O pasado domingo 16 de maio fun ao festival das Letras Galegas que se celebraba en Campo de Pazos (Taragoña).
A partir das sete houbo xogos populares e a min os que máis me gustaron foron os zancos,a chave e as chapas. Despois xogamos as sillas e eu gañei unha vez. Máis tarde houbo unha foliada e ,a iso das 11 da noite, comezou a tocar a banda da Balbina.
Déixovos este vídeo que é doutro sitio porque non encontrei ningún do festival de Taragoña. Paseino moi ben!!!