O castelo de Aldara











O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

On ira
Comentarios (0) - Categoría: Música - Publicado o 26-08-2013 16:29
# Ligazón permanente a este artigo
El libro de los portales
En Riaxo houbo unha feira do libro e comprei o novo liro de Laura Gallego. É unha historia de fantasía, como todo o que escribe. Pero esta gustoume máis que outros libros que lin desta autora.
Transcorre nun mundo onde para desprazarse existen uns portais que pintan os pintores de portais e que só eles coñecen o seu funcionamento.
Tabit, un estudiante da Academia de Portais, vese somrexido nunha aventura para desenmascarar a uns traficantes e encontrar a un porfesor desaparecido.

Comentarios (0) - Categoría: Os meus libros favoritos - Publicado o 26-08-2013 16:27
# Ligazón permanente a este artigo
El cuaderno de Maya
Lin este libro da escritora chilena Isabel Allende xa fai uns meses e encantoume.
Conta a historia dunha rapaza que ten que fuxir a unha pequena ila cerca de Chiloé porque a busan en Estados Unidos. Logo dende a illa vai contando o porqué da sú fuxida e relatando a súa vida na illa.
É un libro completamente distinto aos que lera ata o de agora e quedei moi satisfeita.
Recomédovolo!!
Comentarios (0) - Categoría: Os meus libros favoritos - Publicado o 26-08-2013 16:22
# Ligazón permanente a este artigo
Cazadores de sombras: Orígenes
Estes libros escribiuno Cassandra Clare unha escritora norteamericana de ciencia ficción.
Ambientadas en 1890 tratan dunha rapaza, Tessa, que descubre que ten un poder estraño que consiste en pode cambiar noutras persoas. Ese poder e moi apreciado e ata o seu irmán Nate intenta apoderarse del. Pero é rescatada polos Cazadores de Londres que a axudan e lle dan un fogar.
Logo diso descubren que unha parte dos subterráneos se estan revelando en contra os acordos de paz. Haberá amor, traizóns, intriga e sobre todo moita aventura !! !
A min gustaronme moito ainda que só lin dous. Son moi interesantes e enganchan ao lelos.
Comentarios (0) - Categoría: Os meus libros favoritos - Publicado o 01-05-2013 20:43
# Ligazón permanente a este artigo
Cazadores de sombras
Empecei a ler estes libros porque recomendou unha amiga. Hai dúas partes, unha especie de precuela, chamada Orígenes, e os libros propiamente ditos: Cazadores de sombras.
Tratan dunhas persoas que son chamados nefilim que se encargan de manter a paz entre os demos, os humanos e os subterráneos. Clary, unha rapaza neoyorquina descubre que é unha cazadora de sombras cando secuestran á súa nai. Coñece a tres cazadores da súa idade, que a axudarán a encontrar á súa nai e a descubrir os segredos do seu pasado.
A min estansme gustando moito, recoméndovolos!!!!

Comentarios (0) - Categoría: Os meus libros favoritos - Publicado o 29-04-2013 20:22
# Ligazón permanente a este artigo
Blancanieves
O domingo pasado vin esta maravillosa película de Pablo Berger, gañadora de moitos premios Goya. Entre eles mellor película, mellor actriz, mellor vestiario, mellor actriz revelación...
É unha versión do conto dos irmáns Grimm, no mundo taurino. É unha película muda e en branco e negro pero entendese moi ben e disfrutase moito dela. Recoméndovola a todos aos que vos guste o bo cine.



Comentarios (0) - Categoría: Cine - Publicado o 11-04-2013 15:24
# Ligazón permanente a este artigo
LOS MISERABLES
Fun ao cine nunha das últimas oportunidades para ver Los Miserables. A min encantoume. Transcorre na revolución francesa e conta a historia dun home, Jean Valjean, que meten preso por roubar unha barra de pan. A película conta a vida que leva Jean Valjean escapando dun inspector de policía e facéndose cargo dunha nena. Polo medio atravésase as revolucións que ocorreron en París e os combates. Recoméndovos vela, é impresionante!!



Comentarios (0) - Categoría: Cine - Publicado o 28-02-2013 15:55
# Ligazón permanente a este artigo
Lucy in the sky with diamonds
Comentarios (1) - Categoría: Música - Publicado o 09-02-2013 22:42
# Ligazón permanente a este artigo
Me voy
Esta canción de Julieta Venegas xa ten os seus anos pero gústame moito igual.

Comentarios (1) - Categoría: Música - Publicado o 09-02-2013 22:41
# Ligazón permanente a este artigo
Tobi Lolness I e II
Regaláronme estes dous libros dun escritor francés chamado Thimotheé de Fombelle que relatan a vida dun rapaz de medio milímetro que se ve obrigado a escapar da árbore na que vive. Conta a viaxe que fai para reunirse de novo cos seus pais e para salvar a árbore dunha morte inminente.
O primeiro libro chámase Tobi Lolness e o segundo Tobi Lolness: Los ojos de Elisha.
A min gustáronme moito e recomendollo tamén a adultos xa que é unha novela para todas as idades.
Comentarios (0) - Categoría: Os meus libros favoritos - Publicado o 04-02-2013 21:30
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal