Fun ao cine nunha das últimas oportunidades para ver Los Miserables. A min encantoume. Transcorre na revolución francesa e conta a historia dun home, Jean Valjean, que meten preso por roubar unha barra de pan. A película conta a vida que leva Jean Valjean escapando dun inspector de policía e facéndose cargo dunha nena. Polo medio atravésase as revolucións que ocorreron en París e os combates. Recoméndovos vela, é impresionante!!
Regaláronme estes dous libros dun escritor francés chamado Thimotheé de Fombelle que relatan a vida dun rapaz de medio milímetro que se ve obrigado a escapar da árbore na que vive. Conta a viaxe que fai para reunirse de novo cos seus pais e para salvar a árbore dunha morte inminente.
O primeiro libro chámase Tobi Lolness e o segundo Tobi Lolness: Los ojos de Elisha.
A min gustáronme moito e recomendollo tamén a adultos xa que é unha novela para todas as idades.