Este ano o Musigalizando arrasou! Paseino xenial fixen novos amigos e sobre todo toquei que quedei cos beizos feitos puré!!!!!
Acabamos coma sempre cun concerto na Quintana e este ano tocamos:
-Alborada de Ribadeo
-African Symphony
-Negra Sombra
-Aquarium
Logo con dúas pezas dos da banda grande bailamos e todo! Tocaron: A Lenda de Alí Babá, Estreliña, Abba Gold, Mambo, Suite Catoira e Sedona.
En fin espero que para ó ano vaia haber outra vez Musigalizando.
Hoxe fomos de excursión a Lugo co instituto. No autobús aburrinme un pouco porque eran dúas horas e pasado tanto tempo xa non sabes que facer.
Ao chegar dividíronnos en dous grupos e eu fun ver o Centro de Interpretación da Muralla de Lugo. O museo estaba dividido en tres plantas, unha por cada etapa da muralla. Ensináronos varios vídeos e imaxes de lugares emblemáticos. Logo fomos á Cas dos Mosaicos. Alí consérvanse os restos do piso dunha domus romana que está composta por mosaicos. Había un que se vía completo. Logo demos un paseo polas murallas. Cando ías paseando vías que a xente corría, ía en bicicleta, paseaba o can e facía actividades da vida cotiá na muralla e iso impresionaba moito.
Comemos no centro comercial "As Termas" e logo marchamos para a casa.
No concurso que organizou Xacarandaina quedamos 1º e os pequenos 2º. Nós bailamos muiñeira de San Campio. Actuamos no Coliseum da Coruña e a min dábame medo caer abaixo aínda que coas enaguas amortiguas o golpe!!!
Vin esta película e gustoume moito. Trata de dous irmáns que encontran unha caixa con obxectos que os fan capaces de ter poderes ou ser máis intelixentes. Ao final descubren que esac caixa foi enviada dende o futuro para salvar a raza humana.