O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

#FilosofíaSI
“Je pense, donc je suis”, deixou escrito René Descartes no seu célebre Discours de la méthode. Unha formulación filosófica con antecedentes expresada no “cogito ergo sum” (penso, logo son). Ese pensamento é unha materia pendente na Galiza desde que a LOMCE lle restou presenza á Filosofía no currículo escolar.
Tras as últimas modificacións no sistema educativo introducidas pola LOMCE, a Filosofía queda relegada á categoría de materia optativa en segundo de bacharelato. Esta modificación do plan de estudos entrou en vigor o setembro pasado. Pois ben, o pasado 30 de agosto, un grupo de profesoras e profesores presentaron una iniciativa lexislativa popular (ILP) abalada por 8200 firmas no Parlamento galego para pedir que a Historia da Filosofía sexa considerada materia troncal no segundo curso de bacharelato, como vén acontecendo noutras comunidades como Cataluña e Aragón.
Esta iniciativa de carácter apartidista foi promovida por un grupo de profesoras e profesores en colaboración cos membros da Facultade de Filosofía de Santiago. Non se trata dunha cuestión de postos de traballos ou horas de docencia senón de algo que vai moito máis alá: o que está en risco é a saúde dunha sociedade que elimina a filosofía do seu sistema educativo. A filosofía non é un contido máis senón que afecta a toda dimensión formativa existencial vital de cada cidadán.
Na época que vivimos, do utilitarismo, do pensamento único, del todo vale, a xente se pregunta: “¿Filosofía, para qué?” …. “Aprender a filosofar axuda as xentes – e sería a primeira tarefa- a recuperar o pulso da reflexión, facendo un alto no camiño para chegar a saberse a si mesmos e apropiarse dos seus mellores posibilidades vitais, que é, a fin de contas, no que consiste a liberdade” (Adela Cortina, “La filosofía en la escuela”; El País).



Que importancia ten a filosofía a día de hoxe?, isto é como se preguntásemos: necesitamos pensar?, a filosofía dá ferramentas que axudan a ter criterio propio e isto é fundamental vendo o complexa que é a realidade, contribúe á educación de mozos e mozas. Educar non é só preparar empregados, senón ante todo cidadáns e ata persoas plena e consciente humanas, porque educar é cultivar a humanidade e non só preparar para triunfar no mercado laboral. E é tamén a verdadeira función da filosofía, por iso a súa reivindicación nunca debe abandonarse, así nolo recorda Fernando Sabater. Nun mundo tan complexo é cando máis necesitamos cuestionar os feitos, debatelos, ensino non só ten que servir para achegar destrezas e competencias, senón que debe contribuir "a amoblar a cabeza da xente". A Filosofía "forma" e "non só informa" aos estudantes, ao mesmo tempo que lles dá referencias para enfrontarse a un mundo cada vez máis difícil porque é cambiante. A ensinanza debe adecuar súa folla de ruta as cambiantes necesidades da sociedade, pero sería un erro lamentable –quizais irreparable– prescindir de disciplinas que, como a Filosofía, permiten coñecer a historia do pensamento e preparan aos alumnos para que reflexionen sobre o que acontece; materias que inculcan valores imprescindibles para construir unha sociedade máis xusta, solidaria e tolerante; en definitiva, una sociedade mellor.

Esta iniciativa desenvolvida durante os últimos meses continuará con outra en internet. A partir do vindeiro 16 de setembro tras o comezo do novo curso, a campaña Chía pola filosofía! anima a profesores e alumnos a publicar en twitter e inundar as redes con sentenzas e frases de filósofos acompañadas do cancelo #FilosofiaSi.

PARTICIPA CON NÓS !!



Escribe o teu comentario (32) - Categoría: Filosofía - Publicado o 13-09-2017 23:20
# Ligazón permanente a este artigo
O dereito á participación política

"1. Toda persoa ten dereito a participar no goberno do seu país, en forma directa ou por medio de representantes libremente elixidos.

2. Toda persoa ten dereito de acceso, en condicións de igualdade, ás funcións públicas do seu país.

3. A vontado do pobo debe ser a base da autoridade do goberno: esta vontade expresarase mediante eleccións auténticas que haberán de celebrarse de forma periódica, polo sufraxio universal e igual e que se realizará por voto secreto ou outro procedemeto equivalente á liberdade de voto".

(Declaración Universal dos dereitos humanos. Artigo 21)


Porén non en todos os países son respectados os dereitos democráticos dos cidadáns. Os principais problemas que ameazan a democracia actual son a escasa participación, a corrupción, os medios de comunicación manipulados, a preeminenza do poder económico e a discriminación sexual entre outros. No seguinte mapa podemos ver o nivel de liberdade dos cidadáns nos diferentes países do mundo



Países como Cuba, China, Venezuela, Corea do Norte, e a meirande parte dos países de África excepto Sudáfrica, non son gobernos democráticos, básicamente porque non hai división de poderes. Un partido único toma o poder e priva aos cidadáns dos seus dereitos. Moitos destes gobernos son comunistas e presentan aos seus rexímenes como democráticos aínda que só o son en apariencia.

O caso máis soado pode que sexa o de Corea, onde o seu réxime comunista fai que os seus cidadáns sigan vivindo nunhas condicións similares ás do antigo réxime, cunha economía subdesenvolta e anticuada. Polo mesmo feito de ser un réxime comunista, Corea do Norte está en conflito con Corea do Sur, que é capitalista. Isto é un problema para os cidadáns de ambos paises pois a súa fronteira é case infranqueable. Dada esta situación son moitas as persoas que intentan escapar desde forma de vida pero, ando as descobren son devoltas a Corea do Norte, onde son severamente castigadas por traidoras e, como represalia, tortúranas, encarcélanas ou mátanas.


A prensa é dificil que obteña permiso para cruzar ao outro lado, pois Corea do Norte non quere que investiguen os seus asuntos, en cambio, os turistas teñen máis facilidades para pasar. Porén deben ir acompañados por un guía e non se poden desviar da súa ruta pois o goberno só quere ensinar a parte bonita do país, esquecendo mostrarlles a realidade: a pobreza, as atrocidades que comete o réxime ou o sufrimento de gran parte da poboación.

A poboación sofre tantas restricións que incluso o seu ditador, Kim Jong-un, chegou ao extremo de prohibir o seu nome para o resto dos mortais, elevando así a súa figura como líder. O anterior ditador, o difunto querido líder, Kim Jong-il (pai de Kim Jong-Un), creou unha directiva que controla o censo dos cidadáns chamados Kim JongUun e presionalles para que se cambien de nome.

Para demostrar ao mundo que Corea do Norte non é unha ditadura, o 9 de marzo de 2014, Kim Jong-Un celebrou unhas elecións que gañou co cento por cento dos votos. Que casualidade!. Este é só un exemplo dos moitos casos que se deron na historia da humanidade. Son claramete un exemplo da violación dos dereitos humanos e non só do dereito á participación política.

Isto ten que cambiar, pois as persoas deben vivir con liberdade dentro da marxe legal, tanto para elixir libremente o nome dos seus fillos como para decidir quen vai ser o seu gobernante. Pois democracia significa poder do pobo e como podemos observar isto non é tal. Están sometidos por unha ditadura mal disfrazada de democracia e, en certo modo nunha situación que se asemella ao Antigo Réxime. Pero ninguén fai nada por evitalo e son moitos os que sofren en silencio pois non se atreven a revelarse por medo ás represalias que poida tomar o réxime contra eles. Pola contra, son moitos os rinden culto ó Lider, e que están a favor de que unha soa persoa exerza o control sobre o resto e seguenlle o xogo aumentando os seus aires de grandeza ao alabalo coma se fora un deus.


(Artigo de Lucía Estévez)

Escribe o teu comentario (0) - Categoría: Filosofía - Publicado o 03-12-2015 20:27
# Ligazón permanente a este artigo
O aire, elemento primordial
Ainda que non se pode ver e tampouco ulir, o aire está ao noso aredor. Se sinte ao abrir unha fiestra, cando bailamos ou cuando nos balanceamos nos columpios.

O aire está formado principalmente por dous gases: o nitróxeno e o osíxeno; a maior parte do aire respirable conten nitróxeno, pero o oxígeno é máis importante ainda que esté en menos proporción, pois sen el non poderíamos respirar.
O aire en movemento chámase vento.

O vento ten moita importancia dende o inicio dos tempos. Sempre foi o encargado de conducir os barcos a través dos mares. O vento permitiu a navegación e con ela levou ao ser humano a outros continentes. Tamén permite repartir as sementes das flores por todo o bosque, leva a vida dun sitio para outro. O vento axuda ás aves a moverse a buscar mellores terreos e axuda aos insectos a desprazarse e a polinizar os campos. É usado hoxe en día como fonte de enerxía, mediante o uso dos aeroxeneradores ou molinos xigantes que vemos dende as estradas.

A enerxía do vento depende directamente da forza do sol.
Para que o vento sopre e se mova polo noso planeta, é necesario que o sol quente unhas zoas e deixe outras sen quentar, de modo que o aire quente tenda a subir e desprace masas de aire xenerando o fenómeno en cuestión.
Por todo iso, vemos que a importancia do vento na historia do ser humano e para a existencia dos animais é moi grande.


O aire é esencial dende sempre xa que permite a vida na terra. Os beneficios que nos proporciona son incontables, pero tamén pode causar moitas catástrofes como furacáns ou tornados. Un aire contaminado tamén é moi prexudicial para a saúde.

Na mitoloxía grega, os Anemoi eran deuses do vento, que correspondían aos puntos cardeais de que os seus respectivos ventos viñeran, e foron asociados a varias estacións e condicións climáticas. A veces eran representados como simples ráfagas de vento, outros foron personificados como homes alados, e ás veces incluso tomou a forma de cabalos mantidos no corte do seu mestre e gobernante, Eolo, que vive na illa Eólia, ao mesmo tempo os demás deuses, especialmente Zeus, exercen poder sobre eles. Según Hesíodo os ventos beneficiosos — Noto, Bóreas, Argestes y Céfiro— eran fillos de Astreo y Eos, e os destructivos lo eran de Tifón. Existían rituais nos que sacrificabanse cordeiros negros aos ventos destructivos e brancos aos favorables. Bóreas tiña un templo no río Iliso en el Ática. Entre Titane y Sicion había un altar dos ventos, no que un sacerdote ofrecía un sacrificio unha vez ao ano.

Homero xa menciona os catro ventos principais: Bóreas, o vento norte que trouxo o aire frío do inverno, Noto, o vento sur que trouxo tempestades do fin do verán e outono; Zephyr, o vento oeste, que trouxo suaves brisas da primavera e comezos do verán, e Euro, o vento leste, que non foi asociado a ningunha das tres estacións gregas e é o único destes catro que non é mencionado na Teogonia de Hesíodo ou nos himnos órficos. Bóreas e Zephyr son moitas veces mencionados xuntos en Homero, como o Euro e Noto.
As divindades equivalentes os Anemoi na mitoloxía romana eran os Venti (de 'ventos' latino). Estes deuses tiñan nomes distintos, pero moi similares aos seus equivalentes gregos, prestando os seus atributos e sendo frecuentemente mesturados con eles.

(Artigo de Antonio Díaz Fernández)


Escribe o teu comentario (12) - Categoría: Filosofía - Publicado o 01-10-2013 23:07
# Ligazón permanente a este artigo
A Terra, elemento primordial.

O elemento terra, xunto coa auga, lume e aire, é un dos catro elementos das cosmogonias tradicionais en Occidente e está presente en todas as relixións e os seus rituais, na filosofía, alquimia e astroloxía . É considerado pasivo e feminino, como o elemento auga, en relación ao aire e lume, activo e masculino.

Empédocles de Agrigento foi un filósofo grego e demócrata político. Cando perdeu as eleccións foi proscrito e dedicouse á filosofía. El postulou a teoría das catro raíces, que Aristóteles máis tarde chamaría elementos, recollendo a auga de Tales, lume de Heráclito, aire e terra de Anaxímenes e Xenófanes que son mesturados en diferentes entidades no resto da natureza (physis).

Nas cosmogonias antigas o simbolismo da terra e o ceo xogan un papel fundamental. O ceo (activo) para fertilizar a terra (principio pasivo) deu existencia á Natureza. Neste proceso, a terra asume o papel do elemento feminino, receptivo e acolledor: Terra Nai, Señora da Natureza ou Deusa-nai. Para os pobos Neolíticos é a matriz universal.

Outro aspecto do elemento terra está relacionado cos ritos de enterro, no sentido da reintegración no seno da nai. Os Sioux, por exemplo, distinguen dous aspectos nunha simple frase: "A Terra é a súa avoa e nai".

A Terra tamén é un planeta do sistema solar que xira en torno a súa estrela na terceira órbita máis interna. Ela é a máis densa e é un dos oito planetas do Sistema Solar.

(Artigo de Juan Junior Comesaña).




Escribe o teu comentario (11) - Categoría: Filosofía - Publicado o 05-05-2013 22:27
# Ligazón permanente a este artigo
A moral nietzscheana
Friedrich Nietzsche (1844-1900) filósofo, poeta, músico, filólogo alemán e un dos pensadores modernos máis influentes no século XX. Realizou unha crítica exhaustiva da cultura, a relixión e a filosofía occidental. Destacan obras tales coma Máis alá do ben e do mal (1886) e A xenealoxía da moral (1887).

A moral tradicional é dogmática concede ós valores unha existencia obxectiva e esquece que dependen de nós, considera tamén que son inmutables e teñen valor universal. Nietzsche critica esta concepción da moralidade.
Os valores morais non teñen unha existencia obxectiva, non existe un ámbito no que se atopen coma realidades independentes das persoas. Os valores créanos as persoas, nós os creamos e existen porque os interiorizamos.
Asímesmo, a moral tradicional creu que tódalas leis morais valen para todos os homes e mulleres e se realmente existisen nun mundo verdadeiro e obxectivo poderíamos pensar na súa universalidade, pero este mundo non existe, polo que os valores créanse e por iso cambian ao longo do tempo. Na Xenealoxía da moral analiza a súa orixe e fai unha distinción entre dúas morais: a dos señores e a dos escravos.

- A moral dos señores é aquela na que todo o que é bo é o que eleva ao individuo, todo canto leva a afirmar a vida; bo é o mesmo que nobre, poderoso, fermoso e feliz.

- A moral dos escravos: esta moral é a do rabaño e a mediocridade, unha moral que se basea no instinto de vinganza contra entes superiores. É a moral que perpetuou o cristianismo e asumen as democracias que quere igualar a todas as persoas e glorifica todo aquilo que fai soportable a vida aos débiles. Nesta moral o bo e igual a pobre, feo e enfermo.

Para Nietzsche a moral orixinal foi a dos señores e está na base da cultura occidental, a rebelión dos escravos produciu a inversión dos valores morais. Tanto a Moral como o Dereito naceron para disciplinar á humanidade, certos instintos humanos necesitaban ser reprimidos e castigados, inténtase así facer do home un ser sociable suxeito ás regras, e facelo igual entre os seus iguais. Nietzsche afirma que a fe (relixión) e a autoridade (estado) son as fontes da conciencia, e o dereito é un instrumento punitivo ó servizo dos estados.


Nunca tedes oido falar daquel home tolo que, cunha linterna acesa,
na claridade do mediodía, ía correndo pola praza e berraba: "busco a Deus"?
¿E que precisamente arrincou unha gran gargallada dos que alí estaban reunidos e non crían en Deus?.
É que se perdeu?, dicia un.
Extraviouse coma un neno?, dicía outro, ou é que se agochou?.
Ten medo de nós?. Emigrou?, así berraban rindo uns con outros.
O home tolo saltou no medio deles e tradeounos coas súas miradas. "A onde se foi?" -exclamou-, vóuvolo dicir. Matámolo nós. Vós e eu

(A Gaia ciencia, III, 125)


O pensamento deste autor é actualidade, recentemente o cineasta húngaro Béla Tarr recrea unha fermosa e impecable lección nietzscheana na súa película O cabalo de Turín. Alí, nunha atmosfera triste e misteriosa aparece un monólogo apocalíptico, relacionado directamente co Zaratustra. Tamén a editorial Herder publicou o primeiro manga filosófico adicado a este autor. A lectura deste filósofo segue sendo unha fonte inesgotable de intuicións vitais, subversivas e perigosas.

(Artigo de Sara Da Silva)

Escribe o teu comentario (11) - Categoría: Filosofía - Publicado o 15-05-2012 23:35
# Ligazón permanente a este artigo
El nacimiento de la Filosofía
En Grecia, allá por el siglo VI a. de C., unos hombres emprendedores, los primeros filósofos, comienzan a cuestionarse tanto las explicaciones que daban los mitos como las pautas de conducta que ofrecían. Eran unos hombres a quien les atraía hacerse preguntas, que rechazaban los relatos míticos de sua época, que constataban leyendas diferentes en pueblos diferentes. Estos hombres, dominados por una gan curiosidad y por una actitud crítica, son los que protagonizaron lo que se conoce como milagro griego: el paso del mito al logos.

Para ellos, este paso significaba desconfiar de las imaginativas narraciones o explicaciones populares y, con una mirada nueva, observar y analizar la naturaleza (physis), intentando descubrir en ella las causas de los acontecimientos; por eso, en lugar de hablar de divinidades empezaron a inventar conceptos.

Idea de: Yago Casal / presentations from oclubdasideas


Con los mitos, el mundo era caótico y arbitrario: nada estaba sometido a leyes naturales fijas; con la visión racional del mundo, éste aparece ordenado y regido por unas leyes estables y fijas que se pueden descubrir.

Con los primeros filósofos -llamados presocráticos- el logos se liberaría del mito igual que las escamas se desprenden de los ojos del ciego. Más que un cambio de actitud intelectual, de una mutación mental, se tratará de una revelación decisiva y definitiva: el descubrimiento de la razón y con él el nacimiento de la ciencia y de la filosofía.





Escribe o teu comentario (21) - Categoría: Filosofía - Publicado o 16-10-2011 20:43
# Ligazón permanente a este artigo
Mito e Logos
O inicio da Filosofía está no paso do mito (μuθος) ó logos (λóγος), é dicir, no paso de explicacións tradicionais e arbitrarias a explicacións lóxicas e racionais. Os gregos, protagonistas deste cambio, fundaron o que chamamos Filosofía (φιλοσοφία).

Na Grecia do século VI a.C. uns homes emprendedores comezaron a cuestinar tanto as explicacións que daban os mitos como as pautas de comportamento que ofrecían, foron os primeiros filósofos . Eles desconfiaban das narracións imaxinativas, das explicacións populares e cunha nova mirada, observan e analizan a physis (φύσις) intentando descubrir nela as causas dos acontecementos.

Este paso deuse dunha vez para sempre,
ou temos de novo que repetilo?.


Os mitos non son cosa do pasado. Hoxe, en pleno século XXI tamén temos algúns. Unha das mitificacións mais frecuentes de nosa sociedade reside no poder outorgado á ciencia. Esta parece como un coñecemento obxectivo, rigoroso e definitivo capaz de liberar ós humanos dous seus sufrimentos. Tamén poderíamos falar do mito da opinión pública. Pero a que realidade faise referencia cando falamos de opinión pública?. E finalmente: o poder da tecnoloxía. Os avances na ciencia e na técnica concedenlle ós humanos un poder ilimitado sobre a natureza e a humanidade.



Escribe o teu comentario (18) - Categoría: Filosofía - Publicado o 05-10-2010 22:57
# Ligazón permanente a este artigo
Ética e Filosofía do dereito
Moitos mozos pensan que non poden facer nada por mellorar a sociedade e as condicións de vida do mundo en que vivimos. Que podo facer eu para acabar coa fame, as guerras, o cambio climático...? Vemos os problemas con distancia e as veces con impotencia. Pasamos da política.

É certo, as sociedades contemporáneas son complexas. A diversidade cultural e ideolóxica que as conforma precisa dunha formación de súa cidadanía que lle permita afrontar os retos dese pluralismo en contínua transformación.

No barrio, no instituto, nas cidades en que vivimos hai decenas de problemas. Aínda moitos non podemos votar nin presentarnos a unhas eleccións, pero podemos debater con outros sobre posibles solucións, idear proxectos que melloren a vida de todos. É preciso desenvolver a nosa dimensión cidadá cara o compromiso social.

Iso é o que este ano intentaremos facer dende esta materia chamada ÉTICA E FILOSOFIA DO DEREITO


Escribe o teu comentario (11) - Categoría: Filosofía - Publicado o 22-09-2010 22:26
# Ligazón permanente a este artigo
HIPATIA , muller, filósofa e científica.
ÁGORA,
unha película de Amenabar,
ambientada na Alexandría do século IV,
onde unha muller chamada Hipatia móstrase coma un personaxe fascinante.


A historia de Hipatia vai unida á mítica Biblioteca de Alexandría, onde se acumulaban gran parte dos coñecementos que a humanidade conseguira ata entón, e que ela intentaba defender.

Na película relátanse os desvelos desta muller, primeira científica e filósofa de occidente, por protexer os valiosos papiros depositados alí. E todo isto en Exipto, durante a ocupación romana, fai 1600 anos.

Alexandría, situada no delta do río Nilo, foi fundada por Alexandre Magno e daquela era a cidade máis importante do mundo. Tiña un porto comercial, un xigantesco faro que media 100 metros de altura e que fora considerado unha das setes marabillas do mundo, contaba tamén cunha fastuosa biblioteca, un xardín botánico, e un observatorio astronómico. Cidade cosmopolita exemplar, nela convivian xentes procedentes de moitos lugares.
O seu Museo -chamado así por estar consagrado ás musas, deusas das artes e das ciencias- converteuse no maior centro de investigación da época. Nel estudábase matemáticas, astronomía, historia, física, literatura, medicina, filosofía... e un sin fin de materias. Alí impartía clase Hipatia, nunha época na que as mulleres tiñan poucas oportunidades e nun ambente de homes, ela desenvolveuse con valentía ata que un grupo de fanáticos prenden lume á biblioteca e danlle morte no ano 415 a. C.... E a cidade luxosa, chea de palacios e xardíns, afundíuse polo seu propio peso no lodo do Nilo.


Non che perdas o acontecemento!
Deixámoste cunha pequena mostra
da rodaxe.




Escribe o teu comentario (21) - Categoría: Filosofía - Publicado o 14-10-2009 14:56
# Ligazón permanente a este artigo
Bo hoxe, malo mañá.
Na Atenas democrática apareceron os sofistas, mestres ambulantes, desarraigados e forasteiros en tódalas polis. Filósofos que venden o seu saber, polo que serán duramente criticados.

Abandoan as abstractas discusións dos filósofos anteriores sobre a fisis e introducen novos problemas sobre o dereito, a política, a sociedade...

Critican as costumes, a relixión as institucións e introducen na sociedade o escepticismo ó ensinar a discutir o si e o non dunha mesma cousa. Defenden:

1- o relativismo: hai cousas que son xustas por natureza e hai cousas que son xustas polos acordos humanos.

2- O home é a medida e de él depende toda a moral dicía Protágoras. O dereito, o estado, a sociedade, a lei, a moral son resultado dun consenso entre cidadáns; é dicir dependen da polis na que estés.

3- A virtude (areté) lonxe de ser algo interior consiste no éxito político e social.



Escribe o teu comentario (13) - Categoría: Filosofía - Publicado o 28-05-2009 00:25
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal
Licencia Creative Commons