O castelo de Aldara











O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Amelie
Vin esta película do director francés Jean-Pierre Jeunet e encantoume. Trata dunha rapaza que é camareira nun bar en París que vive soa e que lle gusta tirar pedras ao río Sena. Tivo unha infancia difícil porque o seu pai pensaba que tiña problemas cardíacos e non xogaba con outros rapaces. Logo de maior descubre non seu baño unha caixa con xoguetes pertencentes a un rapaz que vivíu nesa casa e decide devolverlla. A partir de aí decide que lle vai cambiar a vida á xente para facela máis feliz. Pero esquécese de buscar a súa propia felicidade.
É unha historia moi bonita e recoméndovos vela.



Comentarios (1) - Categoría: Cine - Publicado o 25-08-2012 18:41
# Ligazón permanente a este artigo
La niña que recorrió Tierra Fantástica en un barco hecho por ella misma

Este libro linno fai uns días e encantoume. Trata dunha nena chamada Septiembre que é raptada polo vento e que a leva a Terra Fantástica. O libro conta as aventuras que ten nese lugar.
Parécese a Alicia en el País de las Maravillas, El Mago de Oz, Peter Pan...

Comentarios (0) - Categoría: Os meus libros favoritos - Publicado o 21-08-2012 15:14
# Ligazón permanente a este artigo
Je veux
Esta canción cantáa Zaz, unha cantante francesa. A canción fala de que o mundo está cheo de cousas que non importan de verdade. Tamén di que o que ela quere é o amor, a felicididade e a liberdade. Encántame esta canción.




Comentarios (0) - Categoría: Música - Publicado o 12-08-2012 16:43
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0