O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

Nin son todos os que están, nin están todos os que son

Presentámosvos ao equipo de redacción do blog durante o curso 2016-17, ainda que non están todos ...faltan algúns: Nicolás Alén, Brais Alonso, Paula Álvarez, Pedro Arias, Aida Bernárdez, Diego Castro, Pablo Cuní, Olaia Iglesias, Marcos Justo, Elena López, Xoán López, andrea López, Alejandro Recouso, Mª Elena Rodríguez e Adrián Santervás

Desexamos que os artigos publicados haxan sido do voso interese e dende aqui dámosvos as grazas pola vosa colaboración e seguemento.

Boas vacacións
e feliz verao a tod@s !!



Escribe o teu comentario (0) - Categoría: Saúdos - Publicado o 07-06-2017 22:40
# Ligazón permanente a este artigo
Novidades curso 2016-17
Coa implantación da LOMCE o alumnado de bacharelato ten opción a escoller novas materias optativas. As que oferta o departamento de Filosofía do noso instituto para o novo curso escolar son: Psicoloxía, Ética e Filosofía do dereito e Historia da filosofía, para o nivel de segundo; e Antropoloxía para o nivel de primeiro de bacharelato.



A Filosofía do Dereito xa ten unha longa tradición no noso curriculo. Ofertámola porque todo ordenamento xurídico precisa dunha xustificación, un fundamento, unha lexitimación teórica, o valor da FILOSOFIA DO DEREITO debemos buscalo nos problemas que suscita, onde as preguntas son máis importantes que as respostas e por suposto no seu gran potencial educativo.

Dámoslle a benvida á PSICOLOXÍA, rama do saber cuxa finalidade esencial é tanto a comprensión da propia individualidade como das condutas sociais e a súa interrelación. Desde uns antecedentes históricos moi ligados ao desenvolvemento do saber filosófico, a psicoloxía evolucionou cun cariz, en certo xeito, bifronte. Por unha banda, ten unha indubidable filiación humanística; por outra parte, a súa temática busca regularidades e explicacións científicas.Estas características distintivas, polo seu obxecto de estudo e a súa metodoloxía, fixeron que a psicoloxía poida considerarse unha disciplina moi interesante para o alumnado de segundo de bacharelato, na medida en que lle axudará a coñecerse mellor como individuo e a desenvolverse como persoa e, ao tempo, a afrontar os diversos problemas e retos que a convivencia suscita.



Escribe o teu comentario (23) - Categoría: Saúdos - Publicado o 12-09-2016 18:41
# Ligazón permanente a este artigo
Por que escoller FILOSOFIA DO DEREITO?
Que é o dereito?
Que é a xustiza?
Que é a autoridade?
Que é o dereito de asilo?
Cando un dereito é xusto?
É incuestionable a obediencia ao dereito?



Estes son os interrogantes que se suscitan desde a Filosofía do Dereito.

Todo ordenamento xurídico precisa dunha xustificación, un fundamento, unha lexitimación teórica, o valor da Filosofía do Dereito debemos buscalo nos problemas que suscita, onde as preguntas son máis importantes que as respostas, e tamén no seu gran potencial educativo pois a análise e a reflexión crítica sobre o que acontece enriquece a aprendizaxe.




Escribe o teu comentario (25) - Categoría: Saúdos - Publicado o 13-09-2015 20:54
# Ligazón permanente a este artigo
Os administradores do blog . Curso 2014-15






Roberto Alonso Pereira
Juan Sebastián Gómez Reyes
Joaquín Pires Blas
Agustín Soage Baños
Saleta Vidal Araujo
Laura Barreiro Gorrita
Alba Covelo Costa
Rodrigo Ferraz Castiñeiras
Juan Pampillón Pedrosa
Javier Viñal Estévez

Marina Gómez Marchante
Mayca Ndiba Nzang
F. Javier Suárez Avión
Diana Restrepo Castrillón
Goran Alonso Abreu
Jorge Castiñeiras Martínez
Águeda Fernández Veiga
Xeila Iglesias Rodríguez
Uxía Soliño Alonso




Escribe o teu comentario (0) - Categoría: Saúdos - Publicado o 12-05-2015 22:10
# Ligazón permanente a este artigo
Por que escoller FILOSOFIA DO DEREITO?
Que é o dereito?
Que é a xustiza?
Que é a autoridade?
Cando un dereito é xusto?
É incuestionable a obediencia ao dereito?


Estes son os interrogantes que se suscitan desde a Filosofía do Dereito. Todo ordenamento xurídico precisa dunha xustificación, un fundamento, unha lexitimación teórica, o valor da Filosofía do Dereito debemos buscalo nos problemas que suscita, onde as preguntas son máis importantes que as respostas e por suposto no seu gran potencial educativo.


Educar non consiste en preparar empregados eficaces e produtivos senón ante todo cidadáns e ata persoas plenas e conscientemente humanas, porque educar é cultivar a humanidade, esa é a verdadeira rentabilidade democrática da función educativa e nós queremos contribuír dende a Filosofía do Dereito ó seu desenvolvemento.




Escribe o teu comentario (12) - Categoría: Saúdos - Publicado o 04-09-2014 22:01
# Ligazón permanente a este artigo




Aquí remata este curso,
onde fixemos o noso discurso,
neste blog tan especial
o resultado foi espectacular.


Nel puidemos articular
exposicións, comentarios e excursións,
feitas con ilusión e coa vosa colaboración.


Cara anos vindeiros
serán outros compañeiros
os que nos sucederán.


Nesta Filosofía do dereito
que fará que todos
sexades reflexivos cidadáns.



Escribe o teu comentario (0) - Categoría: Saúdos - Publicado o 02-06-2014 21:42
# Ligazón permanente a este artigo
Ano novo e problemas vellos
Cos nosos
mellores desexos
de que o mundo cambie
a mellor !!




Música: Tiken Jah Fakoly


Escribe o teu comentario (0) - Categoría: Saúdos - Publicado o 08-01-2014 19:38
# Ligazón permanente a este artigo
Todo pasa e todo queda.

Todo pasa e todo queda
pero o noso é pasar
pasar facendo camiños
camiños sobre o mar


Machado, Campos de Castilla



Neste curso que xa está a rematar, @s alumn@s de Antropoloxía de 1º de Bacharelato, fomos os encargados de elaborar os artigos do blog. Dende o comezo tíñamos una meta moi importante, chegar ó nivel dos antigos redactores. Non sabemos se o conseguimos ou non. Iso queda ó voso criterio.

Animámosvos a escoller esta materia optativa de ANTROPOLOXÍA para o ano que ven. Nela apréndese moito sobre a orixe da humanidade, coñécense outras culturas e outros modos de vivir e pensar.

Agora deixámosvos cunhas secuencias que recollen algúns momentos do noso trabajo no taller de informática.



Imaxes: O Clube das ideas
Música: O bruxo da montaña. Milladoiro


Agora que xa estamos na recta final,
despedímonos de todos os que nos acompañástedes
cun agarimoso SAÚDO.




Escribe o teu comentario (0) - Categoría: Saúdos - Publicado o 07-06-2013 19:06
# Ligazón permanente a este artigo
Ano novo, novas ilusións.
Imaxe de H. KoppdelaneyPoucas cousas sudecen da noite para a mañá. Todo proxecto persoal require un tempo considerable para dar resultados. Quen máis e quen menos comezou este novo ano con ilusións, desexos e metas por cumprir.

Este post vai dirixido a tí, se tes o propósito de cambiar algo da túa vida: deixar de fumar, facer máis exercicio, estudar con máis interese, namorar aquel rapaz que tanto che gusta, etc. Converter eses desexos en realidade está ao teu alcance.



"A diferenza entre un sono e un
obxectivo é a data"


(Edmundo Hoffens)





Escribe o teu comentario (37) - Categoría: Saúdos - Publicado o 08-01-2011 23:51
# Ligazón permanente a este artigo
Deica logo
Levamos un mes pensando que íamos poñer neste día, cando chegase este momento. Hoxe non é o remate definitivo do blog pero sí é o derradeiro dunha aventura que se iniciou hai tres anos.



Escribe o teu comentario (0) - Categoría: Saúdos - Publicado o 16-06-2010 11:59
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal
Licencia Creative Commons