O castelo de Aldara











O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Concerterio 2009

Hoxe fomos de excursión a Santiago. Alí acudimos á Escola de Maxisterio, onde os alumnos e alumnas de Maxisterio Musical nos ían ofrecer un concerto.
O concerto estaba dividido en tres partes,a primeira era de bandas sonoras de peliculas. Interpretaron a banda sonora de Star Wars
que a dirixiu Darth Vader, a banda sonora dos Picapedra e unha canción chamada Stand by me.
A segunda parte estaba dedicada aos contos. Interpretaron os contos musicados de: Babaiga e Na cova do rei da montaña unha das aventuras de Peer Gynt.
Na terceira parte cantaron, coma nun coro, cancións afroamericanas, esas eran: Oh happy day, Swim low sweet chariot e I will follow him.
Gustáronme moito todas as pezas en especial Oh happy day!
No conto de Peer Gint asustáronme un pouco os trolls e as bruxas que ían cara ao escenario polo patio de butacas.
Eu coñezo a dúas das rapazas que tocaron, elas chámanse Alba e María. Mandolles un saúdo e pídolles ás dúas que lle digan aos demais que me encantou o concerto e que tocaron xenial.
Quro volver o ano que ven, se o hai!!!
Se queredes saber algo máis sobre o concerterio clicade aquí.
Comentarios (1) - Categoría: Música - Publicado o 13-05-2009 21:05
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Ola guapísima!
Alégrome moito de que che gustase o concerto e de que o pasaras moi ben, pois ese era o noso propósito;que os nenos que acudisen a#blgtk08#o concerto tiveran un día alegre!
Espero que todos os nenos opinen coma ti.
Prometemos que para o ano máos e mellor.
Un biquiño
Comentario por Alba (19-05-2009 10:23)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal