|
|
|
|
O monte Pindo |
|

O xoves 19 fun coa miña familia, polo día do pai, ao monte Pindo. O monte Pindo mide 627 metros de altura!!!!
Nós subimos só ata o Olimpo Celta por que estabamos cansos, non chegamos a subir á Moa. Polo camiño, eu quedabame atrás pero a min non me importaba moito chegar ou non ao Olimpo Celta porque xa estaba tan cansa que só quería dar volta. Nun momento adiantáronos unhas persoas que andaban a fume de carozo. Eu creo que os trouxeron nun helicóptero. Ademais logo xa non os vimos baixar.
Cando por fin chegamos arriba fixemos unha pequena obra de teatro aproveitando o eco. Desde alí arriba víase todo. Pagou a pena facer o esforzo para chegar arriba. A baixade eu ía embalada pola pendente e chegamos moito máis rápido.
Despois fomos visitar a central eléctrica e a fervenza do Ézaro.
Molou moito o día do pai!!!!!!!!!!!!!!
|
|
|
|
El ladrón mago |
|

Quero falarvos dun libro que collín na biblioteca o sábado.
El ladrón mago é un libro que escribiu Sarah Prineas. Trata dun rapaz que se chama Connawer que é un ladrón. Un día rouballe a un mago, chamado Nevery Finglas,a súa pedra máxica, a locus magilicus e o mago converteo no seu aprendiz.
Conn vai a unha academia a onde asisten aprendices de magos e tamén Rowan a filla da duquesa. Rowan e Conn fanse amigos pero Conn ten que encontrar a súa pedra maxica e iso levarao a estar nas mazmorras da duquesa, pelexar contra o Underlord e enfrontarse a moitos perigos.
É un libro fantastico ledeo!!!
Parabens Sarah es moi boa escritora!!!
Se queredes saber máis sobre este libro visitade esta páxina. |
|
|
|
|
|