O castelo de Aldara











O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Estomballada!!
Encontrei esta canción no blog Facemos Música. Gústoume moito e quero que a escoitedes.
Esta canción está no concurso A polo Ghit.
É moi divertida.
A ver se vos gusta a todos!!!


Comentarios (3) - Categoría: Música - Publicado o 13-05-2009 21:55
# Ligazón permanente a este artigo
Concerterio 2009

Hoxe fomos de excursión a Santiago. Alí acudimos á Escola de Maxisterio, onde os alumnos e alumnas de Maxisterio Musical nos ían ofrecer un concerto.
O concerto estaba dividido en tres partes,a primeira era de bandas sonoras de peliculas. Interpretaron a banda sonora de Star Wars
que a dirixiu Darth Vader, a banda sonora dos Picapedra e unha canción chamada Stand by me.
A segunda parte estaba dedicada aos contos. Interpretaron os contos musicados de: Babaiga e Na cova do rei da montaña unha das aventuras de Peer Gynt.
Na terceira parte cantaron, coma nun coro, cancións afroamericanas, esas eran: Oh happy day, Swim low sweet chariot e I will follow him.
Gustáronme moito todas as pezas en especial Oh happy day!
No conto de Peer Gint asustáronme un pouco os trolls e as bruxas que ían cara ao escenario polo patio de butacas.
Eu coñezo a dúas das rapazas que tocaron, elas chámanse Alba e María. Mandolles un saúdo e pídolles ás dúas que lle digan aos demais que me encantou o concerto e que tocaron xenial.
Quro volver o ano que ven, se o hai!!!
Se queredes saber algo máis sobre o concerterio clicade aquí.
Comentarios (1) - Categoría: Música - Publicado o 13-05-2009 21:05
# Ligazón permanente a este artigo
O selo violeta!!!!
Fai uns días recibin de Medrar en galego e de Educaldea un selo violeta. Graciñas aos dous !!
A min fíxome moita ilusión recibir os selos por que é a primeira vez.
Aceptar o Selo Violeta implica o cumprimento dunhas normas:
- Exhibir o Selo Violeta no blogue xunto coas regras.
- Indicar cantos blogues consideramos que merecen este selo.
- Avisárllelo aos blogues indicados.
- Escribir dous poderes máxicos que imaxinamos ter.

Voulle mandar o selo violeta ao blog Musica por un tubo.
En canto aos poderes maxicos:
-Poder voar
-Poder falar con xente doutros paises a través da mente.
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-05-2009 22:20
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0