 Serafina vive coa súa tía Perfecta, unha muller moi estricta, que foi soprano cando era xoven. A pasión de Serafina é facer acrobacias coa súa bicicleta Celerífera.
A tía Perfecta pensa que a súa sobriña, filla dun ladrón de bicicletas, é unha rapaza repelente a maleducada. Pero non é así, no pobo todo o mundo lle ten moito aprecio.
Recoméndovos este libro porque me recorda que, pase o que pase, sempre tes que seguir cos teus soños adiante. |