MELLOR ACTOR DE REPARTO
-Antonio de la Torre (La gran familia española)
-Carlos Bardem (Alacrán enamorado)
-Juan Diego Botto (Ismael)
-Roberto Álamo (La gran familia española)
MELLOR ACTRIZ DE REPARTO
-Maribel Verdú (Quince años y un día)
-Nathalie Poza (Todas las mujeres)
-Susi Sánchez (Quince años y un día)
-Terele Pávez (Las brujas de Zugarramurdi)
MELLOR ACTOR REVELACIÓN
-Berto Romero (Tres bodas de más)
-Hovik Keuchkerian (Alacrán enamorado)
-Javier Pereira (Stockholm)
-Patrick Criado (La gran familia española)
MELLOR ACTRIZ REVELACIÓN
-Belén López (Quince años y un día)
-María Morales (Todas las mujeres)
-Natalia de Molina (Vivir es fácil con los ojos cerrados)
-Olimpia Melinte (Caníbal)
MELLOR DIRECTOR NOVEL
-Fernando Franco (La herida)
-Jorge Dorado (Mindscape)
-Neus Ballús (La Plaga)
-Rodrigo Sorogoyen (Stockholm)
Este ano a Gala dos premios Goya celébrase o 9 de febreiro.
A principios deste ano Quim Gutiérrez e Clara Lago leron os nominados nesta edición.
MELLOR PELÍCULA
-La gran familia española
-La Herida
-Caníbal
-Quince años y un día
-Vivir es fácil con los ojos cerrados
MELLOR DIRECTOR
-Gracia Quejereta (Quince años y un día)
-Daniel Sánchez Arévalo (La gran familia española)
-David Trueba (Vivir es fácil con los ojos cerrados)
-Manuel Martín Cuenca (Caníbal)
MELLOR ACTOR
-Antonio de la Torre (Caníbal)
-Eduard Fernández (Todas las mujeres)
-Javier Cámara (Vivir es fácil con los ojos cerrados)
-Tito Valverde (Quince años y un día)
MELLOR ACTRIZ
-Aura Garrido (Stockholm)
-Inma Cuesta (3 bodas de más)
-Marian Álvarez (La Herida)
-Nora Navas (Todos queremos lo mejor para ella)
Vin esta película xa fai algún tempo e gustoume moitísimo. Está basada en feitos reais e conta a historia dun dos reis de Inglaterra, George VI, que como era tatexo sempre facía o ridículo cando tiña que ler discurso en público. Por iso a súa muller, Isabel, busca a un terapeuta e encontra a Lionel Logue, un doutor australiano.
Os actores principais son: Colin Firth (George VI), Helena Bonham Carter (raíña Isabel) e Geoffrey Rush (Lionel Logue).
Obtivo moitos premios entre eles catro Óscar: mellor película, mellor actor principal, mellor director e mellor guión orixinal. Tamén obtivo o Goya á mellor película europea.
O domingo pasado vin esta maravillosa película de Pablo Berger, gañadora de moitos premios Goya. Entre eles mellor película, mellor actriz, mellor vestiario, mellor actriz revelación...
É unha versión do conto dos irmáns Grimm, no mundo taurino. É unha película muda e en branco e negro pero entendese moi ben e disfrutase moito dela. Recoméndovola a todos aos que vos guste o bo cine.
Fun ao cine nunha das últimas oportunidades para ver Los Miserables. A min encantoume. Transcorre na revolución francesa e conta a historia dun home, Jean Valjean, que meten preso por roubar unha barra de pan. A película conta a vida que leva Jean Valjean escapando dun inspector de policía e facéndose cargo dunha nena. Polo medio atravésase as revolucións que ocorreron en París e os combates. Recoméndovos vela, é impresionante!!
Este Nadal vin moitas películas, entre elas 2012. Collendo de base a profecía maia de que o mundo acababa no 2012, desenvólvese un filme catastrofista.
Os presidentes dalgúns países deciden construír unhas arcas que salvaran á poboación que poida pagar o elevado precio que costan os asentos e aos seus familiares. Para o resto do mundo a existencia destas arcas permanecerá en segredo.
Unha familia de California descúbreo e deciden viaxar ata as arcas para intentar entrar. Se o conseguen ou non? Terédela que ver!
Vin esta película do director francés Jean-Pierre Jeunet e encantoume. Trata dunha rapaza que é camareira nun bar en París que vive soa e que lle gusta tirar pedras ao río Sena. Tivo unha infancia difícil porque o seu pai pensaba que tiña problemas cardíacos e non xogaba con outros rapaces. Logo de maior descubre non seu baño unha caixa con xoguetes pertencentes a un rapaz que vivíu nesa casa e decide devolverlla. A partir de aí decide que lle vai cambiar a vida á xente para facela máis feliz. Pero esquécese de buscar a súa propia felicidade.
É unha historia moi bonita e recoméndovos vela.
Onte fun ao cine e vin Profesor Lazha, unha película canadiense que trata dunha clase á que lle morre a profesora. Chega un sustituto, o profesor Lazhar que ven de Arxelia onde todo é distinto. Durante a película vanse descubrindo cousas sobre o suicidio da profesora e da verdadeira identidade do profesor.
Encantoume. Recoméndovos ir a vela pero avísovos que é unha película de pensar e comprender.
Vin esta película que trata dun director dunha orquestra que ao negarse a despedir aos seus músicos xudeus degrádano a home da limpeza. Un día recibe un fax que invita á orquestra do Bolshoi a actuar en París. El reúne aos seus antigos músicos e decide facerse pasar pola orquestra. É moi bonita e ten momentos moi divertidos.
Este vídeo é o final da película e desvela toda a trama así que deberíades ver primeiro a película.