O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

A las aladas almas de las rosas
(Lee este artículo acompañándote de la música de Serrat.
Haz clik en el video que aparece mas abajo)


Yo quiero ser llorando el hortelano
de la tierra que ocupas y estercolas
compañero del alma, tan temprano.

En Orihuela un pequeño pueblo del Levante español, nació Miguel Hernández el 30 de octubre de 1910, su niñez transcurrió por los montes de la sierra oriolana, rodeado de naturaleza y al cuidado de un pequeño rebaño de cabras.

Alimentando lluvias, caracoles
Y órganos mi dolor sin instrumento,
a las desalentadas amapolas
daré tu corazón por alimento...

Estudia en el colegio de Santo Domingo hasta los 14 años. Su amigo Ramón Sijé le orienta en sus lecturas: Rubén Darío, Gabriel y Galán..., le corrije y alienta en su labor creadora. En 1930 comienza a publicar poemas y en 1933 aparece Perito en lunas

Temprano levantó la muerte el vuelo
temprano madrugó la madrugada,
temprano estás rodando por el suelo.

Neruda y Aleixandre iniciarán al joven poeta provinciano en el surrealismo y en la ideología social y política. Cuando estalla la guerra civil española (1936) toma partido por la República, su poesía se convierte en arma de denuncia, aparece Vientos del pueblo


No perdono a la muerte enamorada,
no perdono a la vida desatenta,
no perdono a la tierra ni a la nada...

En la primavera del 39, hecho prisionero deambula por las cárceles de Madrid, Ocaña, Alicante. En su indefenso organismo se declara una tuberculosis pulmonar aguda y el 28 de marzo de 1942 muere. Tenía entonces 31 años.

Volverás a mi huerto y a mi higuera:
por los altos andamios de mis flores
pajareará tu alma colmenera
de algelicales ceras y labores...




Este año se conmemora el centenario del nacimiento de Miguel Hernández. Por su honestidad, honradez y esfuerzo personal, su trayectoria literaria merece ser divulgada entre las nuevas generaciones pues representa los valores colectivos de lucha por la libertad,
la justicia, la solidaridad y el compromiso social.

A las aladas almas de las rosas
del almendro de nata te requiero,
que tenemos que hablar de muchas cosas
compañero del alma compañero.


"Elegía a Ramón Sijé"



Escribe o teu comentario (20) - Categoría: Actualidade - Publicado o 08-04-2010 14:22
# Ligazón permanente a este artigo
O GALEGO A DEBATE
O modelo lingüístico no ensino non universitario vixente na actualidade está rexido polo Decreto 124/2007, que será derrogado cando entre en vigor a nova normativa proposta pola actual Xunta de Galicia. Aquel fixaba o 50% de materias impartidas en galego e a mesma porcentaxe en castelá.



As bases para o novo decreto do galego que se quere aplicar no curso 2010-11 xa están publicadas, no documento aparecen dúas novidades:

A.-Os pais decidirán a lingua na que queren que estuden os seus fillos.

Na etapa de infantil (0-5 anos) os pais decidirán cal será a lingua vehicular nas aulas. Na etapa de educación infantil, o profesorado utilizará na aula a lingua predominante entre o alumnado . Ésta determinarase preguntándolle a cada familia pola lingua materna do seu fillo ou filla. Esta consulta farase anualmente e mediante unha pregunta que as familias contestarán durante o proceso de preinscrición.

Educación Primaria, Secundaria e Bacharelato: as familias escollerán o idioma das materias na proporción dos terzos . No caso de Primaria, Matemáticas e Sociais non poderán ser as dúas impartidas no mesmo idioma (unha terá que ser obrigatoriamente en galego a e outra en castelán).

FP: Cada centro garantirá ?a igualdade de competencia nas dúas linguas oficiais?.

B.- Outra das novidades é a introdución do chamado trilingüismo na educación, impartindo un terzo das materias en castelán, outro en galego e outro en inglés.

O texto aínda ten que entrar nunha fase de consultas nas que se recolleran a opinión de distintos colectivos e asociacións, tamén do Consello da Cultura e da Real Academia Galega, pero polo momento está a producir inquietude no conxunto da poboación.

Máis información:

O galego real, ausente.
Agora non hai ningún problema nas aulas.
Galicia bilingüe.

En cantas linguas es capaz de expresarte?.
Cal delas utilizas habitualmente?
Que opinas sobre o novo decreto do galego?



Escribe o teu comentario (20) - Categoría: Actualidade - Publicado o 16-01-2010 15:57
# Ligazón permanente a este artigo
Unha lei nova para un vello problema!

Escoita a Claudia, Lucía, Carlota
e Raquel




Fai poucos dias o Congreso dos Deputados aprobou con 183 votos o primer trámite parlamentario do novo proxecto da lei do aborto. Nas palabras da ministra Bibiana Aído este é un proxecto moi demandado na súa orixe, meditado na súa elaboración e equilibrado nos seus termos, alonxado de dogmatismos e imposicións morais.

O certo é que no ano 2007 realizaronse neste país 112.000 abortos , deles aredor de 6000 foron a mulleres menores de 18 anos e 500 a nenas que non chegaban ós 15 as cifras mostran que hai un grave problema.

A reforma da Lei do aborto, denominada agora Lei de Saúde Reproductiva e Interrupción Voluntaria do embarazo, xera na nosa sociedade unha gran polémica. Algúns sectores opinan que é axustada a dereito, que é acorde cas lexislacións europeas e que responde a carencias que ten a lei actual.

Varios grupos do parlamento mostraron o seu desacordo sobre todo no tocante á posibilidade de que rapazas menores de 16 anos poidan abortar sen consultar ós seus pais. A ministra de Igualdade deixou aberta a posibilidade de modificar con algunha enmienda ese aspecto, pero o Goberno califica de "irrenunciable" a potestade da menor a poñer fin o seu estado de xestación, sexa cal sexa a opinión dos seus pais.


Que está a pasar?

A que idade ocorre a madurez?

Ti que opinas?




Escribe o teu comentario (22) - Categoría: Actualidade - Publicado o 01-12-2009 09:47
# Ligazón permanente a este artigo


DI NON á VIOLENCIA DE XÉNERO




Escribe o teu comentario (0) - Categoría: Actualidade - Publicado o 24-11-2009 19:33
# Ligazón permanente a este artigo
Violíns contra a pobreza .
É un proxecto de desenvolvemento da mocedade e dos nenos-as venezolanos contra a violenciaO músico e economista venezolano José Antonio Abreu, fundador do Sistema de Orquestras Xuvenís e Infantís de Venezuela , recibiu o pasado 24 de outubro nunha cerimonia no teatro Campoamor de Oviedo o Premio Príncipe de Asturias das Artes.


O compositor asegurou que ?O Sistema?, nacido en 1970 que creceu ata ter 600.000 rapaces en formación, demostrou un resultado contundente co que se converteu en motivo de orgullo para Venezuela. O Estado tivo que asumir a educación musical como unha obriga sen ter que buscar unha necesidade rentista. O proxecto musical de Abreu parte do convencemento de que o desenvolvemento dun país se vincula cun sistema educativo integral que cultive a sensibilidade e os sentimentos dos cidadáns e non só o intelecto.


Xa hai unha comunidade entre América Latina, Caribe, España e Portugal tan grande que todas esas institucións musicais se asocian a unha inmensa rede que auspicia a educación musical como un proxecto social e primordial dos nosos países.


Hoxe en día o quefacer orquestral
é algo normal,
non é unha rareza,
non é unha actividade de élite.




Escribe o teu comentario (17) - Categoría: Actualidade - Publicado o 20-11-2008 10:57
# Ligazón permanente a este artigo
¿FILOSOFÍA? Sí, grazas
"Para resumir noso análise sobre o valor da filosofía: a filosofía debe ser estudada non polas respostas concretas ós problemas que prantexa, xa que, xeralmente, ningunha resposta precisa pode ser coñecida como verdadeira; senon mais ben polo valor dos mesmos problemas; porque estes problemas amplían a nosa concepción do posible, enriquecen nosa imaxinación intelectual e diminuien a seguridade dogmática que pecha o espíritu á investigación; pero, sobre todo, pola grandeza do universo ca filosofía contempla, o espíritu faise a súa vez grande e chega a ser capaz da unión co universo que constitue o seu supremo ben".

B. Russel; Os problemas da Filosofía.


A filosofía ven sendo desmerecida pola sociedade, parece que xa non é tan importante aprender a cavilar por si mesmo ca aprender idiomas. A vida básase en decisións, boas e malas, e se non se nos ensina a pensar, ¿Canto tardaremos en errar?.
A sociedade de hoxe en día xa esta suficientemente vacía de contido e de sentido coma para eliminar algo que estimula e crea pensamentos que dan lugar a preguntas e quizáis, o atopar a resposta, sentido a vida.

¿E ti que pensas?



Escribe o teu comentario (16) - Categoría: Actualidade - Publicado o 03-10-2008 08:49
# Ligazón permanente a este artigo
Baixo o poder dos símbolos. A propósito da MEMORIA HISTÓRICA


Os símbolos representan os valores,
as metas e a historia daqueles que os mostran.
Os pobos, como os homes, mostran a súa madurez
cando asumen a vida xa vivida e fan xustiza co pasado


O xugo e as frechas
. Provén de Virxilio (70aC-19aC). As frechas simbolizan a guerra e o xugo as labores dos labregos.

No século XX estes símbolos foron tomados polos Falanxistas españois como sinal do esplendor da patria. Outro símbolo foi o "saúdo romano" (brazo dereito extendido ca palma da man aberta).

Mais adiante o réxime do Xeneral Franco aceptounos como seus. É difícil sabe-lo número de víctimas que provocou a represión exercida polo dictador.
-------------------------

Estrela de David. Símbolo do xudaísmo. Tamén chamada Selo de Salomón. Na Idade Media empregouse para distinguir ás comunidades e distritos reservados ós xudeus.

A Reconquista da Península Ibérica polos cristiáns provocou tensións e enfrentamentos. Houbo persecucións antisemitas, matanzas e expulsións das cidades. O Gran Inquisidor, Tomás de Torquemada intervíu moi activamente na expulsións dos xudeus do país.
-------------------------

Pentagrama invertido. Asociado durante moito tempo á máxia e ó misterio. Foi utilizado nun principio como talismán de protección. Para os Druidas era símbolo da cabeza de Deus.

Entre os séculos XV e XVIII deuse unha persecución intensa da bruxería, sobre todo de mulleres ás que identificaban por este símbolo e acusaban de dar culto ó demo. Baixo a autoridade do Sacro Imperio Xermánico producíronse 110 mil procesos e 60 mil execucións

-------------------------

A Cruz gamada. Aparece na iconografía, arte e diseño ó longo da historia da humanidade. Se menciona por primeira vez nos Vedas (Escrituras Sagradas do hinduísmo).

No século XX o nazismo adoptou a esvástica como emblema, así Hitler en Mein Kampt refírese a ela como símbolo da "loita pola victoria do home ario".
As cifras de víctimas pola represión nazi aproxímanse aos 11 millóns de persoas.



Escribe o teu comentario (15) - Categoría: Actualidade - Publicado o 02-11-2007 22:37
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Licencia Creative Commons


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0