|
|
|
Cometas en el cielo |
|
 Descarguei este libro este Nadal, está escrito polo escritor afgano Khaled Hosseini.
Relata a historia dun rapaz que vive en Kabul desde a infancia na que xoga co seu amigo Hassan ata que ten que regresar a Afghanistán logo de marchar a Estados Unidos. Cando volve encóntrase cos talibáns e cun Kabul que non recoñece.
É unha historia moi bonita, e engancha nada máis comezar. Recoméndovos lelo!! |
|
|
|
La lección de August |
|
 Regaláronme este libro polo meu cumpre. É a historia dun neno que ten un síndrome moi raro e que por iso ten a cara deformada. Nunca foi á escola, educábano na casa porwue tiñan medo do que os demais nenos puidesen facer. Pero cando August ten dez anos deciden que ten que ir á escola e matricúlano. O libro conta como pasa Augsut o ano, cos seus novos amigos, cos seus problemas, vistos desde a súa perspectiva e desde as dos seus amigos Jack e Summer, a da súa irmá Olivia, e de dous amigos de Olivia.
É unha historia moi triste, pero tamén conmovedora e alegre. Faiche pensar en que ás veces as apariencias non teñen nada que ver co interior e que todo o mundo merece unha oportunidade de facer algo. Recoméndovolo! |
|
|
|
I am Malala |
|
 Lin este libro fai un mes, mais ou menos. Foi unha casualidade, porque non o estaba buscando, vinno alí, na libería e chamoume a atención. Foi unha sorte.
É a autobiografía de Malala Yousafzai, a rapaza paquistaní que defende os dereitos das nenas a ir á escola. Por ese motivo os talibáns pegáronlle un tiro, pero non conseguiron silenciala.
O libro é precioso, conmovedor e faiche pensar na sorte que tes ao non ter que pasar polo que pasou ela.
Recoméndovos lelo,é simplemente xenial. |
|
|
|
El libro de los portales |
|
 En Riaxo houbo unha feira do libro e comprei o novo liro de Laura Gallego. É unha historia de fantasía, como todo o que escribe. Pero esta gustoume máis que outros libros que lin desta autora.
Transcorre nun mundo onde para desprazarse existen uns portais que pintan os pintores de portais e que só eles coñecen o seu funcionamento.
Tabit, un estudiante da Academia de Portais, vese somrexido nunha aventura para desenmascarar a uns traficantes e encontrar a un porfesor desaparecido.
|
|
|
|
El cuaderno de Maya |
|
 Lin este libro da escritora chilena Isabel Allende xa fai uns meses e encantoume.
Conta a historia dunha rapaza que ten que fuxir a unha pequena ila cerca de Chiloé porque a busan en Estados Unidos. Logo dende a illa vai contando o porqué da sú fuxida e relatando a súa vida na illa.
É un libro completamente distinto aos que lera ata o de agora e quedei moi satisfeita.
Recomédovolo!! |
|
|
|
Cazadores de sombras: Orígenes |
|
 Estes libros escribiuno Cassandra Clare unha escritora norteamericana de ciencia ficción.
Ambientadas en 1890 tratan dunha rapaza, Tessa, que descubre que ten un poder estraño que consiste en pode cambiar noutras persoas. Ese poder e moi apreciado e ata o seu irmán Nate intenta apoderarse del. Pero é rescatada polos Cazadores de Londres que a axudan e lle dan un fogar.
Logo diso descubren que unha parte dos subterráneos se estan revelando en contra os acordos de paz. Haberá amor, traizóns, intriga e sobre todo moita aventura !! !
A min gustaronme moito ainda que só lin dous. Son moi interesantes e enganchan ao lelos. |
|
|
|
Cazadores de sombras |
|
 Empecei a ler estes libros porque recomendou unha amiga. Hai dúas partes, unha especie de precuela, chamada Orígenes, e os libros propiamente ditos: Cazadores de sombras.
Tratan dunhas persoas que son chamados nefilim que se encargan de manter a paz entre os demos, os humanos e os subterráneos. Clary, unha rapaza neoyorquina descubre que é unha cazadora de sombras cando secuestran á súa nai. Coñece a tres cazadores da súa idade, que a axudarán a encontrar á súa nai e a descubrir os segredos do seu pasado.
A min estansme gustando moito, recoméndovolos!!!!
|
|
|
|
Tobi Lolness I e II |
|
 Regaláronme estes dous libros dun escritor francés chamado Thimotheé de Fombelle que relatan a vida dun rapaz de medio milímetro que se ve obrigado a escapar da árbore na que vive. Conta a viaxe que fai para reunirse de novo cos seus pais e para salvar a árbore dunha morte inminente.
O primeiro libro chámase Tobi Lolness e o segundo Tobi Lolness: Los ojos de Elisha.
A min gustáronme moito e recomendollo tamén a adultos xa que é unha novela para todas as idades. |
|
|
|
E-reader |
|
 Regaláronme un e-reader de Amazon. É moi útil porque podes ter almacenados moitos libros e non pesan nada.
Podes descargar os libros da páxina web de Amazon ou pagar un determinado prezo dependendo da edición do libro. |
|
|
|
La niña que recorrió Tierra Fantástica en un barco hecho por ella misma |
|

Este libro linno fai uns días e encantoume. Trata dunha nena chamada Septiembre que é raptada polo vento e que a leva a Terra Fantástica. O libro conta as aventuras que ten nese lugar.
Parécese a Alicia en el País de las Maravillas, El Mago de Oz, Peter Pan...
|
|
|
|
|
|
|