 Hoxe fun de excursión a Vigo coa escola. Primeiro collemos o tren en Vilagarcía. Ao chegar a Vigo fomos a Naturnova. O que máis me gustou foi o simulador dun submarino. En Naturnova había tres salas, a primeira era a do Universo , a segunda a da terra e os fenómenos atmosféricos e a terceira dos recursos do ser humano e o que producimos.
Ao acabar en Naturnova fomos comer ao zoo. Cando entramos no zoo o primeiro que vimos foron as tartarugas de orellas vermellas, despois os castores, os linces ,os leóns, os tigres, os monos de Xibraltar,os pavos reais...
No reptilario vimos as serpes e lagartos que a min non me gustan nada.Ao chegar a Rianxo viña moi cansa pero paseino moi ben. |