Este Nadal vin moitas películas, entre elas 2012. Collendo de base a profecía maia de que o mundo acababa no 2012, desenvólvese un filme catastrofista.
Os presidentes dalgúns países deciden construír unhas arcas que salvaran á poboación que poida pagar o elevado precio que costan os asentos e aos seus familiares. Para o resto do mundo a existencia destas arcas permanecerá en segredo.
Unha familia de California descúbreo e deciden viaxar ata as arcas para intentar entrar. Se o conseguen ou non? Terédela que ver!
Regaláronme un e-reader de Amazon. É moi útil porque podes ter almacenados moitos libros e non pesan nada.
Podes descargar os libros da páxina web de Amazon ou pagar un determinado prezo dependendo da edición do libro.