O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

O tesouro de Rande
Baixo os parques de bateas e sobre os berberechos galegos da nosa preciada ría encóntranse os restos dunha importante batalla naval datada en 1702, a Batalla de Rande.

Foi unha importante batalla naval librada no estreito de Rande, no interior da ría de Vigo no contexto da guerra de sucesión española.
Este econtro enfrentou ás escuadras Anglo-Holandesas e Hispano-Francesas,
os ingleses buscaban as riquezas sacadas de América polos españois.

A batalla concluíu coa victoria dos Anglo-holandeses os cales saquearon Redondela e se levaron varios navios españois dos cales un, cargado de tesouros, encallou nas illas Cíes e afundiuse. O enfrontamento desencadeou varios galeóns afundidos na ría cos seus cargamentos, mais os expertos arqueólogos aseguran que é moi complicada a sua extracción xa que hai varios metros de fango sobre os galeóns.


Na actualidade foron atopados varios restos da batalla polo arqueólogo Javier Luaces, o cal confirma o descubrimiento de varios galeóns franceses e españois pertencentes á mítica flota da Prata.
O arqueólogo galego programa próximas inmersións para descubrir máis sobre os restos da gran batalla, a lenda de Rande segue viva.

A continuación deixámosvos un video gravado polo seu equipo nunha das súas últimas inmersións.




Artigo de Antón Gómez

Escribe o teu comentario (15) - Categoría: Actualidade - Publicado o 25-11-2011 09:49
# Ligazón permanente a este artigo
Parque eólico no monte do Galiñeiro

O Galiñeiro é un monte que se atopa no municipio de Gondomar no seu límite con Vigo e O Porriño. Lugar senlleiro polos seus valores naturais (xeolóxicos, paisaxísticos), culturais (etnográficos, arqueolóxicos) e económicos. Na actualidade non está declarado como parque natural nin está protexido pero pode que cos novos plans que se lle incorporaron as persoas están a cambiar de idea. Estes plans non son tan malos como parecen pero todo ten consecuencias.

O que se quere facer é ubicar un parque eólico nos seus amplos terreos, instalar grandes muiños de vento para así conseguir enerxías limpas. E é aquí onde xorden os problemas. É recomendable o uso de enerxías limpas para non danar ao planeta se ao mesmo tempo estamos a crear un gran impacto medioambiental? É unha gran contradicción sobre a cal hai moitos debates e moita polémica.

Tamén temos que ter en conta que é un lugar que é de todos, de xeito que non se debería facer nada sen unha votación do pobo (que é a quen realmente dana).

A pesar das dificultades que atopan, os habitantes das zonas colindantes xunto con algunhas organizacións ecoloxistas están facendo o imposible para que o integren dentro do programa Red Natura 2000 e que xunto co monte Aloia o convertan toda a área nunha reserva natural.


Estades dacordo coa instalación dese parque eólico?
Pensades que é un bo futuro para o monte?
Gustariavos chegar ao monte e encontrarvos con estes xigantes?



Artigo de Yanira López Lorenzo




Escribe o teu comentario (14) - Categoría: Actualidade - Publicado o 28-10-2011 12:40
# Ligazón permanente a este artigo
As dúas culturas
Tradicionalmente o coñecemento humano dividiuse nas chamadas dúas culturas: a cultura humanística e a científico-técnica, o que coloquialmente chamamos "letras" e "ciencias". A idea de que o cultural se refire soamente á literatura, á filosofía, á historia, á arte, etc., fai que a ciencia apareza como unha actividade que xera un coñecemento diferente ou separado da cultura.

A obra máis importante da Física moderna escribiuna I. Newton en 1687 e titulouna Principios matemáticos de la Filosofía natural. Parécenos estraña esta maneira de nomear á Física. Xeralmente asociamos a Filosofía cas "letras" e a Física cas "ciencias". Dende aquí alegrámonos de que esa escisión esté sendo superada e que haxa algúns rapaces e rapazas que decidiran escoller este curso a optativa FILOSOFÍA DA CIENCIA E DA TECNOLOXÍA, unha materia ofertada polo Departamento de Filosofía para 2º de Bacharelato.

Dende aquí facemoslle a todos eles unha invitación a participar e colaborar con nós.

Por que escollemos unha materia optativa e non outra?.
Cales son os criterios que seguimos na nosa elección?
Inflúen os pais ou os amigos?



Escribe o teu comentario (11) - Categoría: Actualidade - Publicado o 25-09-2011 23:50
# Ligazón permanente a este artigo
Pensando no ensino.
Son moitas as comunidades autónomas que recortan os presupostos destinados ó ensino. Reducen becas e libros, suprimen postos de profesores e ciclos formativos, aumentan a ratio profesor-alumno e deixan de atender á formación do profesorado. Por iso ós recortes xa feitos no ensino público o derradeiro ano, temos que sumar agora os anunciados para este novo curso escolar 2011-12.

Esta falta de recursos pon en perigo os logros que o ensino público acadou nos últimos tempos no ámbito da igualdade e a calidade: a atención á diversidade, o apoio escolar ó alumnado con dificultades de aprendizaxe, a integración, a dinamización das bibliotecas escolares e os avances na implantación das Tic.

As esixencias ó profesorado son moitas: facer adaptacións curriculais, traballar diferentes contidos e niveis de competencias, atender ó alumnado pendente e as familias, facer os informes personalizados oportunos, as programacións a corto, medio e longo prazo, as memorias finais de curso. Sen descuidar, o mesmo tempo, a súa propia formación no ámbito das tecnoloxías da información e a comunicación, a preparación das clases, a formación en valores, a transversalidade, a motivación nas aulas, o absentismo escolar e a mediación en posibles conflictos.... Pero non esperemos que ca súa entrega e dedicación se resolva o problema, esta tarefa ten que ir acompañada da inversión necesaria.

Os avances sociais posibilitan que toda a poboación esté escolarizada ata a adolescencia e iso ten un coste que hai que afrontar. O custo do ensino non é un gasto, é unha inversión e os contínuos recortes no Ensino público poñen en perigo unha das súas principais funcións: a de compensar as diferenzas sociais. Por iso, disminuindo os recursos aumentaranse as desigualdades.


Escribe o teu comentario (7) - Categoría: Actualidade - Publicado o 08-09-2011 23:25
# Ligazón permanente a este artigo
Indignez Vous!!
O mundo que temos hoxe,
pese á riqueza e á abundancia existentes
é un planeta moito máis inxusto cada día. Hessel sinala como causas deste deterioro a ditadura dos mercados e a ausencia de regulación dos sistemas de financiamento que eliminaron os valores éticos máis xenuinos.



O 20 de outubro de 1917, nace en Berlín Stéphane Hessel autor do libro Indignez vous. Sete anos despois a súa familia estableceuse en París. Con nacionalidade francesa desde 1937 foi un dos primeiros seguidores de Charles De Gaulle. Sendo membro da Resistencia francesa, foi capturado pola Xestapo en 1944 e deportado a Buchenwald para ser executado alí, con todo dous días antes conseguiu escapar ao destino cambiando a súa identidade pola dun defunto.

Anos despois, ingresou nas Nacións Unidas sendo un dos redactores da Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Declárase partidario da insurrección pacífica, contra os medios de comunicación dependentes do diñeiro e do poder por fomentar nos cidadáns o consumo, o rexeitamento á humildade, á cultura e á competencia entre uns e outros.


A edición castelá do seu manifesto está prologada por José Luís Sampedro, escritor e economista habituado a lanzar os seus dardos contra o capitalismo e o omnisciente poder do diñeiro.

Hessel dirixe este escrito especialmente á xuventude á que anima a levantarse e mobilizarse contra a situación actual. Aínda que no seu manifesto fai unha análise moi escura da situación económica e política mundial, lanza unha mensaxe de esperanza cara á xuventude, a quen considera depositaria dunha gran capacidade de mobilización e resistencia ante o poder.
En Indignez vous! Hessel anima os lectores precisamente a iso, a enfadarse, indignarse e ofrece unha similitude entre a situación actual e a ocupación nazi de Francia. Daquela, a indignación foi ou motor que animou a toda unha xeración a loitar contra a ocupación do seu país.

Enlaces de interese:
Democracia real, Ya.
facebook.com
Buscade e atoparedes,
collede a remuda,
indignádevos!


(Artigo de Yago Casal)
Escribe o teu comentario (15) - Categoría: Actualidade - Publicado o 11-05-2011 19:06
# Ligazón permanente a este artigo
Cen días despois...
Os locais están mais limpos, os médicos afirman que haberá este ano 2000 infartos de miocardio menos, algunhas comunidades autónomas financian xa os tratamentos de deshabituación ó tabaco. A nova lei antitabaco prohibe fumar en todo sitio pechado que vaia ser compartido. Hai excepcións en dous sentidos: espazos cubertos nos que se vai a poder fumar, e outros abertos nos que non.

-¿¿En qué espazos pechados públicos se pode fumar?

1. Só nas habitacións, hostais e establecementos. Nos sitios onde haxa habitacións para fumadores, só se poder fumar nelas: nin en corredores, nin en ascensores, nin en vestíbulos.
2. Nos establecementos psiquiátricos e nas prisións poderánse habilitar zonas para fumar.
3. Nos lugares soó para maiores, como casinos ou salas de festa tampouco, porque hai persoal traballando en neles.
4. Se está nunha empresa, non, porque é un lugar de traballo.
5. Nas festas privadas, como bodas ou bautizos se se fan nun local público non se pode fumar, entre outras causas porque hai personal traballando nel.
6. Nos sitios ao aire libre que estén dentro do recinto dun centro educativo ou sanitario, á entrada dos centros sanitarios e os parques marcados como zonas infantiles.
7. Nas praias pódese (aínda co cívico sexa no, deixalas colillas na arena).
8. Nos estadios e prazas de toros pódese fumar nas zonas ó descubierto, pero non nas partes pechadas.
9. Os aeroportos: só se poderá encender un pitillo nos sitios ó aire libre.

-¿¿Sen excepcións?
Non. Hai unha que serve tamén para espazos ao aire libre públicos: os parques infantís

-¿¿E qué pasa nos espacios ao aire libre dos medios de transporte?
A ley fai unha distinción. En xeral, non se pode fumar, salvo nas cubertas dos barcos. En cambio, se se trata do piso de arriba dun autobús turístico, por exemplo, non se pode fumar, porque é un medio de transporte urbano.

-¿¿Qué lle pasa ó que fuma nun sitio prohibido?
Fumar onde está prohibido considerase unha falta leve. Se se fai de forma aislada, a multa será de ata 30?. Se a conduta se repite tres veces,será unha falta grave, e a multa estará entre os 601 e os 100.000?.

-¿¿E se o xefe ou o dono do bar deixa que se fume?
Tamén ten multas, porque se considera unha falta grave. A multa vai dende 601 a 100.000?.

-¿¿Fumar será máis caro en 2011?
Sí. O Boletín Oficial do Estado (BOE) publicou os novos precios: Ducados Rubio custa 3,45?; Desert Gold, 3,30 e Pall Mall New Orleans, 3,40.

-¿¿Qué podo facer se entro nun bar ou discoteca e hai xente fumando?
O responsable de que se cumpra a lei é o dono do local, polo que o primeiro que hai que facer é falar có responsable. Se este non actúa, recharase unha folla de reclamacións e pór unha denuncia na Consellería correspondente; tamén se pode denunciar á Policía Municipal.

(Artigo de Laura González e Iris Piedrahita)


Escribe o teu comentario (6) - Categoría: Actualidade - Publicado o 10-04-2011 23:38
# Ligazón permanente a este artigo
Apaga a luz, encende o planeta
Ás 20:30 do sábado 26 de marzo

Todos apagamos as luces durante unha hora, é

A HORA DO PLANETA

a acción mundial máis organizada contra o cambio climático.






O cambio climático é, segundo a maioría dos estudos, unha das maiores catástrofes que sufriu a humanidade. Acelerouse pola revolución industrial e séguese complicando debido ós grandes desenvolvementos tecnolóxicos ademais do excesivo uso dos combustibles foseis.

O planeta hoxe está seriamente ameazado. A enerxía é imprescidible para o funcionamento da nosa sociedade e un dos factores máis importantes da sostenibilidade. Cómo e ónde conseguila?.

As 4/5 partes da enerxía que consumimos en España é importada. O 43% de petróleo e o 63% de gas ven do Magreb e Oriente Medio. O uranio que precisan as nosas centrais nucleares ven de Níxer. Temos unha gran dependencia dos combustibles foseis que algún día esgotaranse,
ónde queremos ir?.

Os terribles sucesos acaecidos en Xapón abren de novo o debate sobre a enerxía nuclear como opción enerxética. Qué perigos ten?.

Recorda
o 26 de marzo
ás 20:30 !!



(Artigo de Eloah Barnabé e Yiliani Ocanto)

Escribe o teu comentario (32) - Categoría: Actualidade - Publicado o 21-03-2011 20:56
# Ligazón permanente a este artigo
Pequena homenaxe de despedida.


Neste ano 2010, ano xa a punto de rematar, deixáronnos algúns homes e mulleres importantes do mundo da cultura, tanto nacionais como internacionais. Para todos eles o noso recordo e unha sinxela homenaxe ó seu traballo.



Alexander McQueen (11 de febreiro) Londinense que dende pequeno xa tiña clara a súa vocación de deseñador. Despois de traballar para coñecidas marcas creou a súa propia firma, coñecida nos tabloides británicos polo seu estilo rompedor. En outubro de 1996, McQueen gañou o premio ao mellor deseñador do ano, e grazas a súa brillante técnica foi nomeado sucesor de Jonh Galliano. En 2003 lanzou o mercado o seu primeiro perfume, Kingdom e unha colección de roupa para home feita a medida. Morreu ós 40 anos, algúns din que suicidouse por unha depresión causada pola norte da súa nai días antes.


Dennis Hopper (29 de maio) Foi un actor e director de cine estadounidense. Saltou a fama ó dirixir e actuar o lado de Peter Fonda na película Buscando mi destino. A finais do ano 2009 foille diagnosticado un cáncer de próstata. En marzo confirmouse que perdeu uns 45 quilos. En maio faleceu en California.

Jose Antonio Labordeta (19 de setembro): Foi un cantautor, escritor e político español. En 1972 fundou, xunto con Eloy Fernández Clemente, a revista cultural Andalán. En 1976 participou na creación do Partido Socialista de Aragón e máis tarde se presentou ó Senado por Esquerda Unida. Foi elixido deputado por Zaragoza en 2000, e foi o representante deste partido no Congreso dos Deputados dende o ano 2000 ata o 2008. Recibiu a medalla de ouro o Mérito no Traballo, o recoñecemento da Gran Cruz de la Orden de Alfonso X O Sabio e a Medalla de Aragón.

Ana Kiro (24 de setembro). Cantante cunha das máis amplas carreiras discográficas de Galiza (32 discos). Ate 1999, ano en que deixou de ofrecer actuacións en directo debido a problemas de saude, esta cantante ofrecía unha media de cen concertos ó ano. Retirouse da música en 1998 e dedicouse a televisión como actriz.


Manuel Alexandre (12 de outubro). Foi un actor español. Iniciou a carreira de dereito pero a deixou e iniciou a de periodismo que deixou debido á Guerra Civil. Iniciou a súa carreira de arte dramático en 1945 na compañía Társila Criado. Debutou no cine no ano 1947. En Televisión Española participou en máis dun centenar de espazos dramáticos e outros programas. Tiña unha gran afección pola literatura e a pintura, e foi habitual no faladoiro do Café Xixón en Madrid. O seu último traballo foi 20-N: los últimos días de Franco (2008), un telefilme onde encarna o ditador Francisco Franco nos últimos días da súa vida. Morreu debido a un cáncer.

Mari Carmen Cuesta (17 de outubro). Compañeira e supervivente dun dos primeiros sucesos de represión do réximen do xeneral Francisco Franco unha vez finalizada a Guerra Civil, coñecido co nome de Las 13 Rosas, faleceu un sábado en Valencia ós 87 años. A súa historia foi recollida fai uns anos na novela de Carlos Fonseca do mesmo nome.

Alberto Oliveras (13 de outubro). Periodista destacable nos programas da radio. En 1956 obtivo o Premio Ondas de novela pola adaptación ó cine e a televisión da súa novela ?Nunca pasa nada?. Traballou en Cadea Ser e en Radio Nacional de España. Presentou un concurso en Televisión Española.

Marcelino Camacho (29 de Outubro). Foi un destacado periodista e sindicalista español. Fundador e primeiro secretario de Comisións Obreiras (CCOO). Loitou na guerra civil no bando republicano polo que foi encarcerado e obrigado a exiliarse. Recibiu algunhas condecoracións como La Medalla do Mérito Constitucional da man do Rei. Un dato importante deste señor é que foi un preso político durante 14 anos por defender os seus ideais.


Luis García Berlanga (13 novembro). Iniciou a súa carreira de Dereito e logo de Filosofía e Letras, pero máis tarde, en 1947 ingresou no Instituto de Investigacións e Experiencias Cinematográficas de Madrid. Durante a súa xuventude uniuse a División Azul para evitar represións políticas polo cargo de Gobernador Civil que o seu pai desempeñara en Valencia durante a República española. Debutou como director en 1951 coa película Esa parella feliz, na que colaboraba con Juan Antonio Bardem. Xunto a éste, se lle considera un dos renovadores do cine español da posguerra. Entre as súas películas destacan títulos célebres da historia do cine español, como El verdugo o Bienvenido, Mister Marshall.

O seu cine caracterizouse pola súa ironía e as súas ácidas sátiras sobre diferentes situacións sociais e políticas. Na etapa da ditadura franquista despuntou a súa habilidade para burlar a censura da época con situacións e diálogos non excesivamente explícitos pero de intelixente contra-lectura e conseguiu levar a cabo proxectos tan atrevidos como Los jueves, milagro. En 1986 recibiu o Premio Príncipe de Asturias das Artes e en 1993 o Goya o mellor director por Todos a la cárcel. A súa película Plácido foi nomeada para o Óscar a mellor película de habla non inglesa en 1961. Recibiu innumerables premios e galardóns internacionais nos máis importantes festivais (como Cannes, Venecia, Montreal e Berlín). No Festival de Karlovy Vary foi elexido como un dos dez cineastas máis relevantes do mundo. Posue un incontable número de recoñecementos nacionais. Faleceu os 89 anos por causas naturais.


(Artigo de Raquel Lestón e Xavier Montenegro)


Escribe o teu comentario (16) - Categoría: Actualidade - Publicado o 15-12-2010 18:42
# Ligazón permanente a este artigo
Preparándonos cara o novo curso

Escribe o teu comentario (0) - Categoría: Actualidade - Publicado o 16-09-2010 13:42
# Ligazón permanente a este artigo
Novoneyra, un día na historia dunha lingua
Gravado de UXIO NOVONEYRADende 1963 a Real Academia Galega celebra o 17 de maio o Dia das Letras Galegas. Foi escollida esta data por ser o día en que Rosalía de Castro editou o seu primeiro libro "Cantares Gallegos" (1863).

Este ano o homenaxeado será Uxío Novoneyra, escritor lucense da comarca do Courel do que se cumple dez anos do seu falecemento. A súa obra máis importante titúlase "Os Eidos", que coma case todos os seus traballos están influidos polas atractivas e atraentes paisaxes da serra da comarca. Pertencía ó grupo Brais-Pinto e era galeguista. Por todas estas actividades a RAG decidiu adicarlle as Letras Galegas deste ano.

Invitámosche a xogar con nós.

Fai clik aquí e resolve este encrucillado



Poeta polifacético que deixou plasmada a súa sensibilidade na literatura e máis na plástica dos grabados (como o que figura na cabeceira deste artigo). Emilio Cao musicou algúns dos seus poemas e unha mostra dese traballo é "Cain as follas", poema recollido neste video que publicamos de seguido:





(Artigo de Laura, Xavi e Iris)

Escribe o teu comentario (2) - Categoría: Actualidade - Publicado o 12-05-2010 22:32
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Licencia Creative Commons


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0