Na clase de música da escola estamos traballando cos musicais. A min os que máis me gustan son West Side Story,Cantando baixo a chuvia, Grease, Mary Poppins, e Sorrisos e bágoas. West Side Story rodouse nos anos sesenta como Mary Poppins e Sorrisos e bágoas. Cantando baixo a chuvia rodouse nos anos cincuenta. Grease rodouse no 1.978.
Vou ir colgando algunhas das cancións máis coñecidas destes musicais. Empezamos por:
O sábado 29 de agosto toco por primeira vez coa Banda da Escola de Música de Rianxo. Tocamos bandas sonoras. As miñas pezas favoritas son : Robin Hood, o Señor dos Aneis e o Príncipe de Exipto.
O concerto é as dez da noite no Campo de arriba. Tedes que ir a escoitalo. Van proxectar nunha pantalla cachos das pelis. Este é o cartel.
Paga a pena!!
O día 23 de maio oíronse as gaitas,as pandeiretas e fermosas voces resoar na lonxa.
Ese día celebrouse o IV serán Mar de Rianxo!
Este ano comezou a tocar e cantar a xente de Vai de Roda. Seguíronnos os rapaces da Anpa do colexio Castelao. Continuaron outros grupos que viñan dende Nespereira,Palmeira,Boiro,Taragoña,Tomiño,A Baña, Numide, Limiñoa...
Aquilo foi unha festa rachada. Moitos de nós tiñamos que repartir tortilla, empanada e mexillóns.
Aparte de boa música tamén había moi boa comida e chocolate!!!!
En fin, para o ano avisareivos con moito máis tempo para que vaiades facendo oco na vosa axenda que o día seguinte tes un sono...
Aqui vos poño as fotos do meu grupo e dos pequenos cantando.
Esquecíame, estas fotos foron feitas polo Xornal Certo.
Encontrei esta canción no blog Facemos Música. Gústoume moito e quero que a escoitedes.
Esta canción está no concurso A polo Ghit.
É moi divertida.
A ver se vos gusta a todos!!!
Hoxe fomos de excursión a Santiago. Alí acudimos á Escola de Maxisterio, onde os alumnos e alumnas de Maxisterio Musical nos ían ofrecer un concerto.
O concerto estaba dividido en tres partes,a primeira era de bandas sonoras de peliculas. Interpretaron a banda sonora de Star Wars
que a dirixiu Darth Vader, a banda sonora dos Picapedra e unha canción chamada Stand by me.
A segunda parte estaba dedicada aos contos. Interpretaron os contos musicados de: Babaiga e Na cova do rei da montaña unha das aventuras de Peer Gynt.
Na terceira parte cantaron, coma nun coro, cancións afroamericanas, esas eran: Oh happy day, Swim low sweet chariot e I will follow him.
Gustáronme moito todas as pezas en especial Oh happy day!
No conto de Peer Gint asustáronme un pouco os trolls e as bruxas que ían cara ao escenario polo patio de butacas.
Eu coñezo a dúas das rapazas que tocaron, elas chámanse Alba e María. Mandolles un saúdo e pídolles ás dúas que lle digan aos demais que me encantou o concerto e que tocaron xenial.
Quro volver o ano que ven, se o hai!!!
Se queredes saber algo máis sobre o concerterio clicade aquí.
Vouvos falar dun dos meus agasallos de nadal:Contos en Cantos.
Contos en Cantos é un disco que, coa voz de Almudena Janeiro conta os contos cantando. Algunha destas destas cancións son por exemplo:
Chocolata, da que puxen o video, Titiritesa, Cocorico, Paco Papán...
A min gustoume moito .
A ver se vos gusta!!!!
Saúdos a Almudena, cantas moi ben!!!
A actuación foi moi bonita. Ao principio saíron xigantes e cabezudos. Toda a praza da igrexa estaba chea. Eu paseino moi ben e a sensación de despois de actuar foi moi boa. Bailei tres muiñeiras e unha jota e cantei a Muiñeira de Zobra, un pasodoble e A Vaca Marela.
Hoxe as sete e media na praza de Rafael Dieste (praza da igrexa),actua Vai de Roda.Un grupo de baile e canto tradicional. Eu estou nese grupo,e vou cantar, tocar e bailar. Animadevos a vir a disfrutar con Vai de Roda. Así de paso tamén ides as festas da Guadalupe. Ademais vai haber algunha que outra sorpresa.
Se vides seguro que o pasades moi ben.