|
|
|
|
IV Serán Mar de Rianxo!!! |
|
 O día 23 de maio oíronse as gaitas,as pandeiretas e fermosas voces resoar na lonxa.
Ese día celebrouse o IV serán Mar de Rianxo!
Este ano comezou a tocar e cantar a xente de Vai de Roda. Seguíronnos os rapaces da Anpa do colexio Castelao. Continuaron outros grupos que viñan dende Nespereira,Palmeira,Boiro,Taragoña,Tomiño,A Baña, Numide, Limiñoa...
Aquilo foi unha festa rachada. Moitos de nós tiñamos que repartir tortilla, empanada e mexillóns.
Aparte de boa música tamén había moi boa comida e chocolate!!!!
En fin, para o ano avisareivos con moito máis tempo para que vaiades facendo oco na vosa axenda que o día seguinte tes un sono...
Aqui vos poño as fotos do meu grupo e dos pequenos cantando.
Esquecíame, estas fotos foron feitas polo Xornal Certo.
 |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|