionais e apaixoadas, pero isto non é así. O tópico fórmase a partir do descoñecemento sobre o tema, as persoas que nunca pasaron pola experiencia de ser fan non alcanzan a entender este fenómeno. Un fan é unha persoa, tanto de sexo feminino coma masculino, de calquera idade, que admira a un artista porque este lle transmite valores e sentimentos positivos. É verdade que a maioría dos fans son adolescentes, o cal se debe a que os adolescentes, ao atoparse nun período crítico de transición e formación da personalidade, son os máis propensos a ter ídolos, xa que buscan neles uns referentes persoais, pero isto non implica que todos os fans teñan que ser así.

Os fans admiran aos seus ídolos, ademais de polo seu talento, por todo o que, día a día, fan por eles. Un artista non estaría no lugar onde está se non fose polos seus fans e isto é algo que ambos saben. Os artistas e os fans son as dúas caras dunha mesma moeda. Os artistas están moi agradecidos aos seus fans, e estes, pola súa parte, están agradecidos ao seu ídolo, creándose así un sentimento de familia. Os ídolos fan aos seus admiradores sentirse orgullosos, demostrando cada día o talento no que os seus fans confían. Pola súa parte, os fans demóstranlles aos seus ídolos que están aí por eles, apoiándoos e facendo que o seu ídolo poida avanzar e ser mellor cada día. Ademais, agora, a relación ídolo-fan é moito máis accesible grazas ás redes sociais, posto que estas, ademais de reflectir e, simultaneamente, marcar as novas tendencias, permiten a emisión de mensaxes de fans cara aos seus ídolos.

“Ser fan, para min, significa estar agradecido cunha persoa, sentirte identificado con ela, que che guste o que fai, que queras vela, que ao escoitar algo sobre esa persoa, ao instante te alegre. Significa que queres e crees en algo.”


(Artigo de Lara Campañó Machado)


Escribe o teu comentario (10) - Categoría: Socioloxía - Publicado o 21-01-2014 22:50
# Ligazón permanente a este artigo
Bilingües ou monolingües?
Á capacidade dun individuo ou dunha sociedade para desenvolverse en dúas linguas denomínase bilingüismo. Estudos científicos demostran que usar dúas linguas reduce de 3 a 4 anos a capacidade de padecer Alzheimer, pois cambiar dun idioma a outro parece ser un estímulo para o cerebro de maneira que este fábrica unha especie de reserva cognitiva.



O caso dos nenos galegofalantes ou en calquera outra modalidade de bilingüismo, o feito de "falar por dous" axúdalles a desenvolver máis rápido a linguaxe que a súa vez é máis rico. Os problemas máis comúns na educación dos nenos bilingües son: mezcla de linguas, actitude pasiva fronte ao idioma alleo ao entorno, deficiencias na lectura e escritura, mais risco de sufrir tartamudez.

A linguaxe que o neno aprende mellor chámaselle linguaxe dominante. Houbo décadas no pasado nas que temíase que aprender dúas linguas, podía crear confusións no cerebro, sobre todo no casos dos nenos. As persoas adultas que falan dúas ou máis linguas son persoas multitarea capaces de procesar varias informacións ao mesmo tempo e rexeitar rápidamente os contidos irrelevantes que percibe o seu cerebro.

Hablar un segundo idioma pode cambialo todo, dende a resolución dos problemas de habilidades, ata a personalidade, case coma se se tratara de dúas persoas. Educar aos fillos de forma bilingüe é beneficioso para o seu aprendizaxe, falar dous idiomas amplia os nosos horizontes e modifica a forma na que pensamos. Según algúns estudios, os valores, a personalidade, os recordos, poden cambiar segundo o idioma que esteas falando. É casi coma se un cerebro bilingüe fose o fogar de dúas mentes separadas, todo o cal pon de relevo o papel fundamental da linguaxe nos pensamentos humanos.

A decisión de criar aos fillos falando dous idiomas sempre xerou controversia entre os pais. Os educadores advertían que isto podía confundir ao neno facéndolles non poder aprender o idioma correctamente. No mellor dos casos, pensaban que o neno convertiríase nun "aprendiz de todo e mestre de nada", sospeitábase que podía obstaculizar outros aspectos no desenvolvemento dando como resultado, un baixo coeficiente intelectual. No nosos días eses temores parecen inxustificados.

En realidade, a xente bilingüe tende ter un vocabulario lixeiramente máis pequeno en cada idioma falado, e as veces, son máis lentos para chegar á palabra correcta e nomear os obxectos. Sen embargo, os estudos realizados por Elizabeth Peal y Wallace Lambert, da Universidade McGill de Montreal,(Canadá 1960) descubriron que a capacidade de falar dúas linguas non impedía o desenvolvemento xeral, polo contrario, os nenos bilingües superaban aos monolingües en 15 tests verbais e noutros non verbais, e que son outros factores como o estatus socioeconómico e a educación os que afectan ao rendemento. A pesar de que o fío da investigación sobre os beneficios do bilingüismo seguiu o seu curso, a maioría dos investigadores e educadores continuaron aferrándose ás vellas ideas. Só nos últimos anos o bilingüismo recibiu a atención que merece.

Segundo a teoría popular, os bebés nacen como "cidadáns do mundo", capaces de discriminar entre os sons de calquera lingua. Cando chegan ao ano de edad, sin embargo, se cree que perden esta capacidade, guiándose exclusivamente polos sons da súa fala materna. Este parece ser o caso dos monolingües, pero o estudio de Petitto descubriu que os nenos bilingües todavía mostraban un aumento da actividade neuronal, como resposta as lenguas non familiares ao final do seu primeiro ano.

Qué vantaxes ten o bilingüismo?. Pois, aumenta a flexibilidade mental, fomenta a capacidade de adaptarse aos cambios, mellora das aptitudes cognitivas, fai que se procese a información de forma máis eficaz, reforza capacidades tan importantes como á atención e mais a concentración. Dominar dous idiomas obriga a unha actividade mental permanente que mellora o sistema de control executivo do cerebro, o cal refírese á capacidade de concentrarse nunha actividade minimizando as distracións.

Que relación ten o bilingüismo coa intelixencia? Poderíase afirmar que as persoas bilingües son máis intelixentes que as monolingües? A resposta é “non”. As funcións executivas son importantes, pero a intelixencia engloba outras moitas funcións. Ademáis de incluir a capacidade para aprender palabras e símbolos, tamén inclúe a atención, a capacidade de observación, a memoria, a aprendizaxe, as habilidades de socialización, a capacidade para tratar con abstracións, para resolver problemas e afrontar situacións novas; en resumo, a intelixencia é a capacidade de asimilar, gardar e elaborar información.

CANTAS LINGÜAS FALAS TI?


(Artigo de Tamara López Villar)


Escribe o teu comentario (10) - Categoría: Socioloxía - Publicado o 06-04-2013 23:11
# Ligazón permanente a este artigo
De súbdito á cidadán.



"Cidadán é aquela persoa que forma parte dunha cidade, na medida que participa do poder soberano (doutro xeito, só sería un súbdito) e está sometido ó mesmo (pola contra sería un rei). Poden existir cidades sen democracia. Pero non cidades sen cidadáns".

Comte Sponville; Diccionario Filosófico.



Acadar a condición de cidadán/á levou moito tempo. O desenvolvemento deste concepto é parello á conquista da igualdade e das liberdades individuais, aínda así non é unha conquista xeneralizada na maioría dos estados.

A diferenza máis importante entre unha persoa que acadou a categoría de cidadán doutra que non a ten é a súa participación no poder da "polis". O cidadán non é súbdito de ninguén, só das leis. Ainda que a democracia representativa non teña a forza orixinaria da democracia directa, na actualidade, a pesar de ser defectuosa, é o sistema de goberno máis vantaxoso.

A sociedade civil ten nas súas mans unhas posibilidades de expresión, actuación e compromiso que deben ser aproveitadas, pois ser cidadán polo feito de pagar impostos e ir unha vez cada catro anos a votar a uns representantes como fixemos o pasado 22 de maio, é un exercicio democrático pobre e insuficiente. Xunto ó civismo pasivo cabería un civismo activo: un civismo de participación e de compromiso, de acción, como amosan as concentracións celebradas neste mes de maio en moitas cidades do noso país.





DEMOCRACIA REAL, XA!


(Artigo publicado polo Clube das ideas)

Escribe o teu comentario (17) - Categoría: Socioloxía - Publicado o 27-05-2011 09:54
# Ligazón permanente a este artigo
Viaxando polo mundo
Diario dun trotamundos

15 novembro de 2010.
Estou en Suecia de camiño ó hotel e fai moito frío. Moita da xente que camiña pola rúa leva gorros e abrigos de pel como supoñía, sen embargo non todos son loiros nin teñen os ollos azuis. É máis, o taxista ten rasgos árabes e fala un perfecto sueco. Pregúntolle se naceu aquí e respóndeme que sí, que os seus pais chegaran de Arabia facía moitos anos. Tamén pregúntolle se é verdade que alí todo o mundo está borracho sempre, como soen dicir por ahí. El se extraña e me mira polo retrovisor cunha sorriso de complexidade, respóndeme que é mentira, por suposto, o alcohol só se vende en tendas específicas chamadas System Bolaget e a maiores de vinte e un anos.
Mirei pola ventá azorado pola pregunta e vin un posto de salmón afumado, ao parecer si que é verdade que alí lles encanta a comida afumada, pero non me atrevín a preguntar.


30 novembro de 2010

Francia, un país de ensoño no que a lo menos todos pensamos en viaxar unha vez na vida. Cando cheguei chocoume o pouco que se esforzaba a xente por intentar contestarme en inglés, todos contestábanme encolléndose de ombreiros e cunha sonrisa mentres dicían: “Je ne sais pas parler anglais!” Síntense tan agusto có seu idioma que nin intentan aprender outro, igual que na gastronomía, á que parecen venerar coma se realmente os seus produtos e a súa forma de preparalos fora a mellor. Cría que o seu orgullo desmedido era un tópico como outro calquera pero realmente os parisinos crense o epicentro do mundo.
No meu transcurso na capital dinme conta do moi educados que son noutros países. Nós non damos as grazas todo o tempo, non tratamos de vostede a todo ó mundo e non saudamos cada vez que entramos en calquera local. A veces intentei explicar a algún amigo parisino que non somos maleducados, senón que non estamos afeitos a tanto saúdo; e que no noso pais falar cun rapaz de vostede era estraño, son cousas que se reservan para os vellos. Pero a eles só lles interesaba preguntarme se sabía bailar flamenco!.
Pero algúns tópicos son certos. Todas as mulleres levan boina ¡Incluso as nenas pequenas! E non é difícil ver a alguén camiñando cunha baguette baixo o brazo. En tódalas esquinas hai un posto de creppes e unha panadería con xente dentro comendo uns croissants.

12 decembro de 2010

Xa estou na casa. Síntome cansado de estar tanto tempo fóra da miña casa, pero síntome feliz de facer esta viaxe xa que serviume para coñecer outras costumes. Aínda quédanme moitos lugares que visitar. Cando conteille a miña viaxe a miña familia algúns sorprendéronse xa que souberon que moitas das ideas que tiñan eles deses lugares eran falsas, ainda que crían que eran verdadeiras.

Que lugares visitaches?
Quedaches moi sorprendido cando descubriches que moitas cousas das que pensabas acerca deles non eran certas?
Tes algunha anécdota que contar?



(Artigo de Raquel Lestón e Xabier Montenegro)
Escribe o teu comentario (24) - Categoría: Socioloxía - Publicado o 05-02-2011 22:50
# Ligazón permanente a este artigo
Zoon Politikón

A Natureza pode parecer un todo armonioso no que reina un admirable equilibrio.
Así as relacións entre os distintos individuos de cada especie animal aparecen reguladas por programas de conducta innata.

A vida xenuinamente humana
emerxe á marxe da lóxica que impera no conxunto da natureza e
é o resultado da nosa capacidade creadora e transgresora que sitúa a especie nunha nova dimensión: a da liberdade

Tendo en conta o estudado en clase

¿serias capaz de comentar algúns dos conceptos que aparecen no mapa anterior?



Escribe o teu comentario (15) - Categoría: Socioloxía - Publicado o 02-12-2010 22:06
# Ligazón permanente a este artigo
Ideoloxías políticas (2)
ANARQUISMO

O anarquismo é unha doutrina e movemento radical que se opón a calquera forma de autoridade (acracia), promove a autonomía de cada individuo, pois o maior logro da humanidade é a liberdade para expresarse e actuar sen obstáculos, é unha filosofía política que abrangue teorías e posturas que defenden a supresión de todo poder coercitivo (estado).

Entre os principais ideólogos desta doutrina mencionaremos a PROUDHON. Este concibe o anarquismo como un movemento de masas polo que nos seus libros expón a maneira de construír unha verdadeira sociedade anarquista, detallando o seu funcionamento. As súas obras principais son: “ Qué é a propiedade” , onde estuda o sistema de contradiccións económicas e a capacidade política da clase obreira.

BAKUNIN, foi un dos maiores expoñentes do anarquismo activista contemporáneo.

Naceu en Rusia e foi exiliado da súa patria. Fixo énfase no colectivismo, na insurrección das masas e a revolta espontánea para lograr unha sociedade libre e sen clases sociais. Recalcou o carácter gregario do ser humano e á vez a súa individualidade.
As súas ideas influíron profundamente no movemento obreiro do século XX principalmente durante a guerra Civil Española en 1939 onde as ideas anarquistas xogaron un papel importante.
Podemos mencionar entre as súas obras principais; “Dios y el Estado”, “The Paris Comune”,e The Idea of the State”


KROPOTKIN foi sen dúbida o máis suxestivo dos autores anarquistas, naceu en Rusia en 1890, foi Oficial do exército, científico de formación converteuse no sucesor de Bakunin. Ó igual que Bakunin foi exiliado e estivo moitos anos en prisión. Viviu o suficiente e pudo regresar a Rusia en 1919 onde se opón ó réxime leninista.

As súas obras máis importantes son; El apoyo mutuo, La conquista del pan, La moral anaquista, Memorias de un revolucionario, Act for Yourself, The State: Its Historic Role.

Entre os principios fundamentais do anarquismo sinalamos os seguintes :

- Defensa da soberanía do individuo pois o poder radica nun mesmo.
- A non coacción, oponse ó estado e a calquera tipo de institución coactiva.
- Defenden a asociación voluntaria das persoas.
- O autogoberno e a autoxestión




Escribe o teu comentario (15) - Categoría: Socioloxía - Publicado o 21-03-2009 21:48
# Ligazón permanente a este artigo
Ideoloxías políticas (1)
COMUNISMO

O comunismo como tradición política e ideolóxica xorde durante o goberno do Directorio (1795-1799) na Francia revolucionaria. Aquí xorde a primeira acción revolucionaria comunista que propón a eliminación da propiedade privada para conseguir a igualdade. O movemento foi reprimido aínda que o seu pensamento resistirá o paso do tempo e dará lugar a maioría dos comunismos posteriores.

Esta ideoloxía política aspira á consecución dunha sociedade sen clases na que os principais recursos e medios de producción pertenzan á comunidade e non ós individuos.

Os antecedentes do concepto "comunista" atopámolos en Platón e nas primeiras comunidades cristiás. Pero a idea dunha sociedade comunista xorde a comenzos do século XIX, como resposta ó nacemento e desenvolvemento do capitalismo moderno. Mais adiante o termo pasou a describir o socialismo científico defendido por K. Marx e F. Engels.

O comunismo desenvolveuse a través de movementos como a formación das Internacionais. Estas eran organizacións de carácter sindical que pretendían a mellora das condicións de vida do proletariado. A primeira revolución que seguía os postulados marxistas produciuse en Rusia, en 1917 no medio dunha guerra civil que durou catro anos.

Este sistema foi implantado por Lenin (Rusia), Mao Tse-tung (Republica Popular China), Fidel Castro (Cuba), entre outros.

O movemento comunista internacional atravesou grandes crises no século XX. A primeira delas relacionada co alonxamento de Trotsky da Unión Soviética. A segunda gran crise provocouna o enfrontamento da Unión Soviética e China en política internacional. Logo da Segunda Guerra Mundial, dous partidos comunistas europeos, o francés e o italiano, creceron ata dominar o movemento sindical e ter unha importante representación parlamentaria.

En abril de 1920 fúndase o Partido Comunista Español (PCE), integrado por mozos traballadores e estudantes; obreiros, campesiños e intelectuais de vangarda, incluía nas súas filas mulleres como Dolores Ibarruri.

Entre os principios ideolóxicos que propón esta doutrina están:

- Abolición da propiedade privada, xa que ésta é o orixe da desigualdade.

- Supresión do mercado e socialización dos medios de producción.

- Destrucción revolucionaria do Estado capitalista burgués.

- Creación dunha sociedade sen clases.



Escribe o teu comentario (18) - Categoría: Socioloxía - Publicado o 11-03-2009 22:46
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal
Licencia Creative Commons