O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

¡Ata sempre!




Escribe o teu comentario (4) - Categoría: Saúdos - Publicado o 02-06-2009 16:36
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza un novo curso



Despois desta paréntese, de novo na blogosfera con todos vos. Comeza un novo curso e con él novos sonos, novas ilusións... Todo un desafío para os que temos como tarefa transmitir valores, coñecementos, actitudes e procedementos ás novas xeracións de rapaces-as.

Algúns xa vímonos nos primeiros días de Setembro, e dende entón o profesorado do centro e o equipo directivo estamos traballando na organización e planificación do mesmo. Este ano temos algunhas novidades: a entrada en vigor da polémica materia chamada Educación para a Cidadanía, novas asignaturas (Antropoloxía, Ciencias para o mundo Contemporáneo, Tecnoloxías da información e comunicación) e reformas nos espazos do "insti"

Dende aquí enviamos ós que hoxe están nas P.A.A.U. toda a forza e o ánimo do mundo. Confiade nas vosas capacidades porque estades ben preparados.

UNHA APERTA


Escribe o teu comentario (5) - Categoría: Saúdos - Publicado o 17-09-2008 17:01
# Ligazón permanente a este artigo
A FIN DUNHA VIAXE



Chegamos ó fin da nosa travesía, os ventos foronnos favorables, nesta primeira singladura. Por un tempo a viaxe quedará aprazada e outr@s viaxantes nun futuro próximo retomarana con novas ideas.

A nós, espéranos unha nova e longa aventura cara a Universidade, traballos, ciclos ...

Moitas GRAZAS polo voso apoio e colaboración, esperamos volver ler os vosos comentarios máis adiante.

MARÍA

HADRIÁN

IRENE

SILVIA, e...

CARMEN



Escribe o teu comentario (4) - Categoría: Saúdos - Publicado o 05-06-2008 16:32
# Ligazón permanente a este artigo
¡¡ FELIZ ... 2008 !!
(Video do poema de Alvaro Cunqueiro, interpretado por L.E. Batallán e subido a You Tube por nicogoncas2. Graciñas por compartilo.)

No niño no vó do vento
hai unha pomba dourada.

Quen puidera namorala
quen puidera namorala, meu amigo.

Canta o luar e o mencer
en frauta de verde olivo.

Quen puidera namorala
quen puidera namorala, meu amigo.

Ten aires de frol recente
e cousas de recen casada.

Quen puidera namorala
quen puidera namorala, meu amigo.

Tamen ten sombra de sombra
e andar primeiro de rio.

Quen puidera namorala
quen puidera namorala, meu amigo



**********



Escribe o teu comentario (0) - Categoría: Saúdos - Publicado o 01-01-2008 22:23
# Ligazón permanente a este artigo
Benvid@s tod@s.....
Con moita ilusión inauguramos este espazo de comunicación, para compartir con todos os que desexen visitarnos, opinións, vivencias e ilusións.

Somos estudantes de 2º de Bacharelato do IES Alvaro Cunqueiro de Vigo. Nosa profesora de Ciencias Políticas e Socioloxía animounos a "entrar na rede" e compartir parte do traballo realizado día a día na aula con todos vos.

¡¡ Benvidos-as o noso espazo !!
Escribe o teu comentario (7) - Categoría: Saúdos - Publicado o 24-10-2007 20:16
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal
Licencia Creative Commons


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0