Este sábado a Banda da Escola de Música de Rianxo participou no III Certame Galego de Bandas na Segunda Sección.
Eu estaba moi nerviosa pois era o meu primeiro Certame, e ademais facía moito calor. Foi unha experiencia moi bonita e se podo gustaríame repetila.
Como dicía antes quedamos de segundos e tamén levamos o "Premio á mellor interpretación de obra de autor galego ou temática galega".
Ao certame levamos:
-O pasodobre "Río Té" de Francisco Lorenzo
-A obra obrigada "A Revolta Irmandiña" de Raúl Martín Niñerola
-Obra libre "Lembranzas do mar" de Antón Alcalde.
Cando escoitamos que quedáramos de segundos puxémonos a dar botes e a berrar de alegría. Foi moi emocionante.
Este poema inventeino eu nun obradoiro que tivemos o ano pasado na escola. O obradoiro fixémolo con Carlos Mosteiro. A estructura é do niño novo do vento.
Nun barco de cristal rosado
Nun barco de cristal rosado
hai unha nena tristeira.
Miña irmanciña!
Quen puidera alegrala!
Mírame cunha triste mirada
e con boca de parrulo.
Quen puidera alegrala!
Miña irmanciña!
Parece que vai chorar
dun momento para outro.
Miña irmanciña!
Quen puidera alegrala!
Cáelle unha bágoa ó chan
e morre de tristura.
Miña irmanciña!
quen puidera impedilo!
Mirade,isto mandoumo o meu profesor de solfeo e o director da banda na que toco eu.
Son xaponeses e teñen entre 10 e 12 anos. A peza que interpretan chámase Miss Saigon.
O día 13 de novembro cumprín 11 anos! Paseino moi ben. Regaláronme un marco de fotos con catro fotos, un dicionario de inglés con CD, un libro que está de medo e un reprodutor de CD, con radio e que tamén se lle pode enchufar o MP3 e escoitar música del.
Bueno, uns agasallos molóns!!
O domingo que vén celebro a festa cos amigos xunto co meu irmán que está de aniversario o venres 20.