Vin esta película que trata dun director dunha orquestra que ao negarse a despedir aos seus músicos xudeus degrádano a home da limpeza. Un día recibe un fax que invita á orquestra do Bolshoi a actuar en París. El reúne aos seus antigos músicos e decide facerse pasar pola orquestra. É moi bonita e ten momentos moi divertidos.
Este vídeo é o final da película e desvela toda a trama así que deberíades ver primeiro a película.
Estou lendo este libro de Michael Ende e estame gustando moito. Trata dunha nena, Momo, que vive nun anfiteatro e coa axuda da tartaruga Casiopea intentará acabar cos homes grises, feitos do tempo que lle rouban ás persoas.
É un libro escrito por Michelle Magorian unha escritora británica.
Trta sobre un rapaz, Henry, que na escola mándanlle facer unha presentación sobre o cine con dous compañeiros cos que non se fala, porque un é un fillo dun desertor e outro non é fillo de bendición. Polo medio coñece á señora Beaumont e a Grace coas que vai ao cine a ver películas. É unha historia moi boa e aínda que non o acabei sei que me vai a gustar.
Esta é a obra máis coñecida do compositor barroco alemán Johann Pachelbel. Nos na clase de música no instituto estamos tocando unha versión máis curta e fácil coa flauta doce.