O castelo de Aldara











O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Os cinco narradores de Bagdad
Os cinco narradores de Bagdad é un cómic que fala de 5 persoas que fan unha viaxe apaixoante na que teñen que buscar distintas historias. Tamén hai momentos raros no que se desvelan moitas cousas. Os 5 personaxes aprenden moito uns dos outros. O mais pequeno é un rapaz ao que lle gustan os contos, é o meu personaxe favorito. Espero que vos guste. É da Faktoria K de libros.
Comentarios (6) - Categoría: Os meus libros favoritos - Publicado o 27-08-2008 19:55
# Ligazón permanente a este artigo
Remesar
Tamén pasei tres días en Remesar, na casa dos meus amigos Lois e Madó, que é de turismo rural. Como teñen unha piscina, bañeime moito. Fun ver a fervenza da Toxa,e o río Ulla. Collín amoras e fomos cazar gazafellos. Os gazafellos son como coellos pero con máis pelo, eu nunca os vin pero disque son así. Non tivemos éxito pero marchei contenta para a casa. Saúdos para Remesar!!
Comentarios (0) - Categoría: Viaxes - Publicado o 27-08-2008 19:41
# Ligazón permanente a este artigo
Viaxe a Italia

Este verán fun a Italia,a ver a miña tía. En Italia fun visitar: Parma, Bolonia, Pisa, Lucca, Florencia e Venecia. Venecia foi o que máis me gustou. Tamén fun ver castelos como o de Torre Chiara. Paseino xenial!!!!!!.

Comentarios (3) - Categoría: Viaxes - Publicado o 27-08-2008 19:21
# Ligazón permanente a este artigo
PAlAbrAs brAncAs
Este é un dos meus libros favoritos, PalAbrAs brAncAs. A súa autora é ELVIRA RIVEIRO TOBIO.
É un libro especial, todas as palabras teñen a letra A, só esa letra. Debe ser moi difícil escribir un libro de poemas só co A. Aquí vos mostro un dos poemas.









Agasalla ...

lavanda
para Clara,
calas
para Adán,
mazás
para Mara,
flan
para Abrahán,
alalás
para Xandra,
baladas
para Gaspar,
pan
para Aldara
azafrán
para Rafa,
bambáns
para Branca,
castañas
para Alán,
granadas
para Ada,
gargalladas
para Xan.

Agasalla
palabras para abrazar,
palabras para amasar,
palabras para xantar.

Agasalla palabras francas.

Comentarios (4) - Categoría: Os meus libros favoritos - Publicado o 13-08-2008 16:34
# Ligazón permanente a este artigo
Ola, son Aldara
Ola!!
Son Aldara. Este é o meu blog.Teño nove anos e o mundo da informática é novo para min. Son baixa e teño os ollos castaños, o meu pelo é loiro acastañado. Vivo en Rianxo, na Galiza. A miña casa está preto do mar. A min gústame moito ir á praia cos meus amigos e amigas. Espero que vos guste o meu blog!!
Comentarios (12) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-08-2008 19:59
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0