O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

Quen son eu?

Sabias que a palabra persoa provén do teatro?. O termo grego do que deriva significaba máscara. Trátase da carátula que lle cubría o rostro ó actor cando interpretaba o seu papel nunha obra de teatro. Persoa é o personaxe, o rol que caracteriza a cada un dos que interveñen nuha representación.

Cada un de nós, como persoas, temos as nosas características, esas que fan que eu sexa eu. Ser único e irrepetible é o que me fai ser unha persoa.


No tempo da Grecia clásica construíuse en Delfos un santuario dedicado ó deus Apolo, na parte dianteira figuraba unha inscrición que dicía: Coñécete a ti mesmo.
E coñecernos a nós é importante. Aínda así case nunca nos preguntamos como somos. E cando nolo preguntamos, sobre todo na adolescencia, o resultado é que non nos gustamos, como non nos gustamos non nos queremos nada nin nos valoramos.


A maneira de vestir, andar, falar, os nosos modais, etc. son aspectos que constituen a nosa tarxeta de presentación , a nosa personalidade. En boa medida está condicionada polos xenes, que nos proporcionan unha gran variedade de predisposicións. Pero o ambiente e as experiencias da vida ocúpanse de modelar todas esas posibilidades nunha dirección ou noutra.

Os rasgos da personalidade son os causantes de que pensemos, sintamos e actuemos dun xeito determinado. Velaquí algún deles: agresividade, timidez, entusiasmo, sociabilidade, impulsividade, sentimental, altruista, valente, cordial, intelectual, pacífico, reservado, falador, pesimista, romántico......




Fai unha pequena descrición de quen es,
dos teus rasgos de personalidade
e non esquezas, ao compoñer esa imaxe, indicar o que pensas do mundo,
a túa filosofía de vida


Escribe o teu comentario (35) - Categoría: Filosofía - Publicado o 22-04-2009 15:54
# Ligazón permanente a este artigo
En tempos de CRISE.....
Os periodos de crise son unha constante na historia do pensamento occidental. Son épocas de tensións e dúbidas tamén de desconcerto; pero sempre ó final des mesmas apareceron ideas novas e innovadoras.

No s. IV a. C na época helenística, aconteceu unha crise social, política e cultural de grandes dimensións. Os filósofos gregos reaccionaron ocupándose só de asuntos privados como é a búsqueda da propia felicidade. Entón apareceron no panorama cultural grego os epicúreos, estoicos, etc.


Tamén no s. XIV , na Idade Media aconteceu a crise do pensamento escolástico. Daquela G. de Ochkam enfrontábase ós seus contemporaneos defendendo a separación da Igrexa fronte Estado, da Relixión fronte Filosofía, e da Razón en relación ca Fe.


A Europa de comezos do s. XXI está a vivir unha profunda crise en moitos sentidos:

de valores: os valores son importantes porque dirixen a conducta. Hoxe en día enfrentámonos a unha perda de valores tradicionais como a laboriosidade, a honestidade, o sentido do relixioso.

de autoridade: entendida en dúas dimensións; unha individual ( disciplina, respeto ás normas); e outra de caracter comunitario e social referida á nosa condición de cidadáns.

financiera: é a crise económica que ten como principal factor a crise do sistema finacieiro, e dicir, non tanto da economía productiva de bens tanxibles ( industria, agricultura) que pode verse afectada ou ser a causa estructural, pero non é o centro ou orixen inmediato da crise; senón fundamentalmente o sistema bancario ou o sistema monetario ou ambos.


¿ Suxírete todo isto algún comentario?


Escribe o teu comentario (15) - Categoría: Filosofía - Publicado o 05-01-2009 21:33
# Ligazón permanente a este artigo
Dialogar.... para que?



Na antiga polis de Atenas, o primeiro filósofo en decatarse da importancia do diálogo foi Sócrates. Lonxe da frivolidade dos sofistas e valorando a palabra como expresión do pensamento prestábase a debater calquera asunto da vida pública.

Mais tarde, nos anos 70, surxíu en Alemania a Ética do diálogo, creada por dous filósofos: Apel e Habermas. Ambos pensan que é necesaria unha ética universalmente válida para solucionar os problemas globais que ten prantexados hoxe a humanidade.

Según ela, o que caracteriza ás persoas é a súa disposición a resolver de maneira pacífica e mediante o diálogo os conflictos que se poden prantexar nas relacións cos outros, pois ca linguaxe somos capaces de entendermos e razoar.O ideal moral destas éticas é a persoa dialogante que busca acordos e entendementos.

É claro que podemos utilizar a palabra co fin de enganar, ou vencer o adversario, pero o único diálogo que serve para lexitimar normas é aquel no que participan todolos afectados en pé de igualdade, libres e sen coaccións.


¿Consideraste unha persoa dialogante?

¿Cales son as características da persoa dialogante?



Escribe o teu comentario (17) - Categoría: Filosofía - Publicado o 14-10-2008 22:47
# Ligazón permanente a este artigo
ROUSSEAU e o Estado de natureza

Se votamos unha ollada á historia da humanidade, atopamos alá polo século XVIII a J.J. Rousseau. Este filósofo, opoñendose ó optimismo dos ilustrados e anticipándose a todos os movementos contraculturais contemporáneos facía unha crítica profunda da sociedade do seu tempo.



As bases fundamentais desta crítica eran:

1.-No estado de natureza todos os seres humanos somos bos, felices, independentes e libres.

2.-A sociedade transforma a natureza humana con novas inclinacións: ambición, desexo de poder, envexas e desigualdades.

3.-Podemos recuperar de novo esa natureza orixinal por dous camiños: unha nova educación (Emilio) ou pola vía política (O Contrato social) da soberanía popular


¿E tí que pensas?




Escribe o teu comentario (23) - Categoría: Filosofía - Publicado o 21-02-2008 12:03
# Ligazón permanente a este artigo
¿Que é a Filosofía?
Eu son un bosque de tenebrosas árbores e unha noite escura, pero quen non se asusta da miña soedade, baixo meus cipreses atopará fermosas rosas trepadoras



A Filosofía apareceu alomenos en tres lugares diferentes: Grecia, China e India. En todos ten como fundamento a búsqueda da verdade e da felicidade. Para conseguir iso é preciso eliminar creencias absurdas e medos irracionais mediante o exercicio da razón.

O uso do termo filósofo atribúese por primeira vez a Pitágoras, significaba "amante da sabedoría", en oposición a sofos , que se refería a aquela persoa que poseía xa a sabedoría.

Nos seus comenzos estibo misturada ca mitoloxía e a cosmogonía. Según Platón e Aristóteles a filosofía nace da admiración e o asombro ante un mundo enigmático que formula toda sorte de interrogantes.

¿Para que filosofar?.
¿É a filosofía un saber útil?
¿Que valor pode ter hoxe?
¿É ciencia a filosofía?



Escribe o teu comentario (11) - Categoría: Filosofía - Publicado o 15-11-2007 11:37
# Ligazón permanente a este artigo
¿Sociais por natureza?
Entre os pensadores que defenden a natureza social do ser humano está Aristóteles (s. IV a C.). Na súa Política argumenta do seguinte xeito:

. O ser humano é, por natureza, un animal
cívico.

. A razón principal é que só o ser humano posúe a
palabra.

. Os humanos posúen o sentido do bo e do malo, do xusto e do inxusto.

. A cidade é unha comunidade perfecta e posúe a
autosuficiencia total.


¿E tí que pensas?.....





Escribe o teu comentario (14) - Categoría: Filosofía - Publicado o 26-10-2007 23:34
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal
Licencia Creative Commons


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0