Onte fun ao cine a ver Phineas e Ferb A Través da Segunda Dimensión. Gustoume moito a película porque Phineas e Ferb son moi divertidos. Ademáis ao final pasa unha cousa que non vola vou dicir para que a vexades.
O mércores 14 de setembro, onte, foi o feirón mariñeiro en Rianxo.
Durante todo o día a parte vella de Rianxo está acupada por postos artesanais e de comida e a xente vístense de mariñeir@s.
É o meu día favorito das festas.
O domingo fun ver Super 8 no cine. Vaia pasada de película, quedas tan pasmada que incluso se che esquece comer as palomitas. É unha película moi interesante e nunca sabes o que vai a pasar. É a miña película favorita.
O meu personxe favorito é Alice Dainard.
Recoméndovos ir a vela!
O sábado 27 a Banda da Escola de Música de Rianxo realizou un concerto no Campo de Arriba. O concerto era de bandas sonoras de películas com Mulan, Shrek, Tarzán ou A Bela e a Besta.
Foi un concerto especial porque mentres se escoitaba a música vianse as imaxes das películas nunha pantalla.