O castelo de Aldara











O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

2012
Este Nadal vin moitas películas, entre elas 2012. Collendo de base a profecía maia de que o mundo acababa no 2012, desenvólvese un filme catastrofista.
Os presidentes dalgúns países deciden construír unhas arcas que salvaran á poboación que poida pagar o elevado precio que costan os asentos e aos seus familiares. Para o resto do mundo a existencia destas arcas permanecerá en segredo.
Unha familia de California descúbreo e deciden viaxar ata as arcas para intentar entrar. Se o conseguen ou non? Terédela que ver!


Comentarios (0) - Categoría: Cine - Publicado o 07-01-2013 21:13
# Ligazón permanente a este artigo
E-reader
Regaláronme un e-reader de Amazon. É moi útil porque podes ter almacenados moitos libros e non pesan nada.
Podes descargar os libros da páxina web de Amazon ou pagar un determinado prezo dependendo da edición do libro.
Comentarios (0) - Categoría: Os meus libros favoritos - Publicado o 07-01-2013 21:01
# Ligazón permanente a este artigo
Live While We're young
Esta é unha canción que me encanta escoitar. O grupo é One Direction.


Comentarios (0) - Categoría: Música - Publicado o 08-11-2012 15:35
# Ligazón permanente a este artigo
Amelie
Vin esta película do director francés Jean-Pierre Jeunet e encantoume. Trata dunha rapaza que é camareira nun bar en París que vive soa e que lle gusta tirar pedras ao río Sena. Tivo unha infancia difícil porque o seu pai pensaba que tiña problemas cardíacos e non xogaba con outros rapaces. Logo de maior descubre non seu baño unha caixa con xoguetes pertencentes a un rapaz que vivíu nesa casa e decide devolverlla. A partir de aí decide que lle vai cambiar a vida á xente para facela máis feliz. Pero esquécese de buscar a súa propia felicidade.
É unha historia moi bonita e recoméndovos vela.



Comentarios (1) - Categoría: Cine - Publicado o 25-08-2012 18:41
# Ligazón permanente a este artigo
La niña que recorrió Tierra Fantástica en un barco hecho por ella misma

Este libro linno fai uns días e encantoume. Trata dunha nena chamada Septiembre que é raptada polo vento e que a leva a Terra Fantástica. O libro conta as aventuras que ten nese lugar.
Parécese a Alicia en el País de las Maravillas, El Mago de Oz, Peter Pan...

Comentarios (0) - Categoría: Os meus libros favoritos - Publicado o 21-08-2012 15:14
# Ligazón permanente a este artigo
Je veux
Esta canción cantáa Zaz, unha cantante francesa. A canción fala de que o mundo está cheo de cousas que non importan de verdade. Tamén di que o que ela quere é o amor, a felicididade e a liberdade. Encántame esta canción.




Comentarios (0) - Categoría: Música - Publicado o 12-08-2012 16:43
# Ligazón permanente a este artigo
Mr. Bean na cerimonia de apertura
Aportou un mogollón de risas a esta cerimonia a actuación do famoso Mr. Bean mentres tocaban "Carros de lume". Mirade o vídeo é para partirse de risa.


Comentarios (0) - Categoría: Música - Publicado o 28-07-2012 15:35
# Ligazón permanente a este artigo
El rey león
Fun a Madrid a ver o musical "El rey león" e a verdade, encantoume. Era todo moi espectacular e os actores e actrices cantaban todos moi ben. A min as partes que maís me gustaron foron o comezo, cando sae o sol e entran todos os animais, e cando Simba e Nala cantan "Yo voy a ser el rey león".
Recoméndovos ir a velo pero as entradas son caras.

Comentarios (1) - Categoría: Música - Publicado o 12-07-2012 19:33
# Ligazón permanente a este artigo
Profesor Lazhar
Onte fun ao cine e vin Profesor Lazha, unha película canadiense que trata dunha clase á que lle morre a profesora. Chega un sustituto, o profesor Lazhar que ven de Arxelia onde todo é distinto. Durante a película vanse descubrindo cousas sobre o suicidio da profesora e da verdadeira identidade do profesor.
Encantoume. Recoméndovos ir a vela pero avísovos que é unha película de pensar e comprender.


Comentarios (0) - Categoría: Cine - Publicado o 07-07-2012 14:20
# Ligazón permanente a este artigo
O asasinato no Orient Express
É un libro moi intrigante e misteriosos que escribiu a escritora británica Agatha Christie.
Gustoume moito porque mantén a intriga ata o último momento e o final é inesperado.
Trata duns pasaxeiros dun tren que se ven involucrados nun asasinato e que o mítico Hercule Poirot resolve.
Comentarios (0) - Categoría: Os meus libros favoritos - Publicado o 28-06-2012 22:20
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal