O castelo de Aldara











O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Serán Mar de Rianxo
O día 26 de maio Vai de Roda celebrou o seu VII Serán Mar de Rianxo.
Como se prevía chuvia o serán fíxose nunha carpa. Por mor do tempo houbo menos xente que outros anos pero houbo festaza igual.
Aparte de moi boa música houbo comida e bebida, ademáis dun chocolate quentiño con biscoito!!!
Para o ano haberá máis festa en Rianxo así que animádevos a ir!!!
Comentarios (0) - Categoría: Música - Publicado o 03-06-2012 18:39
# Ligazón permanente a este artigo
Concurso de Tequexetéldere 2012
O domingo 19 de maio fomos a un concurso de baile tradicional, organizado por Tequexetéldere, na Estrada. Levamos unha peza, que consta dunha jota e dunha muiñeira, chamada " Pola vila de Quindous". E quedamos PRIMEIROS!!!!!!!!!
Estes son os demais premiados:

Categoria A:
1º Premio: "A Telleira" do C.C. A Ponte Vella
2º Premio: "D" da Escola de Muiñeira de Cantigas e Agarimos
3º Premio: "Tarabeliños" da Asociación Cultural Donaire

Categoria B:
1º Premio: "7 Ferreñas" da Asociación de Música e Baile Vai de Roda
2º Premio: "O Muiño da Retorta" do C.C. A Ponte Vella
3º Premio: "B" da Asociación Cultural Os Trazantes e Tenorio

Mellor grupo de acompañamento: "7 Ferreñas" da Asociación de Música e Baile Vai de Roda

Categoria C:
1º Premio: "9 Ferreñas" da Asociación de Música e Baile Vai de Roda
2º Premio: "Tras do Eo" do C.C. A Ponte Vella
3º Premio: "A" da Asociación Os Xeitosos de Trazo

Categoria D:
1º Premio: Grupo de Baile Tradicional Tahúme
2º Premio: "A" da Escola de Muiñeira de Cantigas e Agarimos
3º Premio: Asociación Cultural Mar de Arousa de Bamio

Comentarios (1) - Categoría: Música - Publicado o 03-05-2012 15:39
# Ligazón permanente a este artigo
El universo sobre mi
Esta canción é de Eva Amaral e a min gústame moito.


Comentarios (1) - Categoría: Música - Publicado o 09-04-2012 19:39
# Ligazón permanente a este artigo
Matilda
Está basada no libro de Roald Dahl co mesmo nome. É unha película moi divertida pero iso non sería posible sen o magnífico libro que escribiu.

Comentarios (2) - Categoría: Cine - Publicado o 29-03-2012 21:40
# Ligazón permanente a este artigo
El concierto
Vin esta película que trata dun director dunha orquestra que ao negarse a despedir aos seus músicos xudeus degrádano a home da limpeza. Un día recibe un fax que invita á orquestra do Bolshoi a actuar en París. El reúne aos seus antigos músicos e decide facerse pasar pola orquestra. É moi bonita e ten momentos moi divertidos.
Este vídeo é o final da película e desvela toda a trama así que deberíades ver primeiro a película.

Comentarios (0) - Categoría: Cine - Publicado o 29-03-2012 15:22
# Ligazón permanente a este artigo
Momo
Estou lendo este libro de Michael Ende e estame gustando moito. Trata dunha nena, Momo, que vive nun anfiteatro e coa axuda da tartaruga Casiopea intentará acabar cos homes grises, feitos do tempo que lle rouban ás persoas.
Comentarios (0) - Categoría: Os meus libros favoritos - Publicado o 18-03-2012 13:43
# Ligazón permanente a este artigo
Price Tag
Esta canción sae no Just Dance 3 e gústame moito.

Comentarios (0) - Categoría: Música - Publicado o 16-03-2012 20:24
# Ligazón permanente a este artigo
Sencillamente Henry
É un libro escrito por Michelle Magorian unha escritora británica.
Trta sobre un rapaz, Henry, que na escola mándanlle facer unha presentación sobre o cine con dous compañeiros cos que non se fala, porque un é un fillo dun desertor e outro non é fillo de bendición. Polo medio coñece á señora Beaumont e a Grace coas que vai ao cine a ver películas. É unha historia moi boa e aínda que non o acabei sei que me vai a gustar.
Comentarios (0) - Categoría: Os meus libros favoritos - Publicado o 09-03-2012 21:22
# Ligazón permanente a este artigo
Canon de Pachelbel
Esta é a obra máis coñecida do compositor barroco alemán Johann Pachelbel. Nos na clase de música no instituto estamos tocando unha versión máis curta e fácil coa flauta doce.


Comentarios (0) - Categoría: Música - Publicado o 03-03-2012 18:41
# Ligazón permanente a este artigo
La invención de Hugo
Hoxe fun ao cine e vin esta película que me gustou moitísimo. Está nominada a once Óscars e gañou o Globo de Ouro ao mellor director.
Trata dun rapaz, Hugo, que vive nunha estación de tren e que traballa arranxando os reloxos. Un día arranxa un autómata que fai un debuxo que lles leva a investigar, a el e á súa amiga Isabelle, sobre George Mélies.

Comentarios (1) - Categoría: Cine - Publicado o 26-02-2012 20:36
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal