O castelo de Aldara











O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Musigalizando 2011!!!!!!
Este ano o Musigalizando arrasou! Paseino xenial fixen novos amigos e sobre todo toquei que quedei cos beizos feitos puré!!!!!
Acabamos coma sempre cun concerto na Quintana e este ano tocamos:
-Alborada de Ribadeo
-African Symphony
-Negra Sombra
-Aquarium
Logo con dúas pezas dos da banda grande bailamos e todo! Tocaron: A Lenda de Alí Babá, Estreliña, Abba Gold, Mambo, Suite Catoira e Sedona.
En fin espero que para ó ano vaia haber outra vez Musigalizando.
Comentarios (0) - Categoría: Música - Publicado o 30-06-2011 16:42
# Ligazón permanente a este artigo
Excursión a Lugo
Hoxe fomos de excursión a Lugo co instituto. No autobús aburrinme un pouco porque eran dúas horas e pasado tanto tempo xa non sabes que facer.
Ao chegar dividíronnos en dous grupos e eu fun ver o Centro de Interpretación da Muralla de Lugo. O museo estaba dividido en tres plantas, unha por cada etapa da muralla. Ensináronos varios vídeos e imaxes de lugares emblemáticos. Logo fomos á Cas dos Mosaicos. Alí consérvanse os restos do piso dunha domus romana que está composta por mosaicos. Había un que se vía completo. Logo demos un paseo polas murallas. Cando ías paseando vías que a xente corría, ía en bicicleta, paseaba o can e facía actividades da vida cotiá na muralla e iso impresionaba moito.
Comemos no centro comercial "As Termas" e logo marchamos para a casa.
Comentarios (1) - Categoría: Viaxes - Publicado o 21-06-2011 21:14
# Ligazón permanente a este artigo
Primeiros!
No concurso que organizou Xacarandaina quedamos 1º e os pequenos 2º. Nós bailamos muiñeira de San Campio. Actuamos no Coliseum da Coruña e a min dábame medo caer abaixo aínda que coas enaguas amortiguas o golpe!!!
Comentarios (1) - Categoría: Música - Publicado o 21-06-2011 21:11
# Ligazón permanente a este artigo
Mimzy
Vin esta película e gustoume moito. Trata de dous irmáns que encontran unha caixa con obxectos que os fan capaces de ter poderes ou ser máis intelixentes. Ao final descubren que esac caixa foi enviada dende o futuro para salvar a raza humana.
Comentarios (1) - Categoría: Cine - Publicado o 21-06-2011 21:11
# Ligazón permanente a este artigo
Sky High : unha escola de superheroes
Hoxe vin esta película que vai dun rapaz, Will, que é fillo de superheroes. El vai a unha escola de superheroes chamada Sky High.
Will ten superforza e pode voar. A súa amiga Layla pode controlar as plantas, Magenta é capaz de convertirse en cobaia, Ethan convirtese en líquido, Zack brilla na escuridade e Warren pode dominar o lume.
En fin quen me dera a min poder voar e todo iso!
Comentarios (1) - Categoría: Animais - Publicado o 08-05-2011 21:51
# Ligazón permanente a este artigo
Furia de Titanes
Vin esta película onte e gustoume moito. Está baseada nos mitos gregos. É de aventuras e de acción.
Recoméndovola!


Comentarios (1) - Categoría: Cine - Publicado o 22-04-2011 14:21
# Ligazón permanente a este artigo
QUEDAMOS PRIMEIROS!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

En efecto no concurso de Tequexetéldere quedamos 1º!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
Ademais a charanga de Vai de Roda levou o premio ao mellor acompañamento, o grupo dos pequenos quedou segundo e o noso grupo levou o premio ao mellor vestiario.
Que máis se pode pedir!
Comentarios (3) - Categoría: Animais - Publicado o 21-04-2011 16:23
# Ligazón permanente a este artigo
Concurso de Tequexetéldere
Este domingo vou con Vai de Roda ao concurso que organiza o grupo Tequexetéldere.
O ano pasado xa se celebrou e tamén asistimos. Espero, por suposto, pasalo moi ben aínda que non gañemos nada, que bailar é moi divertido!
Comentarios (0) - Categoría: Música - Publicado o 12-04-2011 21:18
# Ligazón permanente a este artigo
Harry Potter
Neste momento estou lendo o terceiro libro de Harry Potter. Estanme gustando moito porque son fantásticos. De feito parecen tan reais que incluso che parece que existe Hogwarts e todo o demais.
O meu personaxe favorito é Hermione Granger a amiga de Harry.
Recoméndovolos!
Comentarios (1) - Categoría: Os meus libros favoritos - Publicado o 13-02-2011 19:57
# Ligazón permanente a este artigo
Fogo Nicolás
Esta canción chámase Fogo Nicolás e forma parte dun disco chamado Celtic Roots.
Celtic Roots é un proxecto realizado por tres colexios: un galego,un colexio de Bray(Irlanda) e outro colexio irlandés de Manchester.
Espero que vos guste moito.



Fogo Nicolás con Xose M. Budiño - Celtic Roots from Casa de Tolos on Vimeo.

Comentarios (0) - Categoría: Música - Publicado o 02-02-2011 20:25
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [4] [5] [6] 7 [8] [9] [10] ... [15]
© by Abertal