O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

Dereito á liberdade de expresión
“Todo individuo ten dereito á liberdade de opinión e expresión; este dereito inclúe o de non ser molestado a causa das súas opinións, o de investigar e de recibir informacións e opinións, e o de difundilas, sen limitación de fronteiras, por calquera medio de expresión”.

(Declaración Universal dos Dereitos Humanos, artigo 19)




A pesar do que diga a Declaración de Dereitos Humanos, a realidade é máis ben diferente.Podemos comezar falando dende o entorno mais privado, cando nin sequera tes liberdade de expresión no teu grupo de amigos ou no teu círculo familiar, cando certas cousas que dis son respondidas con crítcas sobre a túa “ignorancia”, xa que os demais non aceptan as túas ideas sobre a realidade.E se a liberdade de expresión a nivel familiar non existe, acaso imos esperar atopala fóra desta?

Pode observarse a falta de liberdade en diversos ámbitos, comezando polo social. Por exemplo, nunha folga, pode verse que existe unha limitación á liberdade, pois en calquera momento un policía pode cargar contra un cidadán, tendo pleno dereito a facelo, se o caso fora o contrario, esa persoa estaría acusada de atentar contra unha autoridade.
Un dos momentos históricos máis importantes, que marcou o camino hacia unha sociedade democrática, conseguindo esta unha maior liberdade, foi a revolución francesa (1789), e foi un conflito social e político acaecido en Francia, con diversos períodos de violencia, que culminou coa instauración dunha República, que se fundamentaba na igualdade de tódolos cidadáns ante a lei.

Debemos chegar entón á conclusión –despois de comentar estos aspectos– de que non existe unha verdadeira liberdade de expresión, e temos que tratar de buscar unha solución a isto, xa que unha persoa sen dereitos non é unha persoa libre, e a liberdade é un dos dereitos máis fundamentais do cidadán.
Pode que atopemos unha solución ao problema partindo das causas que o orixinan:
-O medo un rexeitamento ás persoas que son distintas (xenofobia, homofobia...)
-Unha mente retrógrada.
-Ensinanzas que recibimos dende pequenos, que asumimos como correctas, cando soamente incitan ao rexeitamento dos demais.


Así que, en conclusión, podemos sinalar a liberdade como un dereito fundamental que posúe todo ser humano, e que non debería ser censurado por ningunha outra persoa, institución ou goberno, sen importar quen sea. E debemos de haxar a solución que nos impide ser capaces de disfrutar e vivir conforme a ela.


Cal cres que sería a solución a este problema?
E cal é a túa opinión ao respecto?



(Artigo de Manuel Estévez)



Escribe o teu comentario (20) - Categoría: Dereito - Publicado o 09-10-2016 12:23
# Ligazón permanente a este artigo
A tortura, a debate.
"Ninguén será sometido a torturas nin a penas ou tratos crueis,
inhumanos ou degradantes".


Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Art. 5.


Pero, ata qué punto é respectado este dereito na actualidade?. As veces os medios de comunicación denuncian casos de torturas e abusos de autoridade por parte de certos gobernos. A tortura é todo acto polo que se infrinxe intencionadamente a unha persoa dores ou sufrimentos graves, sexan físicos ou mentais, co fin de obter dela ou dun terceiro información ou unha confesión, de castigala por un acto que cometera ou que se sospeite que cometera, de intimidar ou coaccionar a esa persoa ou a outras, ou por calquera outra razón baseada nalgún tipo de discriminación. Algúns exemplos desto podería darse nun interrogatorio no que as autoridades excenden o seu poder, maltrato exercido a unha muller, tanto físico como moral ou a un rapaz ao que maltratan na súa infancia...
Un informe de Amnistía Internacional alerta de que a tortura segue sendo unha práctica habitual en moitos países. Algúns destes fomentan os malos tratos e permiten ás súas forzas de seguridade excederse co emprego da forza. Incluso España, que tamén recibiu denuncias por malos tratos dentro das súas fronteiras, feito que leva sucedendo dende miles de anos, comezando coas torturas propias da Inquisición que eran moito máis crueis (a crucifixión, o desmenbramento por cabalos, o desgarrador de senos...)
Na actualidade, máis de cen países seguen exercendo a súa autoridade mediante prácticas de tortura ou incluso coa pena de morte, en casos extremos.
Pero é este un modo de solucionar a violencia ou só serve para fomentala? Debemos ser conscientes de que no momento no que exercemos un poder sobre unha persoa, estámos responsabilizándonos do que lle ocorra. Deste xeito, ao condenar a alguén a sufrir torturas extremas ou penas de morte estamos sendo responsables dos posibles erros que podan xurdir. Temos que ter en conta que é algo irreversible e que nunca, ou en casos excepcionais unicamente, teremos a certeza de que alguén é culpable, de modo que non hai opción a equivocarse.

Unha persoa pode cometer actos que fagan que non sexa merecedora de ese calificativo pero, o feito de levar a cabo algo tan inhumano como é o de librarlle a alguén do seu propio dereito á vida, é denigrante. Cando un home ou muller comete un crime ou algo polo que mereza ser realmente castigado, a solución debe ser a de condenalo e tratalo do xeito máis rudo posible, ao igual que este fixo anteriormente. Pero a resposta a este tipo de accións non debe ser nunca a da violencia. De ningún modo a decapitación, o aforcamento, inxeccións letais ou armas de fogo van ser a solución para algún tipo de conflito.
Referímonos á meirande parte da nosa sociedade como persoas racionais, cun mínimo de cordura que quizais, en ocasións, esquecemos que posuemos. Resolver un problema creando outro tamén supón unha carencia de lóxica. Nestes casos, o único que faríamos sería sobrepor a nosa vinganza, fronte a cordura.

(Artigo de Yasmina López)


Escribe o teu comentario (22) - Categoría: Dereito - Publicado o 20-04-2016 00:48
# Ligazón permanente a este artigo
Teñen dereitos os presos?
1. Toda persoa acusada de delito ten dereito a que se presuma a súa inocencia mentres non se probe a súa culpabilidade, conforme á lei e en xuicio público no que se asegurasen todas as garantías necesarias para a súa defensa.

2. Ninguén será condeado por actos u omisións nas que no momento de cometerse non foran delictivos según o Dereito nacional ou internacional. Tampouco se impondrá pena máis grave que a aplicable no momento da comisión do delito.

(Declaración dos Dereitos humanos. Art.11)


O Dereito penitenciario ocúpase particularmente da execución das penas e medidas de seguridade das privacións de liberdade.
A pena de prisión consiste na reclusión do condeado nun establecimento penal no que permanece privado da súa liberdade e sometido a un específico réxime de vida. Na Constitución española se establecen as penas e medidas de seguridade orientadas a reeducación e reinserción social dos presos.



Unha vez o preso sexa condeado e clasificado según o seu grao penitenciario e aplicada a súa pena ao detido, ten os seguintes dereitos:

• Que a Administración Penitenciaria vele pola súa vida, a súa integridade e a súa saúde .
• A que se preserve a súa intimidade e a súa dignidade.
• Ten dereito a ser chamado polo seu nome e a que a súa situación sexa reservada fronte a terceiros, así como recibir o tratamento penitenciario adecuado.
• Exercer o seus dereitos civís, políticos, sociais, económicos e culturais, se non son imcompatibles coa causa que motivou a súa estancia en prisión.
• Disfrutar das axudas públicas que puideran corresponderle.
• A relacionarse co exterior nas condicións establecidas.
• A participar nas actividades do centro.
• A disfrutar dos beneficios penitenciarios que no seu caso poideran corresponderle.
• A recibir información persoal e actualizada da súa situación procesal e penitenciaria.
• A formular peticións e queixas ante as autoridades competentes.
• A realizar un traballo remunerado dentro das posibilidades da Administración.

Ademais de estes dereitos o preso pode queixarse ou facer peticións, tamén pode comunicarse con alguén do exterior, solicitar visitas, e recibir paquetes e permisos de saida en caso de circustancias especiais.
No caso de peticións, todo interno ten dereito a formular ditas peticións verbalmente ou por escito, poidendo presentalas, se así o prefire o interesado, en sobre pechado, que entregarase baixo recibido. As comunicacións poden ser orais, escritas, telefónicas ou especiais como é o vis a vis, que poden ser de tres tipos : íntimas, familiares ou de convivencia.


Teñen dereito á recepción de paquetes e rexístrase minuciosamente o seu contido por si este puidera causar algún problema. Os presos só poden ter un permiso de saída por falecemento dun familiar ou para prepararlle cara a vida en liberdade.


(Artigo de Lara Villar)


Escribe o teu comentario (19) - Categoría: Dereito - Publicado o 02-04-2016 23:07
# Ligazón permanente a este artigo
Os dereitos humanos, ilusión ou realidade.
Eleanor Roosevelt, sostindo unha copia en castelá da DUDH
A liberdade, a xustiza e a paz no mundo teñen por base o recoñecemento da dignidade intrínseca e os dereitos iguais e inalienables de todos os membros da familia humana. O descoñecemento e o menosprezo dos dereitos humanos orixinaron actos de barbarie ultraxantes para a conciencia da humanidade; por iso e que se considera, como a aspiración máis elevada da muller e do home, a chegada dun mundo en que os seres humanos, liberados do temor e da miseria gocen da liberdade de palabra e da liberdade de crenzas.

No mundo é esencial que os dereitos humanos sexan protexidos por un réxime de Dereito, a fin de que as persoas non se vexan compelidas ao supremo recurso da rebelión contra a tiranía e a opresión.

Por todo iso, a Asemblea xeral das Nacións Unidas proclamou o 10 de decembro de 1948 a Declaración Universal dos Dereitos Humanos como ideal común polo que todos os pobos e nacións deben esforzarse, a fin de que tanto os individuos como as institucións, inspirándose constantemente nela, promovan, mediante o ensino e a educación, o respecto a estes dereitos e liberdades, e aseguren, por medidas progresivas de carácter nacional e internacional, o seu recoñecemento e aplicación universais e efectivos, tanto entre os pobos dos Estados Membros como entre os dos territorios colocados baixo a súa xurisdición.


Neste curso de Filosofía do Dereito
imos coñecer mais a fondo o contido desta declaración
e faremos una valoración da súa presencia nas sociedades actuais.



(Artigo de O club das ideas)

Escribe o teu comentario (17) - Categoría: Dereito - Publicado o 19-10-2015 22:36
# Ligazón permanente a este artigo
Antígona e a obediencia á lei
Ás traxedias gregas constituen un importante espazo de reflexión sobre os conflitos éticos. Estas obras recollen situacións nas que hai que escoller entre alternativas irreconciliables. Os escritores, como Sófocles neste caso, pretendían chamar a atención do cidadán grego respecto da complexidade destes conflictos e contribuir así á formación do bo xuizo e da prudencia (phronesis) entre os membros da polis.

Sófocles foi un escritor ateniense, viviu ao redor do ano 450 a.C. Nas súas obras encontramos unha gran dose de realismo, para describir a vida humana, alternando sufrimento con alegrías.

Unha das súas obras máis coñecidas é Antígona, una traxedia que comeza no amañecer do día seguinte no que dous irmáns enfrontados (Eteocles e Polinices) perderon a vida na loita polo trono de Tebas. Hai un novo gobernante, Creonte, o cal prohibe enterrar a Polinices "o irmán traidor" e decide render homenaxe a Eteocles como heroe defensor da cidade. Antígona pide a súa irmá Ismene que a axude a enterrar a Polinices, contravindo o mandato de Creonte.
Máis tarde os gardas traen detida a Antígona. Creonte preguntoulle se era ela quen cubrira o corpo de Polinices e ela afirmou, pero que ninguén a axudara. Creonte non a creu e pensou que Ismene tiña algo que ver neste asunto . Tras mandar ambas as dúas a unha cela, aparece Hemón, fillo de Creonte e prometido de Antígona.


CREONTE -e, a pesar diso, atrevícheste a transgredir estes decretos?

ANTÍGONA - Non foi Zeus o que os mandou publicar, nin a Xustiza que vive cos deuses de abaixo a que fixou tales leis para os homes. Non pensaba que as túas proclamas tivesen tanto poder como para que un mortal puidese transgredir as leis non escritas e inquebrantables dos deuses. Estas non son de hoxe, nin de onte, senón de sempre, e ninguén sabe de onde xurdiron"

O gobernante decide deixar en liberdade a Ismere mentres que deixa a Antígona abandonada nunha cova cun pouco de comida para que morra alí e que así "a súa morte non salpicase á cidade". A chegada do ancián Tiresias anunciando negros presaxios fai que Creonte se arrepinta e intente evitar que se cumpra a condena de Antígona, pero cando chegou onde se encontraba esta, viu como estaba aforcada e como agarrado á súa cintura estaba o seu fillo Hemón, que cargara a súa espada contra el, lla cravara no peito, e en consecuencia morrera. Volvendo ao seu pazo, co seu fillo nos brazos, encontra que a súa esposa, Eurídice, non pode soportar a morte de Hemón e tamén ela decidiu quitarse a vida.
Este é o papel que lle queda a Creonte. Por castigar a súa sobriña, pois esta dera sepultura a Polinices, despois de que este morrese en combate. Tiveron que morrer moitas persoas para que ao final da obra e sen remedio, Creonte se decatase do seu grande erro, de que unha persoa, por moito poder político que teña, sempre está por debaixo dos deuses e das leis "escritas" por eles. Ao final, a moderación e a conciliación quedan como un ensino duramente aprendido.

Os personaxes máis importantes nesta obra son:
Antígona: filla de Edipo e irmá de Eteocles, Polinices e Ismene, dende o principio ten moi claro o que ten que facer e o que debe facer. É consciente do perigo que corre pero ela antepón a necesidade de non fallar aos seus antepasados a súa propia vida.

Creonte: é o Rei de Tebas, pai de Hemón e tío de Antígona, Ismere,Polinices e Eteocles.

Hemón:é o fillo de Creonte e o prometido de Antígona. Ao principio da súa aparición móstrase moi obediente co seu pai e coa decisión tomada por este, pero intenta convencelo de que se está a equivocar, e de que todo o pobo está en contra sua. Ao final da obra, marcha onde está encerrada a súa amada e coa súa espada quita a vida, agarrándose, co seu último alento de vida a Antígona.

Tiresias: é un ancián invidente e adiviño que avisa a Creonte das desgrazas que pode sufrir polas súas decisións prepotentes e dogmáticas.

Sófocles formula a través da protagonista da obra un dilema moral: Antígona encóntrase nunha situación na que ten que decidir se obedecer a súa conciencia e a lei divina que representan o dereito do ser humano de ser enterrado despois da morte para que o alma descanse en paz ou obedecer a lei dá polis que é o deber de cumprir os mandatos impostos polo rei, neste caso o rei Creonte, o cal impide enterrar a Polinices, impedindo así a lei da familia e o dereitos dos mortos. Ambas leis son opostas e non poden conciliarse. Antígona decide escoitar a súa conciencia e asume as consecuencias da desobediencia, non quere quedar co seu cargo de conciencia e que o seu irmán non descanse en paz e é por iso que prefire arriscar a súa vida.


O que quere dicir Sófocles nesta obra e que é necesario actuar conforme aos mandatos dous deuses, xa que os individuos que se rebelan ao destino, créndose autosuficientes, son castigados. Podemos observar a firme crenza dous gregos non destino, xa que Antígona antepón o dereito de Polinices a ser enterrado para descansar na eternidade, á lei imposta por Creonte.

(Artigo de Águeda Fernández Veiga)


Escribe o teu comentario (16) - Categoría: Dereito - Publicado o 03-02-2015 22:18
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Licencia Creative Commons