
Este poema inventeino eu nun obradoiro que tivemos o ano pasado na escola. O obradoiro fixémolo con Carlos Mosteiro. A estructura é do niño novo do vento.
Nun barco de cristal rosado
Nun barco de cristal rosado
hai unha nena tristeira.
Miña irmanciña!
Quen puidera alegrala!
Mírame cunha triste mirada
e con boca de parrulo.
Quen puidera alegrala!
Miña irmanciña!
Parece que vai chorar
dun momento para outro.
Miña irmanciña!
Quen puidera alegrala!
Cáelle unha bágoa ó chan
e morre de tristura.
Miña irmanciña!
quen puidera impedilo! |