O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

Hora de ler
Baixo este título inauguramos este ano unha nova sección no blog.
Recolleremos nela unha selección de obras de actualidade
relacionadas ca temática que nos ocupa en "Etica e Filosofía do Dereito".


A obra ¡Indignádevos! (Indignez vous!), foi escrita e publicada en 2010 polo alemán Stéphane Frédéric Hessel (1917-2013), de orixe judío, capturado pola Xestapo e recluído nos campos de concentración.
Foi traducida ao galego con prólogo de Manuel Rivas, e aínda que tamén conta cunha versión en español con prólogo de José Luis Sampedro, centrarémonos na primeira versión.
Non é nin un libro nin un ensaio, é un manifesto ideolóxico que invita a que fagamos unha reflexión.

Os temas principais son a política, a economía e a socioloxía, pero o seu obxectivo é lanzar unha mensaxe de protesta pacífica. E sin duda o logrou, xa que as protestas de España en 2011, en especial o Movemento de Indignados 15-M teñen relación co libro e coas ideas planteadas nel. Hessel enterouse disto e dixo “estou agradablemente sorprendido, mostráronme o xornal español e o miraba coma un neno que observa un agasallo".

A obra (moi fácil de ler, xa que soamente conta con 47 páxinas) comeza situándonos na súa participación na resistencia francesa anti-nazi. Continúa falando da idea que él ten da indignación e da crítica do estado actual da economía. Stéphane invita sobre todo aos adolescentes a despexarse, observando o mundo real e a cambiar a indiferencia por unha indignación activa, pola insurrección pacífica. Según a opinión do autor, «todo bo cidadán debe indignarse porque o mundo vai mal, gobernado por uns poderes financieiros que o acaparan todo». Ademáis, pensa que «os adolescentes de agora xogan coa liberdade e os valores máis importantes da humanidade».

Esta obra recibiu críticas de todo tipo, dende negativas, xente que non comparte o térmo indignación polo seu carácter negativo e que preferiría outro térmo como mobilización ou compromiso. Indignación recorda a loitar en contra e hai que concienciarse de que hai que loitar a favor, buscando un cambio positivo. Aínda así, predominan as críticas favorables, por algo o libro é conocido como “O libro que despertou a conciencia de máis dun millón de franceses”.




Pensas que as manifestacións sirven para cambiar as cousas a mellor?

Qué motivos te levarían a sair á rua?

¿Formas parte do gran grupo de indignados pola situación política actual?


(Artigo de Paula Crespo)


Escribe o teu comentario (11) - Categoría: Hora de ler - Publicado o 07-11-2013 12:54
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Licencia Creative Commons