Empecei a ler estes libros porque recomendou unha amiga. Hai dúas partes, unha especie de precuela, chamada Orígenes, e os libros propiamente ditos: Cazadores de sombras.
Tratan dunhas persoas que son chamados nefilim que se encargan de manter a paz entre os demos, os humanos e os subterráneos. Clary, unha rapaza neoyorquina descubre que é unha cazadora de sombras cando secuestran á súa nai. Coñece a tres cazadores da súa idade, que a axudarán a encontrar á súa nai e a descubrir os segredos do seu pasado.
A min estansme gustando moito, recoméndovolos!!!!
O domingo pasado vin esta maravillosa película de Pablo Berger, gañadora de moitos premios Goya. Entre eles mellor película, mellor actriz, mellor vestiario, mellor actriz revelación...
É unha versión do conto dos irmáns Grimm, no mundo taurino. É unha película muda e en branco e negro pero entendese moi ben e disfrutase moito dela. Recoméndovola a todos aos que vos guste o bo cine.