Chegou o Samain. Na escola estamos contando contos de medo no recreo e mañá contámolo os meus amigos e amigas e máis eu. E mañá imos baleirar a cabaza para a escola.
Tamén facemos unha exposición de cabazas elaboradas por nós e nosos pais. A miña é esta:
Outra cousa que me mandou a miña tía. Grazas por darme tantas ideas!!!!!
Clicade aquí e xogade a ver se podedes encerrar oa gato!!
Intente rodear ao gato sen que se escape polos laterais. vai clicando nos circulos verdes claros. Polos que están verdes escuros non poderá saír.
Se non o entendedes preguntádeme nun comentario.
O venres 16 e o sábado 17 tiven un encontro do Musigalizando, o campamento ao que fun no verán.
Pasámolo moi ben e a parte de ver a xente que non vira dende o verán, gustoume volver a tocar con eles.
O concerto en Rianxo foi un éxitazo, o auditorio estaba cheo.
Póñovos unha foto do concerto na Quintana no verán, porque tocando no auditorio de Rianxo non teño ningunha.
O día 12 de outubro fun ao cine a ver Up. Up trata de, Carl, un home que quere viaxar as Fervenzas Paraíso coa súa muller, Ellie. Pero, Ellie morre e Carl non conseguiu ir ata alí con ela, que era o que lle prometera de pequeno. Pero máis tarde consígueo coa axuda dos globos que tiña gardados na súa casa . Antes de marchar coñece a Russel un neno máis pesado !... pero simpático que se embarca con el na aventura máis emocionante das súas vidas.
RECOMÉNDOVOLA!!!!!
Este cacho é do principio, do que viviron os dous xuntos.
Na clase de música da escola estamos traballando cos musicais. A min os que máis me gustan son West Side Story,Cantando baixo a chuvia, Grease, Mary Poppins, e Sorrisos e bágoas. West Side Story rodouse nos anos sesenta como Mary Poppins e Sorrisos e bágoas. Cantando baixo a chuvia rodouse nos anos cincuenta. Grease rodouse no 1.978.
Vou ir colgando algunhas das cancións máis coñecidas destes musicais. Empezamos por: