 Este libro regaloume a miña tía. Gústame por que ten moita aventura e intriga.
Nina é unha nena de dez anos que vive coas súas tías Andora e Carmen. Andora era moi mala con Nina, que está estudando alquimia,como o seu avó o profesor Misha. Un día recibe unha carta do seu avó dicíndolle que vaia a Venecia sen que se entere Andora. Nina decide acudir pero recibe unha mala noticia: seu avó morreu. Nina vai a Venecia onde coñece a Merengue, unha doncela de Villa Espasia onde residia o seu avó. Nos días seguintes coñece a Cesco, Flor, Rosie e Dodo que adoitaban ir a Villa Espasia. Xuntos derrotarán o mal e salvarán á sexta lúa, unha dimensión que vive dos pensamentos dos nenos. Animadevos e probade. Son tres volumes. |