O castelo de Aldara











O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A Coruña

O día 11 de xuño fomos coa escola de excursión á Coruña. Montamos no autobús e dirixímonos a estación de trens de Santiago. Alí ás dez e vinte montamos no tren. Como había mais pasaxeiros non puidemos ir toda a clase xunta. Atravesamos prados, construcións, fabricas, túneles...
Finalmente chegamos á Coruña onde nos diriximos á Casa das Ciencias e ao Planetario. Na Casa das Ciencias vimos no baixo unha incubadora con poliños, un aro pequeno e de metal que daba voltas nunha mesa e aguantaba un minuto e un péndulo de Foucault.
No primeiro andar vimos todo tipo de experimentos e rarezas. Como por exemplo un ventilador pequeno que se movía cunha rodiña e movía a area encerrada
nunha urna,un recipiente cheo de xabrón que facía unha cortina transparente como as pompas de xabrón...
Na seguinte planta había moitos anfibios como ras, sapos, tritóns...
Na seguinte explicábanos cousas sobre os medicamentos.
E por fin o máis desexado para min o Planetario.
Alí proxectaron un video sobre a evolución e aprendemos moitas cousas: que as estrelas se atopan a anos luz de nós ou que o sol vai formar cando morra un burato negro.
Con moita fame fomos comer ao Domus. Comemos e fomos visitalo. Vimos corazóns de diferentes animais, e ata xogamos unha batalla coa mente.
Esa batalla consistía en relaxarse e a través das ondas cerebrais mover unha bola.
Marchamos dalí e fomos a Casa dos Peixes. Observamos diferentes ecosistemas mariños . En cada ecosistema vivían animais diferentes.
No Nautilius, unha sala con forma de submarino, había duas quenllas, Gastón e Hermosa.
No Nutilius atormentamos á guía con preguntas sobre todo o que nos interesaba.
Mais tarde fomos ver as focas. As focas eran moi churruscas e bonitas.
Marchamos para a escola, moi, moi, moi cansos e algúns ata durmimos!!
Foi a mellor excursión!
Comentarios (3) - Categoría: Viaxes - Publicado o 12-06-2009 21:44
# Ligazón permanente a este artigo
IV Serán Mar de Rianxo!!!

O día 23 de maio oíronse as gaitas,as pandeiretas e fermosas voces resoar na lonxa.
Ese día celebrouse o IV serán Mar de Rianxo!
Este ano comezou a tocar e cantar a xente de Vai de Roda. Seguíronnos os rapaces da Anpa do colexio Castelao. Continuaron outros grupos que viñan dende Nespereira,Palmeira,Boiro,Taragoña,Tomiño,A Baña, Numide, Limiñoa...
Aquilo foi unha festa rachada. Moitos de nós tiñamos que repartir tortilla, empanada e mexillóns.
Aparte de boa música tamén había moi boa comida e chocolate!!!!
En fin, para o ano avisareivos con moito máis tempo para que vaiades facendo oco na vosa axenda que o día seguinte tes un sono...
Aqui vos poño as fotos do meu grupo e dos pequenos cantando.
Esquecíame, estas fotos foron feitas polo Xornal Certo.

Comentarios (0) - Categoría: Música - Publicado o 08-06-2009 22:14
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0