O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

España, un país plural
A independencia catalá levantase sobre o principio de que Cataluña é unha nación soberana, e non alcanzará o seu completo desenvolvemento político, cultural, social e económico mentres forme parte de España. O que leva aos independentistas a esa convición é o seu pasado histórico e cultural, a lingua e o dereito civil catalán. Segundo esta tese Cataluña foi unha nación oprimida por España dende a súa ocupación polas tropas borbónicas en 1714, e a posterior supresión das institucións catalás e prohibición da súa lingua polos Decretos de Nueva Planta, promulgada polo rei Felipe V.

Se ben no pasado existiron grupos terroristas, como por exemplo o “Exercit”, hoxe o independentismo catalá é un movemento democrático e pacífico que rexeita a violencia.

Que pensa o goberno español?. O goberno do Partido Popular defende unha España unida e monárquica, que comprende 17 comunidades autónomas e dúas cidades autónomas. Segundo a Constitución, España se define como un Estado social e democrático de dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. Ante a consulta independentista realizada o 1 de outubro o goberno sempre repite o mesmo argumento: "é anticonstitucional e, polo tanto, é ilegal e non ten validez".

Tamén o conxunto da cidadanía española móstrase contraria a estas reivindicacións. Hai moitas cousas que me gustaría dicir sobre esta cuestión que tanto conflicto está provocando: a independencia.

En primeiro lugar, os españois non constituimos un pobo uniforme e homoxeneo; ao contrario, somos plurais e cunha gran diversidade de costumes, linguas e sensibilidades. O de "unha España grande e libre", monolítica e uniforme ten que ser superado. E ninguén ten que ir ao cárcere por defender aquelo que lle identifica e lle diferencia do resto.


En segundo lugar, por qué a poboación de Cataluña non pode ter no seu estatuto de autonomía as mesmas vantaxes que o País Vasco e Navarra? A Constitución non di que todos somos iguais ante a lei?. Acaso non están sendo discriminados?.

Falantes de español, quéixanse de que, no seu territorio (Cataluña), impoñen a súa lingua, o catalán. Son realmente eles os impositores? Acaso non son os falantes de castelán, os que forzan o español no seu territorio? ou é que o catalán ten forzado outras zonas do país para que falen a súa lingua? Non. Calquera defensa dun patriota español, dá a razón a un nacionalista catalán para aferrarse as súas ideas. Se collemos o argumento dos nacionalistas españois de que España é España porque se fala castelán, entón tamén podemos dicir que Cataluña é Cataluña porque se fala o catalán.

Pero, deixando a cuestión da fala aparte, o acontecido nos últimos meses no noso país é clara mostra da incompetencia dunha clase política incapaz de encauzar axeitadamente as reivindicacións que plantexa parte da cidadania do século XXI, unha cidadanía que quere ir máis aló e que non ten medo ao futuro.

(Artigo de O clube das ideas)





Escribe o teu comentario (0) - Categoría: Actualidade - Publicado o 09-11-2017 23:18
# Ligazón permanente a este artigo
Os nacionalismos
Enténdese por Nacionalismo un movemento socio-político de orixe romántica que nos seus inicios promoveu as unificacións de nacións como a alemá ou a italiana. Hoxe en día, e achegándonos á realidade existente na sociedade na que vivimos, cómpre relacionar o nacionalismo con aquelas comunidades que se perciben como nacións formando parte dun estado e que demandan ao devandito estado o seu dereito de autodeterminación (nacionalismo desintegrador).
Na actualidade, a cara externa dos nacionalismos pode ser vinculada a ideoloxías radicais e hostiles cara os exogrupos. Non obstante, o nacionalismo non está asociado a unha ideoloxía concreta, senón o que realmente busca é lograr a autodeterminación para un grupo colectivo (Breully, 1982); polo que este movemento pode atopar diferentes orientacións políticas. Se nos cinguimos ao nacionalismo como reivindicación política, supón a expresión dun desexo de autodeterminación; polo que falar de nacionalismo implica directamente falar do significado que teñen para o individuo as consecuencias que son desprendidas de algúns tipos de relacións entre os diferentes grupos étnicos, o cal pon de manifesto un feito máis que evidente: a relación entre os grupos non é equitativa e os grupos con máis poder impoñen unhas cláusulas que perxudican a aqueles grupos con menos poder.
Doutra banda, o filósofo alemán Immanuel Kant (1724-1804) establece no segundo artigo definitivo do seu libro "A paz perpetua" unha concepción dos pobos (neste caso, beneficiados únicos e directos do movemento nacionalista) como estados independentes entre si, polo que todo estado pode e debe afirmar a súa propia seguridade, requerindo aos demáis para que entren a formar con el unha especie de constitución, o que conformaría unha Sociedade de Nacións, que cómpre diferenciar do "Estado de Nacións". Segundo Kant, todo estado implica a relación dun superior (o que lexisla) cun inferior (o que obedece), co que moitos pobos reunidos nun Estado verían a ser un só. Precisamente aquí, segundo este filósofo alemán, debemos considerar o dereito dos pobos, uns respecto de outros, en canto a que forman diferentes Estados que non deben ser agrupados nun.
Segundo isto, e dende a miña opiniñon, o nacionalismo de tipo centrípeto (ou integrador) iría en contra do dereito esencial dos pobos á liberdade, tanto no plano lexislativo (ao haber un pobo con maior poder que absorbe a outro con menor poder é de obrigado cumprimento, na meirande parte dos casos, a lexislación do primeiro por parte do segundo) como no cultural (unha das culturas acabaría absorbendo á outra), sendo o máis "natural" dende unha perspectiva kantiana a variedade étnica e cultural agrupada nunha sociedade de nacións independentes, garantindo así os dereitos de cada unha.

Abandonando o punto de vista político e enfocando a perspectiva cultural, de cara á conservación das características propias dun grupo étnico en concreto tamén sería en certo punto beneficioso un nacionalismo centrífugo (desintegrador), dado que, ao non depender fiscalmente doutro Estado externo (co expreso significado de "dependencia" como unha relación desigual) non existe ningún tipo de coacción ou presión, tanto social como económicamente falando.

Unha vez presentados os dous principais tipos de nacionalismo (centrípeto, utilizado polos imperios; e centrífugo, empregado polas nacións disgregacionistas), convén analizar os pros e os contras de cada un.

O nacionalismo centrípeto presenta vantaxes de cara ao Estado dalgún xeito superior, xa que, e aquí volto a Kant que na súa obra "Sobre a paz perpetua" di, "A diferenza entre os salvaxes de Europa e os de América está principalmente en que moitas tribus americanas foron devoradas polos seus inimigos, namentres que os Estados europeos [···] fan algo mellor: os incorporan ao número dos seus súbditos para ter máis soldados cos que facer novas guerras [···]." Con isto, conclúese que os Estados que absorben a outros máis pequenos dispoñen libremente dos recursos (humanos, económicos...) de devandito estado para seguir medrando e/ou expandíndose.

Doutra banda, o nacionalismo de tipo centrífugo, inda que é beneficioso de cara ao autodesenvolvemento dunha nación-Estado, presenta certo tipo de limitacións, xa que, como Estados independentes é probable que atopen dificultades sobre en que sustentarse económicamente, sendo na meirande parte dos casos escasamente autosuficientes.

Fronte a estas principais diferencias gustaríame destacar un modelo proposto polo escritor, debuxante e político A.D.R. Castelao no seu ensaio Sempre en Galiza, no cal expón para o actual Estado español unha República Federal constituída polas diferentes nacionalidades históricas da Península, co que se solventarían gran parte dos problemas: entre os mesmos, existiría un apoio económico no competente aos gastos estatais, pero cada Estado federal seguiría mantendo unha ampla parte da súa autonomía, tanto política como cultural. con isto, considero que se pode establecer un punto intermedio no que se consolide un estado composto por varios pobos ou nacións independentes, sempre mantendo cadansúa autonomía pero, como di o saber popular, a unión fai a forza.


(Artigo de Nicolás Alén Guimeráns)


Escribe o teu comentario (12) - Categoría: Actualidade - Publicado o 17-04-2017 17:32
# Ligazón permanente a este artigo
Persoas non humanas























No ano 2014, en Arxentina, apareceu o caso de Sandra, unha orangutana que por primeira vez recibiu a condición de persoa non humana. Esta foille entregada por un xulgado de Bos Aires e máis tarde foi confirmada por outro xuiz da mesma cidade. Pero, que significa exactamente ser unha persoa non humana?.

A persoa non humana é unha proposta de figura xurídica que se pretende otorgar a certas especies de animais de notable intelixencia. Grazas a esta, estos animais pasarían a poseer varios dos dereitos básicos que se aplican aos seres humanos. De serlles adxudicada esta distinción, estes animais non poderían seguir encerrados en zoolóxicos, pois se estaría violando o seu dereito á liberdade. Os principais beneficiados por esta medida serían os chimpancés, orangutáns e resto de grandes simios; aínda que nun futuro tentaríase extendela a outras especies coma delfíns, orcas, elefantes e certos tipos de loros.

Actualmente, estas especies atópanse protexidas só pola lei de dereitos dos animais que impoña a lexislación de cada lugar, pero grazas ao recoñecemente de "persoa non humana", recibirían o recoñecemento de tres dereitos básicos ata o momento só aplicados a persoas naturais: dereito á vida, á liberdade e a no ser maltratados física nin psicolóxicamente.

A día de hoxe existen varias causas abertas para poder conceder esta categoría a varios animais. En Arxentina, para unha chimpancé chamada Cecilia; en México, para un orangután chamado Totó, e outra en Chile. Sen embargo, esta iniciativa só conta co caso de Sandra, do cal falei máis arriba, ao seu favor. Pero organizacións coma Nonhuman Rights Project en Estados Unidos e o proxecto Gran Simio en España continúan esforzandose para lograr que un xuíz conceda un habeas corpus, unha figura xurídica creada na Inglaterra medieval que recoñece o dereito a non ser privado de liberdade sen acusación, a algún destes animais. E, segundo o abogado estadounidense Steven M. Wise, con cada caso están máis preto de logralo.



(Artigo de Aida Bernárdez Italiani )


Escribe o teu comentario (17) - Categoría: Actualidade - Publicado o 07-03-2017 19:03
# Ligazón permanente a este artigo
#Búscanse valentes


A canción e letra Búscanse valentes do Langui foi lanzada de xeito oficial o 20 de Xaneiro do 2017, este tema foi creado para a campaña "12 meses" promovida por Mediaset.

O Langui pretende con esta canción conseguir que as testemuñas de situacións de acoso cambien, que sexan moitos os valentes que a partir da campaña deixen de mirar para outro lado. Que ninguén volva a cara ante o acoso, que o buying termine e que xa non existan mais conflitos entre os nenos, que vivan en harmonía e paz.

O rap é un tipo de música moi directa e combativa, e transmite á perfección a mensaxe positiva: ¡Todos podemos ser valentes!

Esperamos goces a canción



(Atigo de O clube das ideas)

Escribe o teu comentario (20) - Categoría: Actualidade - Publicado o 16-02-2017 21:49
# Ligazón permanente a este artigo
Alepo, patrimonio da inhumanidade


ALEPO, a maior cidade de SIRIA, máis poboada que a capital Damasco, a metade de camiño na ruta que une a costa mediterránea e o Eufrates, resiste a unha ofensiva que se iniciou o 19 de decembro do 2012.

Decenas de civís foron abatidos a tiros o pasado luns na praza Ao Ahrar por soldados gobernamentais. Unicef denuncia que un grupo duns cen menores sen compañía ou separados das súas familias están atrapados ao leste da cidade sometidos aos bombardeos rusos e sirios.

Esíxese unha reunión urxente das Nacións Unidas ante os informes que chegan das atrocidades cometidas contra civís polas forzas de Bachar al Asad en Alepo e poñer fín á masacre.

URXENTE




Escribe o teu comentario (0) - Categoría: Actualidade - Publicado o 14-12-2016 22:33
# Ligazón permanente a este artigo
E niso... foise Fidel


Fidel, o fin dunha utopía inalcanzable.

Para uns heroe, para outros lider carismático e para outros principal responsable da dictadura comunista en Cuba.


Personaxe referente do socialismo e das causas dos oprimidos "foi unha desas persoas que desafiaron o establecido, empuxados por un soño: un mundo máis xusto, unha sociedade sen clases" (Alberto Garzón). Encarnou a historia da dignidade non só de Cuba, senón de América latina no seu defensa e a súa loita contra o control e o dominio dos Estados Unidos.








Escribe o teu comentario (8) - Categoría: Actualidade - Publicado o 27-11-2016 00:52
# Ligazón permanente a este artigo
La violencia que no cesa
"Todo individuo tiene derecho al respeto y a la dignidad inherente al ser humano... Todas las formas de explotación y degradacion del hombre, especialmente la esclavitud, el comercio de esclavos, la tortura, o el castigo y el trato cruel, inhumano o degradante, serán prohibidos...".

(Declaración Universal de los derechos humanos. Art.5)









(Artigo de O clube das ideas)


Escribe o teu comentario (23) - Categoría: Actualidade - Publicado o 24-11-2016 11:21
# Ligazón permanente a este artigo
Rematamos o curso 2015-16
O final do curso achégase e con el o final desta materia para nós. Como proba do noso paso por ela quedan os traballos, os artigos e a lembranza da excursión ao Parlamento.

Esta materia mestura diferentes campos de interese para nós (Ética, Filosofía, Antropoloxía, Dereito, Política, etc.). Gozamos dos diferentes debates que tivemos na aula, que nos aportaron diferentes puntos de vista dun mesmo tema.

É unha materia con moito traballo práctico que mellora as relacións entre os alumnos, a escritura e a habilidade para falar en público. Se estades cursando 1º de Bach, animámosvos a escoller Ética e Filosofía de Dereito no próximo curso. É unha materia interesante e das mais amenas entre todas as de 2º de Bacharelato.


Escribe o teu comentario (0) - Categoría: Actualidade - Publicado o 10-05-2016 09:27
# Ligazón permanente a este artigo
Entre touros e cabalos
Cando se lle pregunta a un extranxeiro polo símbolo que mellor representa a España, por normal xeneral, fan referencia aos touros. Bravo, salvaxe, perigoso, forte e violento son os distintos adxectivos que se lle atribúen a este animal na nosa sociedade.
Para algúns é un campión digno, para outros é unha vítima incomprendida. Millóns de opinións, miles de persoas e centos de festas. Só dous bandos. Unha única pregunta: Vivo ou morto?

Anualmente cada segundo martes de setembro en Valladolid, concretamente en Tordesillas, ocorre unha das tradicións máis valoradas e coñecidas do noso país: O Touro da Veiga.



Consiste en liberar ao animal polas rúas do pobo ata chegar a campo aberto. Unha vez alí, touro e lancero disputan unha loita física onde, a maior parte das veces, o hastado morre desangrado por mor dos cortes que lle propinan os alí presentes.
No caso de que este exceda os límites do torneo, será indultado e gozará dunha vida de semental cos da súa especie, ata que morra de vello.
As normas do evento son moi estritas e prohiben calquera tipo de vehículo motorizado. Así que os afeccionados van a pé ou a cabalo.

Para saber a orixe do Touro da Veiga hai que remontarse á época medieval. Algunhas fontes afirman que todo comezou en 1355 a modo de festexo cando naceu Isabel, filla do rei Pedro I.
Xa no ano 1966, Francisco Franco prohibiu o rejoneo do touro (toureo a cabalo) para darlle morte en campo aberto. Pero en 1970 viuse obrigado a autorizalo novamente por presión dos afeccionados. Dende entón seguiu representándose todos os anos ata a actualidade.
A día de hoxe, a lei española recoñece que todos somos iguais e todos temos os mesmos dereitos. Entón pregunto, por que algúns teñen permiso para mutilar e matar animais en público e outros non? Legalmente só existen dúas posibles solucións: ou se prohibe ou se autoriza o maltrato animal en toda España.
Baseándonos nisto, existen posturas a favor e en contra do tema: O Partido Animalista PACMA, que arrasa nas redes sociais, é un proxecto en defensa de todos os animais. Maniféstase dende hai 10 anos en contra do Touro da Veiga con numerosas protestas, manifestacións e chamamentos aos partidos políticos. A súa intención é abolir este "bochornoso espectáculo de crueldade, sufrimento e morte."
A súa campaña deste ano en contra dos malos tratos animais, apoiada por numerosos famosos, chámase: 'EU ROMPO UNHA LANZA POLO TOURO DA VEIGA.'


Segundo os animalistas, as persoas taurinas son seres insensibles, intolerantes, maleducados, irrespetuosos, analfabetos e asasinos.

É posible xeneralizar neste caso?
Considérase taurina a toda aquela persoa que apoia ou goza das festas caracterizadas coa morte do touro, por exemplo o toureo das prazas. Pablo Fermoso de Mendoza, experto na tauromaquia e especialista na arte do toureo a cabalo, é considerado un dos mellores rejoneadores do mundo.E quen mellor que el para explicar que se sente ao xogarse a vida diante dun bovino de 500kg?
(Recomendable ver o vídeo a partir do minuto 9.)
https://www.youtube.com/watch?v=6PQJ6GvGjDY

Se observamos a tauromaquia en profundidade, descubriremos que existen uns "actores secundarios" nos que pouca xente repara: os cabalos. Monturas pesadas e incómodas, espuelas/esporas afiadas, bocados agresivos e daniños para a sensible boca do cabalo (coñecidos como 'bocados vaqueiros'), serretas (instrumentos que se lle colocan no nariz que dificultan a respiración e provocan feridas para obter submisión), ferraduras, continua tensión, medo, etc.





Espora
Serretas








Bocados Vaqueros
Montura Vaquera

O cabalo por natureza ten instinto de presa e en ningún momento vai querer entrar en conflito cun depredador por vontade propia, neste caso, o hastado.
Pero, quen somos nós, os galegos, para criticar e xulgar o trato que se lle dá aos equinos? Xustamente nós, os de Rapas dás Bestas.



Candaoso, Mougás, Sabucedo, Domaio ou San Cibrán. Definitivamente ningunha provincia galega escapa desta tradición. É curioso como un gran público turístico achégase cada ano ás nosas terras para ver centos de cabalos semisalvaxes comprimidos como sardiñas enlatadas nos curros, á espera de ser desparasitados mediante a forza humana.




Tiróns de crines e cola, ataduras en extremidades, dificultade da respiración por acción humana mediante presión, separación de potrillos e nais, enfrontamentos entre mandas,...
De verdade temos o cerebro tan pouco evolucionado como para seguir usando as mesmas técnicas que os nosos devanceiros?
Non era que máis vale maña que forza?
Ás veces chámaselle animal ao ser vivo equivocado.
Touros, cabalos, cans, raposos ou crocodilos; todos eles usados polos caprichos dos seres humanos.
E para terminar, unha reflexión da miña colleita:

Quen busca a paz entre irmáns
nunca a vai atopar,
pois primeiro deben respectar
ao ser que chaman animal.



(Artigo de Uxía Blanco)


Escribe o teu comentario (8) - Categoría: Actualidade - Publicado o 03-05-2016 21:56
# Ligazón permanente a este artigo
Dereito á libre circulación entre países



"1. Toda persoa ten dereito a circular libremente e a elixir a súa residencia no territorio de cada Estado.

2. Toda persoa ten dereito a saír de calquera país, incluso do propio, e a regresar ao seu pais".

(Declaración universal dos dereitos humanos, artígo 13)


Isto é algo que todo o mundo debería respetar xa que dá igual a nacionalidade, a raza, ou a crenza que teña cada un, todos somos persoas, polo tanto todos somos iguais.
Este conflito, como moitos outros, ten a súa orixe, na captura política, na pobreza, na guerra, na violación dos dereitos humanos e tamén na desigualdade. Movementos sociais, grupos espontáneos de persoas, organizacións que comezaron a mobilizarse e reclamar os dereitos que consideraban perdidos.

A día de hoxe, a cifra de mortos chega ata os 210.060, case a metade de todos eles civís, aínda que a cifra real probablemente sexa maior. Entre os mortos hai 10.664 nenos e 6.783 mulleres. O observatorio sirio para os Dereitos Humanos concretou que 35.827 dos falecidos eran insurxentes e 45.385 membros do exército de Al Assad. Siria tiña una poboación duns 23 millóns de persoas, e segundo as Nacións Unidas afírmase que uns 3,73 millons de sirios fuxiron do país na procura dunha vida mellor.
“Save The Children” é unha das ONG´S que axuda de diferentes formas aos nenos e nenas refuxiados de Siria distribuíndo materiales básicos para a supervivencia, facilitando alimentos ás familias, apoiando na educación, protexendo nenos e manténdoos en bo estado de saúde.



Uns 4 millóns de refuxiados fuxiron a distintos países, os principais son os seguintes:
-Turquía; Acolleu case 2 millóns de refuxiados.
-Líbano; Máis de 1 millón de refuxiados.
-Xordania; 600.000 refuxiados.
-Iraq; 250.000 refuxiados.




(Artigo de Andrés Álvarez Terán)


Escribe o teu comentario (19) - Categoría: Actualidade - Publicado o 17-02-2016 23:56
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Licencia Creative Commons